Durante miles de anos a Humanidade explotou a terra sen ter en conta as consecuencias. Agora que o quecemento global e o cambio climático son evidentes para calquera observador imparcial, a Terra comeza a vingarse.
A Humanidade non só está a piques de autodestruirse senón que todas as solucións propostas ou aplicadas até agora non poden resolver o problema (a biomasa, a enerxía solar, etc.).
O profundo coñecemento do autor sobre a ciencia do quecemento global permítelle darnos unha verdadeira explicación sobre o que está a pasar e propón solucións realistas para o maior problema ao que tivo que enfrontarse a Humanidade. Nesta apaixonada alegación, James Lovelock argumenta que, aínda que o cambio climático xa é inevitable, aínda non é demasiado tarde para salvarnos.
Poderíanse citar en 11 sinxelos puntos o que o autor define sobre o noso comportamento co planeta, o como deberia ser este comportamento e o camiño a seguir para levar o devandito comportamento:
1.- A nosa comprensión da Terra non é mellor que a que, no século XIX, tiña un médico do seu paciente.
2.- Existe un limiar, quizá de temperatura ou dun nivel de dióxido de carbono no aire, máis aló do cal nada servirá o que fagan as nacións para evitar o quecemento.
3.- Como civilización, somos como un toxicómano que morrerá se segue consumiéndo droga, pero tamén morrerá se a deixa de golpe.
4.- Todo comezou hai 100,000 anos, cando prendemos lume aos bosques porque nos resultaba máis cómodo para cazar. Nese momento deixamos de ser un animal máis e iniciamos a demolición da Terra.
5.- Como o Dr. Jekyl e Mr. Hyde, somos capaces de levar a cabo as máis horribles tarefas de destrución, pero tamén temos o potencial de fundar unha civilización magnífica. Hyde levounos a usar mal a tecnoloxía. Malgastamos a enerxía e superpoblamos a Terra. Pero a civilización derrubarase se abandonamos a tecnoloxía. Debemos, pois, usala sabiamente, como faría Jekyl, pensando no benestar da Terra e non só no benestar da xente. Por iso, é demasiado tarde para seguir a vía do desenvolvemento sustentable; o que fai falta é unha retirada sustentable.
6.- Agora a Terra está a cambiar, siguiéndo as súas propias regras internas, cara a un estado no que xa non seremos benvidos.
7.- O inusual da crise vindeira é que nós somos a súa causa; nada tan drástico pasara desde o período do Eoceno, fai 55 millóns de anos.
8.- A calor extra, veña da fonte que veña, tanto se procede dos gases propiciadores do efecto invernadoiro, da desaparición do xeo ártico e dos cambios no océanoo da destrución das selvas tropicais, se amplifica e as súas consecuencias multiplícanse. É coma se acendésemos un lume e para manternos quentes e seguísemoslle botando leña sen darnos conta de que se estendeu aos mobles e está fóra de control. Cando isto sucede, hai moi poucas posibilidades de apagalo antes de que consuma a casa enteira. O quecemento global, igual que un lume, está a se acelerar e case non nos queda tempo para reaccionar.
9.- O predominio do pensamento atomizado e reduccionista na ciencia-sobre todo durante os últimos dous séculos- provocou unha visión pechada e provinciana da Terra.
10.- Necesitamos, por encima de todo, recuperar o amor e a empatía pola natureza que perdemos cando nos namoramos da vida urbana.
11.- Ao cambiar o medio ambiente declarámoslle a guerra á Terra. Ocupamos o medio doutras especies, o equivalente, no internacional, a invadir o territorio doutro país.
Lovelock afirma até a terquedad que a través da nosa rutina diaria, case todos participamos da demolición da Terra, é un labor á que dedicamos todas as horas do día. A suma total de toda a contaminación que emitimos engadiu xa medio billón de toneladas de carbono á atmosfera, o bastante se os rexistros xeolóxicos do Eoceno, un período que tivo lugar fai 55 millóns de anos, son correctos e seguimos contaminando ao mesmo ritmo como para empezar a cambiar o mundo de forma tan completa que apenas un puñado dos nosos descendentes vivirá para velo.
E que se seguimos así, pensando de forma egoísta, soamente no benestar dos humanos e ignorandoel da Terra, causariamos nosa total extinción.
O que omite Lovelock, na miña opinion, é que o benestar dos humanos non abarca ao conxunto da nosa especie senón a un número cada vez máis reducido de privilexiados.
Sin embargo Lovelock expón que estruir, hábitats naturais para gañar terras de cultivo causa unha extinción comparable á asociada á extinción dos dinosauros fai 65 millóns de anos. E que a pesar de todos estas ameazas, seguimos destruíndo e parece que só nos preocupa o ínfimo, case imaxinario, risco de cancro que xeran os teléfonos celulares, as liñas de alta tensión, os residuos de pesticidas nas comidas ou a propia luz solar. E máis medo aínda nos dá calquera cousa que teña que ver coa enerxía nuclear. En realidade, preocupámonos polo mosquito e tragámonos o camelo. Quizá no máis profundo do noso corazón coñecemos a magnitude do perigo e, por iso, preferimos enfrontarnos a estes riscos menores imaxinarios antes que encarar as inevitables consecuencias da destrución.
A maioría do que nós sabemos da Terra procede de libros e programas de TV que representan ou ben a opinión dun especialista ou o punto de vista do líder dun grupo de presión. Vivimos en tempos de enconado enfrontamento, non de reflexión, e tendemos a oir só os argumentos dos grupos de presión que representan intereses específicos. Mesmo cando saben que están equivocados, nunca o admiten. Todos loitan polos intereses do seu grupo mentres se enchen a boca dicindo que falan en nome da humanidade.
Desde logo non podemos contemplar o futuro do planeta do mesmo xeito que vemos o noso futuro persoal e é descoidado non tomar en serio a nosa morte, pero é importante adoptar esa actitude respecto ao fin da civilización.
En conclusion en base ao leido, cheguei á miña propia opinion xunto o defendido por Lovelock para evitar a nosa "extinción" como o defínea.
E é que creo que o primeiro que debemos facer é tomar conciencia da importancia que ten o coidar o noso hábitat, tanto a nosa zona de residencia como a propia Terra e para iso a educación é fundamental.
Logo debemos deter a queima incesante de carbon en cantidades industriais nas grandes potencias do orbe, reducir a emisión de gases tóxicos como medidas inmediatas, debemos oxigenar o noso planeta.
Onde hai desertos debemos desenvolver irrigacións para sementar vida, en lugar de extinguila con guerras absurdas por exemplo.
E aínda que soe utópico e o será na medida que a humanidade non se decate do serio do problema. A auga, fonte de vida, dentro de 100 anos custará moito máis que o que custa un litro ou galón de combustible hoxe e esta podería ser a causa de futuras guerras como hoxe éo o petróleo.
O básico segundo a miña humilde opinión, é educar á humanidade sobre a importancia do saber convivir en harmonía e equilibrio coa natureza; se non, estamos condenados á autoextinción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario