luns, 3 de xuño de 2013

"Excusas para no pensar" de Eduardo Punset ... por Raquel Barreiros

Este libro é unha das grandes reflexións de Punset acerca da vida e, polo tanto, un libro espectacular como os que teño lidos ata o de agora deste sabio, e ás veces disparatado, divulgador da ciencia e do seu pensamento en xeral. 
En Excusas para no pensar comeza cun prólogo no que expondo nunha pequena síntese os temas que tratará no libro fai ao lector reflexionar xa dende o principio sobre a súa condición, explicando que hoxe en día o que se busca non é a verdade senón simplemente sobrevivir; e iso fai o noso cerebro, sobrevivir, pois "ninguna de tus neuronas sabe quien eres.. ni le importa". Introduce así o libro referíndose ás sensacións que terá o lector ao rematalo, considerando que aparecerán na súa mente novos camiños que o levarán a cambiar de opinión ou de vida, é dicir, o libro servirá de autoreflexión, tamén, sobre si pensar ou deixarse levar polas escusas para non pensar coñecidas tras a lectura. Considera así varios camiños que farán no lector un maior coñecemento de reflexión sobre os temas que o abafan: O primeiro que todos estamos programados pero para ser únicos e nós mesmos podemos transformalo todo. O segundo que a felicidade está esperando para quen a busca. O terceiro que igual que a felicidade é a ausencia do medo, a beleza é a ausencia da dor. O cuarto que hai vida antes da morte. O quinto que o cerebro quere sobrevivir e non buscar a verdade, polo que escapamos do difícil a pesar de ser o verdadeiro. O sexto que a intelixencia depende da flexibilidade de criterio, a capacidade de deseño e a innovación. O sétimo que a capacidade de innovar non depende dos recursos senón do coñecemento. O oitavo que o medio de abrirse paso non só é a educación, hoxe en día é preciso moito máis. O noveno que a única diferencia sexista é que as mulleres desenvolven antes as súas capacidades, e non calquera outra diferencia límbica. O décimo que agora coñécese gracias a experimentos que a felicidade depende das relacións persoais, o control da propia vida e saber deleitarse coa mesma e, polo tanto, quedan anulados outros factores moitas veces considerados, como a renda. O undécimo que a base da parella, a educación e a vida corporativa é a confluencia entre o entretemento e o coñecemento. E, por último, que a solución para a cidadanía e a situación actual non son políticas que fan fronte aos problemas, senón políticas preventivas aplicadas con anterioridade.
Diste modo, Eduardo Punset aborda no primeiro itinerario do libro varios temas como a orixe do universo, da vida, a evolución dos mesmos e incluso a vida noutros lugares. Fai neste unha reflexión sobre a vida no seu comezo e as formas de vida dos antepasados e as actuais, utilizándoo como metáfora, en parte, ao dicir "la manera más directa de responder a estas preguntas no es só seguir reflexionando sobre elas, sino descubrir outra forma de vida, a sea creándoa no laboratorio ou buscándoa noutros planetas", é dicir, non sempre hai que reflexionar de seguido sobre algo, senón que ás veces, buscando unha alternativa, encontramos inconscientemente a mellor resposta.
No segundo itinerario centra a súa reflexión en varios ámbitos da vida, entre os que se encontra a aprendizaxe, as emocións, a educación e os xeitos de levala a cabo, e os erros. En base a isto, baixo o título "No todos los niños son iguales" cita a Curtis W. Johnson, o cal considera, de forma moi correcta, que non se debería ensinar a todos por igual, pois os rapaces son moi diferentes e facerlles aprender a todos o mesmo e do mesmo xeito, só levará a aceptación e avance dalgúns, pero a incapacidade ou desinterese de outros; continúa con esta reflexión no seguinte apartado "Sugerencias para la escuela" no que, baseándose no anterior, expón varios pasos para o ensino dos nenos: aprender a saber como se senten, empatizar cos demais, xestionar as súas emocións, executar solucións a problemas (sen seguir solucións dogmáticas) e, finalmente, aprender a saber conlevar relacións cos demais á marxe do conflito; considérase que así serán mellores os resultados académicos, comezando por ensinarlles valores sociais. Continúa neste itinerario cunha serie de apartados dedicados á aceptación dos erros e á toma de decisións, nas que ten en conta que é moi difícil tomar decisións sen errar, e moito máis aprender dos nosos erros, se non somos capaces nin de aceptalos.
Chegando así ao terceiro itinerario, Punset abre as súas portas da reflexión cara as emocións, á toma de decisións, ao amor, ao optimismo e á conciencia. Considera importante saber por que tomamos as decisións que tomamos e pregunta a economistas e neurólogos sobre o tema, encontrándose cunha unión dos dous para buscar unha resposta correcta; así, o psicobiólogo Hauser demostra con varios experimentos que existe un proceso inconsciente que nos empuxa a unha decisión ou outra sen xustificación, xeralmente cando se refire a temas morais, e que a parte frontal do cerebro, relacionada cos sentimentos, non ten relevancia na toma destas decisións e polo tanto só teñen relación cos sentimentos aquelas que nos inflúen e non as decisións sobre cuestións morais. Continúa neste itinerario cunha cuestión de amor en relación coa química, explicando que hai dúas zonas no cerebro con efectos contrarios, unha fai que vexamos ao noso amado ou amada como perfecto ou perfecta, e a outra reacciona ante a sensación de benestar xunto a esa persoa, que se se activan simultaneamente respostan a ese sentimento comunmente coñecido como namorarse.
No cuarto itinerario o escritor achéganos ao mundo do cerebro en varios aspectos, tocando a imaxinación, a memoria, a dor ou a depresión, entre outros. Debido á xenética estamos programados para ser únicos pero o noso entorno condiciónanos, e esto foi estudo durante moitos anos pois moitos consideran que todo é cuestión de xenética, algúns que todo depende do entorno e outros fan unha mestura dos dous factores, como é adecuado; explicase noutro apartado que calquera experiencia persoal deixa a súa pegada na estrutura cerebral de forma indeleble, por isto, é necesaria a compenetración de neurólogos e psicoanalistas para interpretar a realidade da forma máis completa. Cabe destacar, tamén, que o noso cerebro activa zonas moi similares ao imaxinar e ao recordar e que para el non existe diferenciación entre un dolor psíquico e físico.
Xa no quinto itinerario indágase sobre certos valores como a diferencia entre homes e mulleres, o machismo, o racismo, a pobreza, o crime, o maltrato, a infidelidade.. Así, Punset afirma que as únicas diferenzas son cerebrais e que o machismo xerado durante toda a humanidade é algo que permanece aínda hoxe en día, a pesar da negación das persoas a ser machistas ou racistas, no subconsciente.. comprobando esta afirmación cun estudo da Universidade de Chicago en disparos a brancos e negros e vendo un partido de fútbol masculino e feminino. Ademais, aborda neste itinerario o tema do maltrato facendo unha relación demostrada mediante investigacións entre o maltrato humano e o animal, demostrando que a maioría de persoas que maltrata a unha persoa, maltratou nalgún momento a un animal; e tamén, relacionando o maltrato infantil coa actitude violenta na etapa adulta, explicando que un neno que sufriu algún tipo de maltrato ou móvese nun entorno no que a violencia non é castigada, ten maiores posibilidades a ter unha actitude violenta na súa madurez.
No sétimo itinerario Punset reflexiona sobre os cambios na vida social. No primeiro apartado "La importancia de cambiar de opinión" amósase nun experimento de monos que estes, ao pospoñer unha decisión almacenan na súa memoria os datos necesarios para poder cambiar a decisión final, mais na sociedade actual, cambiar de partido, de xeito de pensar, de vestir, de vivir.. é criticado por todos, e realmente, nestes tempos de crise, o necesario quizais sería cambiar moitas cousas e aprender a vivir dun xeito máis beneficiario. É bastante interesante o apartado de "Pequeños cambios para vivir mejor" pois móstrase mediante tres exemplos como un pequeno cambio na rutina fai cambiar gran parte da vida en xeral, molestarse nun pequeno cambio pode conseguir non ter que molestarse en solucionar grandes problemas despois - para os máis vagos - e, facer un cambio cara unha visión máis optimista fará que rematemos sendo, de verdade, moito máis optimistas - para os do vaso medio vacío-.
No oitavo itinerario a reflexión acércase aínda máis á situación da sociedade actual que todos coñecemos: a crise. Toca así estadísticas para a realidade, decisións de razón ou corazón, cousas desaprendidas e sabios modernos. Considera, neste apartados, que hoxe en día podemos predicir de todo menos as nosas vidas, pois podemos saber cando ocorrerá un terremoto pero no momento de decidir canto nos gustará un obxecto ou pasar certo tempo con unha persoa, esaxeramos a situación. Fálase tamén da importancia que se lles da aos xoves no momento de estoupar unha crise pois, as persoas maiores coa súa experiencia poden predicir que sucederá en moitas ocasións pero se unha crise é realmente unha crise, é impredicible e téndese a mirar cara a xente nova para buscar solucións, pois entre outros motivos, a xente maior escapa dos problemas coma escapa dun río se ten correntes. Coñecendo esta situación e tendo en conta unha crise longa, pódense estudar os modos de toma de decisións da xente concluíndo que cando unha decisión abáfate e faite crer que non hai tempo para pensala-como ocorre en tempos de crise- deixaste levar polo corazón e non pola razón.
Case rematando, no noveno itinerario, séguense abordando cuestións para aplicar actualmente, tendo como referencia neste o Estado e a crise, de novo. Critícase ao Estado por ser capaz de ter o poder sobre toda a humanidade pero faise unha crítica cara os responsables do seu nacemento: a propia humanidade. Explicase que a base do Estado é a primeira capacidade de poder que se deu para controlar a despensa agrícola, e a orde nas rúas, e que conlevou pouco a pouco a un Estado que ten o poder da Defensa, Vivenda, Obras Públicas, Educación.. ten o poder en todo e foi creado polos que hoxe e sempre, estamos e estivemos sometidos.
E por último, no décimo itinerario, o gran Eduardo Punset indaga na felicidade e cuestionase como ninguén, en tempos anteriores, escribiu un libro sobre a felicidade e as súas dimensión. Hoxe en día pódese afirman que as sensacións son universais, só existen diferentes modos de expresalas ao pertencer a diferentes culturas e así, explica no primeiro apartado que a felicidade baséase no sentimento de ter o control sobre algo e explica o experimento de cinco ratas sometidas a descargas eléctricas no que catro morren da impotencia de non poder facer nada ante a súa situación e a outra morre dúas semanas despois, pois ela ten unha panca que se a usa ben, frea as descargas cara ela e o resto das ratas; é dicir, o feito de ter o control sobre a panca fixo que a rata sobrevivise dúas semanas máis ás descargas, grazas á súa felicidade. Punset, neste itinerario, explica que ter amigos e facer deporte mellora a saúde mental, a parte da física este último, e establece dez mandamentos para no ser infeliz, bastante interesantes entre os que destacaría o primeiro (non intentar ser feliz todo o rato), o segundo (disfrute da execución e non busque sempre a meta), o sétimo (non desprece a ninguén) e o noveno (imaxine).
Conclúese así a reseña a este marabilloso libro que presenta unha espectacular redacción, pois o feito dos pequenos títulos fai moito máis amena a lectura e os numerosos exemplos máis doada a súa posterior levada á práctica, e unha reflexión espectacular, que como ofrece o propio autor xa no prólogo, convértese nunha autoreflexión do lector que, certamente, servirá de axuda na súa mente.
Mais facendo unha pequena relación con algúns libros de Punset cabe destacar a lectura de Lo que nos pasa por dentro onde se centra en aspectos como a capacidade para coñecernos por dentro e poder controlarnos, tocados levemente neste libro no itinerario cinco "Lo que nos pasa por dentro" ou en outros apartados nos que trata as emocións ou os xeitos de ensinar aos nenos partindo de valores morais. Outro libro de Punset no que se aborda máis profundamente temas que se tocan neste, é El viaje al amor onde analiza o amor en todos os seus sentidos, dende a química cerebral - tocada neste libro no apartado "Enamorarse: cuestión de química" - a aspectos sexuais, pasando por temas de infidelidade - como neste libro en "Los motivos de la infidelidad" - e outros aspectos que aparecen tamén en Excusas para no pensar como "La inversión parental" o "Las raíces del amor". En definitiva, Eduard Punset, como escritor, aborda nos seus libros temas que forman parte da vida de calquera persoa, entre outros, e na maioría deles fala do mesmo, mais dende outra visión, ou relacionándoo con outros aspectos.