venres, 26 de novembro de 2010

La venganza de la Tierra de James Lovelock... por Sara Vázquez

O arrequecemento global, un tema moi usado estes últimos anos. Pero poida que chegue ás bocas de todos demasiado tarde. As desesperanzadas teorías de James Lovelock afírmano. Este, agora recoñecido científico, anunciaba fai décadas nosa rápida destrución da Terra coa hipótese Gaia, denominada así en honra á deusa da Terra. Esta teoría, tamén defendida por Lynn Margulis, postula que o noso planeta actúa como un organismo vivo, actuando no seu propio beneficio, auto regulando as súas condicións esenciais como a temperatura ou a súa composición química.
''A Terra é unha tía moi dura'' declara J. Lovelock “pero non aguanta o noso peso”.

O noso mundo está enfermo, e nós somos o virus que o está matando. Sen querelo, declarámoslle a guerra a Gaia. Así que, chegará un día en que ela se canse e opte por recuperarse cunha nova glaciación, como xa fixo antes.
Pero, como parar isto? Como curar a Gaia? O primeiro paso para arranxalo é recoñecer o problema. Temos que comprender a cuestión, sacar as conclusións correctas e despois facer algo respecto diso. Pero segundo os coñecedores no tema, cruzamos o punto de non retorno. Xa pulsamos o botón da catástrofe. O arrequecemento global, e en consecuencia o desxeo , é un dano irreversible. Aínda así, se reducísemos ao mínimo as emisións de CO2 poderiamos diminuír a subida de temperatura evitando así os estragos como a subida do nivel do mar ou a desaparición da vida mariña. Con todo non podemos apagar a nosa civilización baseada nos combustibles fósiles e no alto consumo de enerxía sen estrelarnos. E aínda crendo que iso fose posible a Terra tardaría mais de mil anos en recuperarse por completo.
Todo o egoísmo humano tratou de utilizar a Gaia no seu único e exclusivo beneficio. Explotándoa pensando na nosa comodidade e intereses. Por isto, agora ela ameázanos coa pena capital: a extinción. As probas chégannos dos observatorios de todo o mundo e fálannos dun cambio inminente no noso clima cara a outro que pode ser facilmente descrito como un inferno: tan quente, tan letal, que só un puñado dos miles de millóns que hoxe poboan o globo sobrevivirán. A pesar das nosas intencións deixamos o planeta feito un desastre. E ata agora, cando xa divisamos o final, seguimos falando de desenvolvemento sostible e enerxías renovables, coma se Gaia fose considerar esas pobres ofrendas como un sacrificio aceptable.


mércores, 10 de novembro de 2010

"Como descubrimos o petróleo" de Isaac Asimov... por Lois Anxo Cid.

Serendipia de ...Royston Roberts por Ínigo Isequilla.

SERENDIPIA ou descubrimientos accidentais da ciencia. O autor de este libro é Royston M. Roberts, falecido en 1996, natural de Austin, Texas, EUA. Estudou química (o que explica o seu grande interés polos descubrimentos propiamente químicos). Nada máis rematar a carreira estableceu o seu grupo de investigación. Durante toda a súa vida escribiu articulos, e algún que outro libro. Éste do que estamos a falar publicouno xa na súa época tardía, tras unha investigación que fixo sobre os descubrimentos que aparecen no libro, entrevistando incluso aos propios cientificos.
Neste libro o autor fala basicamente da gran cantidade de descubrimentos importantes que se realizaron por mera casualidade. O autor diferencia dous termos para a fortuna dos descubrimentos: a serendipia propiamente dita, que pode xurdir de estar probando un experimento, que algo non saia ben e tras investigar o que saiu “mal” se faga un descubrimento; e por outro lado está a pseudoserendipia, que consiste en que un cientifico este intentando atopar algo para a súa teoría, e o atopa con el de súpeto sen que ocorrese o que el quería. En resumo, grosso modo podería dicirse que a serendipia é pura sorte e a pseudoserendipia é unha sorte como recompensa a unha búsqueda de algo.
O seu obxectivo é o achegamento a nós dos feitos que deron como resultado avances importantísimos. Con este achegamento, o que nos está dicindo o autor é que sexamos persistentes nas nosas investigacións porque calquera día podemos chegar a unha conclusión que pode ser unha gran novidades para a humanidade.
Ao final do libro, faise unha relación a unha cita de Pascal que di: “As sementes do gran descubrimento están constantemente flotando arredor nosa, pero só botan raíces nas mentes ben preparadas para recibilas”. Esto nos vén a dicir que calquera non pode facer estos descubrimentos, senon que solo aqueles que estén preparados para afrontar os “inconvintes” da súa investigación; ou sexa que calquera “pringao” non sería capaz de facer un gran descubrimento, pois simplemente se ceñiría ao que el pensase, e non estaría aberto a novos resultados. Tamén se pode ver dende a perspectiva de Albert Szen't-Gygory: “O descubrimento consiste en ver o que todos viron e pensar o que nadie pensou”. En esencia é o mesmo, pero con outras palabras.
Este libro pareceume moi interesante xa que nel se describen descubrimentos importantísimos para a historia tales como a penicilina de Alexander Fleming ou o descubrimento da dinamita por parte de Alfred Nobel (e como se crearon os premios Nobel). Parece mentira como uns descubrimentos tan importantes tivesen lugar dun modo tan curioso. Pareceume un libro relacionado coa filosofía moi marcadamente, xa que en todos os descubrimentos, os científicos buscaron o porqué dos sucesos, a orixe, como faría calquera filósofo.

SEGUNDA EDICIÓN DO CLUB DE LECTURA

Trala exitosa experiencia do curso pasado, neste curso 2010-2011, volvemos a retomar a iniciativa dos clubs de lectura desde a asignatura "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía". Nesta ocasión os alumnos-as participantes son en total 26, todos eles nesa asignatura de 2º de Bacharelato (dos grupos A, C, D, E): Cristopher Álvarez Martínez, Lucía Bayón Álvarez, Daniel Camba Lamas, Lois Anxo Cid García, Pablo Cid Iglesias, Gabriel Enrique da Aira Rodríguez, David Dios Salgado; Cristina Dorrego López, José Luis Fernández Taboada, Juan José González Iglesias, Adrián Grande Gómez, Íñigo Julián Isequilla Román, Borja Lorenzo Calviño, Noé Martínez Iglesias, José Manuel Nóvoa Iglesias, Lucía Eloísa Parada Casas, María Pena Méndez, Rubén Pérez Martínez, Víctor Rodríguez Corto, Óscar Rodríguez Domínguez, Anabel Rodríguez Rodríguez, Bruno Rodríguez Rodríguez, Jorge Rodríguez Sanmiguel, Yanira Sousa Iglesias, Lorena Torrano López, Sara Vázquez Martínez.
En canto ao profesorado que amosou xa no pasado curso seu interese e disposición para colaborar: Susana Iglesias Rivera (vicedirectora), Conchita Fernández Vázquez (coordenadora do Equipo de Normalización Lingüística), Mª Carmen Cid Manzano (profesora de Bioloxía), Elba Nieves Salgado (profesora de Inglés) e a incorporación de Marisa García Expósito (profesora de Matemáticas).

Queiran os ventos sernos propicios nesta nova singradura.

xoves, 15 de xullo de 2010

Mª Carmen, “garda e custodia” do saber de Gaia no noso Instituto durante moitos anos.

Entrevista que no mes de marzo realizaron dous membros moi activos do club de lectura (Raquel Losada e Pablo Romero) a Mª Carme, unha das dúas bibliotecarias do noso Instituto, que realizaron un magnifico labor durante anos, clasificando, catalogando, realizando empréstimos,...
Mª Carmen naceu o catorce de outubro de 1949 no concello de Porqueira (Ourense), onde aínda se conserva unha torre, único resto dun castelo e mosteiro medieval. Estudou o bacharelato no Otero Pedrayo, e despois Maxisterio. Tras unha serie de cursos, pasou a dar clases de educación cívico-social. Cando esta materia foi suprimida do plan de estudos, os profesores que a impartían pasaron a desenvolver tarefas de apoio e colaboración. Así chegou a encargarse da biblioteca. Como a biblioteca era antiga e importante, comezou a prepararse de xeito autodidacta: asesorándose coa directora da biblioteca pública, asistindo a cursos de formación,... O traballo na biblioteca esixe moitas horas, e a parte da súa función principal tamén serve ós alumnos de sala de lectura ou para acudir cando non teñen clase. Cando comezou a traballar na biblioteca, no ano 1981, non había ningún rexistro e tiveron que catalogar os libros manualmente. Había libros de moito valor, viñan moitos investigadores. O fondo antigo foise retirando en parte e gardándose nun lugar máis seguro. Mentres se desenvolvía esa tarefa atoparon o “De Revolutionibus orbium coelestium” de Copérnico, que pasou á caixa forte do instituto.
P: Que gratificacións e, ao mesmo tempo, que sinsabores ten o traballo de bibliotecaria?
R: É un traballo bonito, recompilas información das cousas, les os libros ó ter que clasificalos; o sinsabor é a falta de tempo, pero unha vez que dominas o sistema e o traballo avanza é gratificante porque ves que tes a disposición da comunidade os coñecementos que aquí se albergan.
P:  En que cambiou o seu traballo coa incorporación das novas tecnoloxías?
R: Cambiou algo porque hai que informatizar todo e a xente ten que adaptarse, pero non moito. O ficheiro a man aínda se conserva a pesar da informatización. O que si cambiou foi a relación do alumnado coa biblioteca. Agora traen os traballos programados. Antes pedíanche axuda para facer os traballos. Agora a bibliotecaria dedícase máis á parte técnica, antes era máis ameno.
P: Cre que o libro dixital desbancará ao impreso?
R: Non. Os dous teñen vantaxes e inconvenientes. Houbo moito susto nos inicios, pero non é para tanto. A min gústame máis o libro impreso, podes tomar notas, aínda que o outro abarata a edición. Complementaranse, pero o dixital non superará ó pracer de follear un libro.
P: Cales son os libros (ou de que tipo) os máis solicitados na biblioteca?
R: Os libros máis solicitados están relacionados coas materias. A biblioteca merca os libros que piden os profesores. Hai algún lector autónomo pero poucos. Gustan moito os libros de aventuras e os de terror.
P: Que libros cre vostede que todo o mundo debería ler na súa vida? Por que?
R: Considero que a lectura é moi particular e hai que ler o que a un lle gusta. Non son partidaria das clasificacións dos libros por idades porque un neno pode ser un gran lector e ler libros dun nivel superior ó seu. Hai algúns libros que todo o mundo debería ler coma o Quijote porque é dun xenio universal e é un libro marabilloso. Tamén os clásicos de aventuras coma o Principiño, ese neno que descobre o esencial que non se ve.
P: Pódenos dicir cales son as súas preferencias persoais sobre libros, autores, temas…?
R: Gústanme moito García Márquez, Saramago, Cortázar, Delibes… Non teño temas preferidos, gústame moito a narrativa psicolóxica, os ensaios…; pero les segundo como te sentes. Gústanme as novelas que describen países diferentes, as súas culturas…
P: Cre que a lectura dun libro pode “cambiar a vida" dunha persoa?
R: Indubidablemente é posible que a moitas persoas un libro lles cambiase a vida no sentido de que te orienta cara un camiño ou outro.
P: Que razóns lle daría a unha persoa “desmotivada” para que se animase, por fin, a ler?
R: Hai moitas razóns, é unha fonte de coñecementos, unha fonte de diversión importantísima, vives aventuras, coñeces países, multitude de cousas.
P: Cre que houbo algún cambio nestes últimos anos con respecto ao nivel ou aos tipos de lectura dos alumnos do instituto?
R: Noto que hai menos lectores autónomos pero iso non ten por qué significar que baixase o nivel porque nas clases trabállase máis a lectura e tamén hai máis capacidade para adquirir libros. Eu non teño datos así que non me atrevería a dicir que baixou o nivel, aínda que as novas tecnoloxías restan tempo de lectura.
Cun amplo e amable sorriso recibiunos, contestou ás nosas preguntas, amosounos as edicións máis salientables do Instituto. Cun amplo e amable sorriso despedíunos. Grazas, Mª Carme.

mércores, 16 de xuño de 2010

LIBROS ADQUIRIDOS NO CURSO 2009-2010.

Estes foron os libros que fomos adquirindo coa subvención da Consellería (500 euros) para iniciar a nosa escolma de libros de divulgación e formación científica integrada. Teñen moi diferentes graos de dificultade e moi distintos focos de interese. Engádolles unha serie de enlaces con moi distintas procedencias para abrir -igual que coa variedade á que se refiere a temática- o abano de posibilidades de relacións e interconexións. Que a lectura sempre nos sexa tan propicia e que sempre disfrutemos con ela coma nenos!


1. ARSUAGA, J. Luis: El reloj de Mr. Darwin. Temas de Hoy, 2009.
3. EINSTEIN, Albert: Mi visión del mundo. Tusquets, 2004.
4. GARCÍA BARRENO, Pedro: El legado de Hipócrates: los grandes temas de la medicina. Espasa-Calpe. 2008.
6. HAWKING, Stephen W: La clave secreta del universo. Montena, 2008.
7. JONSON, George: Los diez experimentos más hermosos de la ciencia. Ariel, 2008.
10. LOVELOCK, James: Las edades de Gaia: Una biografia de nuestro planeta vivo. Tusquets, 1993.
12. MARGULIS, Lynn; SAGAN, Dorion: Microcosmos. Tusquets, 1995
13. MARGULIS, Lynn: Peces luminosos: Historias de amor y ciencia. Tusquets, 2002.
14. MARGULIS, Lynn- SAGAN, Dorion: ¿Qué es la vida? Tusquets, 2009.
15. MOLIN, Lee: Las dudas de la física en el siglo XXI. Crítica, 2007.
16. NÚÑEZ CENTELLA, Ramón: Esta es mi gente: inventos y anécdotas de 46 mentes prodigiosas. Le Pourquoi pas, 2007.
18. PUNSET, Eduardo: El alma está en el cerebro. Punto de lectura, 2008.
19. PUNSET, Eduardo: El viaje a la felicidad: Las nuevas claves científicas. Destino, 2008.
20. PUNSET, Eduardo: El viaje al amor: Las nuevas claves científicas. Destino, 2008.
21. PUNSET, Elsa: Brújula para navegantes emocionales. Aguilar, 2008.
22. ROBERTS, Royston: Serendipia: descubrimientos accidentales en la ciencia. Alianza, 2004.
23. SÁNCHEZ RON, José Manuel: Como al león por sus garras. Ed. de Bolsillo, 2003.
24. SÁNCHEZ RON, José Manuel: El poder da la ciencia. Crítica, 2006.
26. WOLKE, Robert: Lo que Einstein le contó a su barbero. Swing, 2007.

martes, 15 de xuño de 2010

E houbo diplomas para os e as participantes...

O día da Festa de Graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato fixémoslles merecida entrega aos esforzados e animosos mozos e mozas que se enfrontaron a este reto do Club de lectura "Ai, Ptlomeo, tolo meu!" e que superaron as expectativas con miles de creces. Creo que este blog é a mellor das evidencias posibles para xustificar tal entusiasta e afectuosa declaración por parte do profe. Se queredes ver as fotos da entrega de diplomas (e as outras do fin de festa) clicade aquí.

Os que a coñecemos, sabemos que temos a honra de estar nunha biblioteca “de luxo”.

Estas son as "xoias" na nosa biblioteca... 
Como non aprezar a lectura estando nunha biblioteca tan rexia e magnífica? (Anque non lle viría mal unha man de pintura e cambiar algo o mobiliario,...). Nela gárdanse edicións do De Revolutionibus de Copérnico ou dos mapas do Reino de Galicia de Domingo Fontán. Como non marabillarse, extasiarse, ante tal "delicatessen" bibliográfica, verdadeiro tesouro do pensamento científico-creativo da humanidade?
Na entrevista que realizaron Raquel e Pablo, Mª Carme ofreceulles ver algunhas das “xoias da biblioteca”.  A composición fotográfica é de Luchi Girola.
A xoia da coroa fundamental é o libro de Copérnico. Pero ademais hai outros libros moi singulares. Temos unha "Clasificación sistemática do Reino Animal" que se usaba no seminario de ciencias para as clases. O libro, escrito por Achille Conte, está en francés, data de 1840 e foi editado en París. Destaca pola precisión de contidos, calidade de gráficos e polo seu tamaño, de grandes dimensións.
Destacan tamén "Flora Española o historia de las plantas que se crían en España" de Joseph Quer, publicada en Madrid en 1764. Sigue un método alfabético e contén gravados. Gardamos tamén unhas "Láminas de Geometría descriptiva" de J. Adhèmar (París, 1853); láminas de Física de Mr. Brisson (Madrid, 1802); e como verdadeira curisosidade "De Febris epidemicae..." Bvrgis, 1574.
Tamén temos a "Carta xeográfica de Domingo Fontán", a primeira cartografía de Galicia de 1845. Está en folios que unidos forman un gran mapa que se pode observar na casa museo de Otero Pedrayo en Trasalba. Á parte, "Nueva Geografía Universal" de Jean Jacques Reclus (Madrid, 1888), na que se presenta unha nova forma de estudo dos pobos e das xentes; ou unha "Historia General de los Viages" (París, 1750), relato minucioso dos países e das súas xentes recollendo a cultura, flora, etc.
En canto ás publicacións galegas, existen facsímiles das coleccións "Nós", "A Nosa Terra" e "Guieiro"; "Revista do Centro Galego de Montevideo" e "Revista do Centro Galego da Habana", como expresión da difusión cultural e literaria galega de comezos do século XX.
Destacan tamén edicións especiais de obras literarias tales como as "Sonatas" de Valle-Inclán (Barcelona, MCMVII); "Isolación" de Emilia Pardo Bazán (Barcelona, 1889); unha "Obra Completa" de Rubén Darío (Madrid, 1916); ou unha edición do "Quijote", ilustrada por Doré.
Entre as publicacións de profesores ou alumnos que foron do Instituto: a "Gramática Galega" de Saco e Arce (2ª ed, Ourense, 1967); os "Elementos de Metodología de la Historia" de Vicente Risco (A Coruña, 1928), as "Pelerinaxes" de Otero Pedrayo (A Coruña, 1929).

"DE REVOLUTIONIBUS" EN OURENSE.
Mención á parte (na visita á biblioteca) merece a historia de cómo se atopou unha segunda edición do “De Revolutionibus orbium coelestium” no noso Instituto.
Cóntanos Mª Carme: “Cando se estaban clasificando os libros atopouse e depositouse na caixa forte do instituto polo seu gran valor. En 1999 o historiador ourensán Justo Carnicero tivo noticia da súa existencia e comezou a facer publicidade e a facer un estudio a nivel de España para saber os exemplares que había desa edición. O exemplar que gardamos é unha segunda edición editada en 1566 en Basilea; a primeira edición fora editada en Nuremberg o ano da morte de Copérnico, 1543. A segunda edición foi editada por un discípulo do autor que escribiu o preámbulo da obra. O libro foi xerado a comezos de 1500 pero Copérnico era remiso a publicar as súas teorías por medo ás críticas e ó rexeitamento científico. De feito en 1616 prohibiuse a súa difusión e foi incluído nas listas de libros prohibidos. Justo Carnicero comprobou que había tres exemplares en Salamanca, dous en Madrid, un en Sevilla e o de Ourense, e deduciu que este libro probablemente viñese da universidade de Salamanca, o único centro no que se permitía a súa lectura parcial. Debeu chegar da man dun presbítero que estudara alí. Dende que se lle deu publicidade á existencia da obra, chegou a noticia ata a Universidade de Harvard, onde un profesor fixo un catálogo desa edición no que de momento hai uns trescentos exemplares. É unha vantaxe porque se o libro desaparece pódese atopar polo catálogo”.

Tamén vos ofrecemos un marcapáxinas...

Cityario

Ao longo da andaina do noso clube neste curso 2009-2010, atopamos moitas, moi variadas e sorprendentes citas nos nosos libros, deses grandes pensadores que dan á luz un novo modo de entender as realidades, máis profunda, máis aguda e penetrante. Destellos do pensamento creativo que alumean un novo mundo; en palabras de David Hume, unha "new scene of thought".
Velaquí algunhas. Atoparedes máis nos comentarios particulares de cada libro.
1. “Nin o poder nin a riqueza persisten, só a arte e a ciencia” (Epitafio de Tycho Brahe).

2. “Lembrarase a Arquímedes aínda cando Esquilo sexa esquecido, pois as linguaxes perecen mentres que as ideas matemáticas non morren nunca” (Godfrey Harold Hardy).

3. “A esencia das matemáticas é a liberdade” (Georg Cantor).

4. “Non hai nada máis triste que a ignorancia en acción” (Goethe).

5. “Conecto, logo existo” (S. J. Singer).

6. “Vivimos nunha sociedade que só mellorará se se producen cambios políticos relevantes” (Javier Sádaba).

7. “O progreso, ben entendido, é a vitoria da risa sobre o dogma” (Javier Sádaba).

8. “Deus, o respectuoso caos de superlativos non imaxinables” (Jorge Luis Borges).

9. “Existen doce probas que demostran a non existencia de Deus” (Sébastien Faure).

10. “Porque onde durante mil anos reinou a fe, precisamente alí reina a dúbida. Todo o mundo di: si, iso está nos libros, pero imos observalo por nós mesmos. Aquilo do que nunca se dubidou, hoxe ponse en dúbida.” (Bertolt Brecht).

11. “O asasinato ilegal dun home a mans dun tirano é máis grave que a morte de mil por causa dunha peste ou mal que afecte a todos”(David Hume).

12. "Cada esforzo por clarificar o que é ciencia e de xerar entusiasmo popular sobre ela é un beneficio para a nosa civilización global. Do mesmo xeito, demostrar a superficialidade da superstición, da pseudociencia, do pensamento new age e do fundamentalismo relixioso é un servizo á civilización" (Carl Sagan).

13. "Como pode a ascendencia de Marte no momento do meu nacemento influír sobre min, nin entón nin agora? Eu nacín nunha habitación pechada, a luz de Marte non podía entrar. A única influencia de Marte que podía afectarme era a súa gravitación, con todo a influencia gravitatoria do tocólogo era moito maior que a influencia gravitatoria de Marte. Marte ten maior masa, pero o tocólogo estaba moito máis preto". (Carl Sagan).

14. "Na ciencia adoita ocorrer que un científico diga: `É un bo argumento, eu estaba equivocado´, cambie de opinión e desde ese momento non se volva a mencionar a antiga posición. Realmente pasa. Aínda que non o frecuentemente que debería xa que os científicos son humanos e o cambio é ás veces doloroso. Pero ocorre cada día. Non lembro a última vez que algo así pasou en política ou relixión" (James Lovelock).

luns, 24 de maio de 2010

"El símbolo perdido" de Dan Brown... por Merche Carballo

O Símbolo Perdido (The Lost Symbol) é unha novela de ficción de Dan Brown protagonizado polo profesor de simboloxía e de historia da arte, Robert Langdon. O libro foi publicado o 15 de setembro de 2009 en inglés e o 29 de outubro en español. Durante o seu primeiro día de vendas venderonse un millón de copias, incluíndo libros electrónicos, en Canadá, Estados Unidos e o Reino Unido. A produtora Columbia Pictures xa comprou os dereitos cinematográficos deste libro, o que pecharía a triloxía na gran pantalla de Robert Langdon. Aínda que prevista con anterioridade, Dan Brown necesitou seis anos para escribila. O argumento transcorre nun mínimo período de tempo; 12 horas. Transcorrendo en Washington, D.C. e a trama está baseada nunha conspiración francmasónica.
*Argumento: Robert Langdon é convocado para dar unha conferencia na sala máis importante do Capitolio dos Estados Unidos. Crendo que quen a solicitou é o seu vello amigo, masón e mentor Peter Solomon,acude á cita. Ao chegar alí Langdon descobre que Solomon foi secuestrado por alguén que quere descubrir un antigo misterio, un misterio que se sae á luz podería pór en perigo ao mundo enteiro. Axudado, entre outros, pola irmá científica de Solomon, Katherine, Langdon terá as horas contadas para desvelar o misterio e poder así salvar a vida do seu amigo.
*Personaxes principais:
-Robert Langdon é o protagonista da historia. O profesor de simboloxía de Harvard, xa con 46 anos, vese envolvido nesta aventura despois de que o seu amigo Peter Solomon sexa secuestrado. Só el ten a clave para salvalo.
-Katherine Solomon é a irmá do secuestrado, ademais dunha brillante científica que está a descubrir importantes temas relacionados coa ciencia noética. Axudará ao seu amigo Langdon, pondo a súa vida en perigo.
-Peter Solomon é un vello amigo e mentor de Langdon, ademais de ser o xefe dunha importante loxia masónica. A súa vida vese en perigo cando alguén quere que lle desvele o segredo máis importante da masonería e, posiblemente, do mundo enteiro.
-Mal'akh é o antagonista da historia. Despois de descubrir que Peter Solomon posúe as claves para desvelar o maior secreto da humanidade, non dubidará en utilizar os recursos necesarios para sabelo. Garda un segredo de importancia, motivo polo cal pon en perigo a vida do resto de protagonistas. Sendo recluído dunha prisión de Istambul (Turquía) coñeceu a existencia do devandito segredo e, unha vez libre, preparouse física e mentalmente para ser posuidor del. É musculoso e ten tatuada a maior parte do seu corpo, agás unha zona do cranio onde pretende plasmar o símbolo.
-Warren Bellamy é a máxima autoridade administrativa do Capitolio, coñecido como O Arquitecto. Axudará a Langdon e Katherine na procura de Solomon, posto que el tamén é un masón de alto rango.
-Deán Galloway é un membro da Igrexa cego que coñece certos misterios masónicos, posto que el tamén é membro deles.

O proxecto de película deste libro xa está en marcha. Estrearase no ano 2012. Segundo algunhas fontes a película poderiase chamar "El Código Da Vinci 3 " ou "Angeles y Demonios 2". Esperemos que sexa tan boa como o libro e que Dan Brown non nos decepcione con este "best-seller".

Publicado por Merche Carballo para o Club de lectura "Ai, Ptolomeo, tolo meu" do IES Otero Pedrayo.

sábado, 22 de maio de 2010

“O mundo e os seus demos” de Carl Sagan... por Lucy Villar Whyte.

A ciencia como unha luz na escuridade.

 "Sempre que afloran os prexuízos étnicos ou nacionais, en tempos de escaseza, cando se desafía á autoestima ou vigor nacional, cando sufrimos polo noso insignificante papel e significado cósmico ou cando ferve o fanatismo o noso arredor, os hábitos de pensamento familiares de épocas antigas collen o control. A chama da vela pestanexa. Treme a súa pequena fonte de luz. Aumenta a escuridade. Os demos empezan a axitarse”.

Carl Sagan. Seguramente, non é a primeira vez que oídes falar del. Ben sexa polos seus libros, pola súa extraordinaria serie documental de divulgación científica “Cosmos”, como inspiración para outras persoas ou ben polas súas crenzas na vida extraterrestre, entre outras cousas. Naceu en Estados Unidos e foi un pioneiro e popular astrónomo, exobiólogo, físico e divulgador científico en todo o mundo. En recoñecemento do seu labor científico fóronlle outorgados numerosos premios polas súas aportacións ao pensamento humano. Entre eles, a medalla da NASA en dúas ocasións e o galardón máis importante da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos: a medalla ao mérito público (Public Welfare Medal). No ano 1980 é cando presentará a serie televisiva “Cosmos”, composta por trece capítulos que darían lugar ao libro do mesmo nome, líder de vendas en 60 países converténdose así no libro de ciencia máis vendido do século pasado. Numerosos premios queren recordar hoxe en día o que unha vez este home deulle á humanidade, e, por iso unha asociación como a Division de Ciencias Planetarias (DPS) da Asociacion Astronómica Americana (AAS) outorgan ano tras ano unha medalla que leva o seu nome, ao mérito da divulgación científica en ciencias planetarias, é a Medalla Sagan. Así mesmo, quíxoselle homenaxear dándolle o seu nome ao lugar de aterraxe da Mars Pathfinder no seu planeta máis botado de menos despois da Terra, Marte. O lugar recordarase sempre como a Estacion Carl Sagan Memorial. O asteroide 2709 Sagan tamén recibe o seu nome....

Obxectivo do libro. Poucos meses antes da súa morte Carl Sagan publica “O mundo e os seus demos” como testamento, o mensaxe final para un mundo sumerxido cada vez máis na superstición. Deixa ben claro o que significa ciencia e mostranos que a verdade pode ser tan sorprendente, pero moito máis fiábel, como os falsos prodixios basados na relixión, nas supersticións, nos mitos ou, simplemente, na ingnorancia.
Destaca a necesidade de posuír uns coñecementos científicos mínimos para poder combater os demos que nos axexan dende moitas frontes, un deles o das chamadas paraciencias. Sagan incita ao pensamento crítico e ao escepticismo, axustándose á idea de Goethe de que “non hai nada máis triste que a ignorancia en acción”. A segunda parte do título do libro compara a ciencia cunha vela que ilumina a escuridade, que é a ignorancia; cre, como di un proverbio inglés, que cando se está a escuras é mellor acender unha vela que proferir unha maldición.

Respecto á estrutura do libro… Aínda que os capítulos do libro poden lerse como unidades de información sen unha orde predeterminada, hai certa coherencia na orde en que están distribuídos.
Vai dende referencias autobiográficas onde mostra o seu lado humano ao lector ata desmonta algúns mitos sobre temas que tiveron enganada a poboación, como a presenza de ovnis e extraterrestes que practican «abducións» a pacíficos habitantes do noso planeta, seducen mulleres e deixan as pegadas do seu paso pola Terra en forma de círculos sobre as sementeiras; os falsos poderes de curandeiros e as presuntas propiedades curativas do magnetismo; os supostos beneficios da meditación transcendental e das doutrinas da Nova Era; a aparente base científica da astroloxía; a hipotética presenza entre nós de endemoñados e bruxas e dos espíritos das persoas falecidas, etc. Sagan móstranos logo o camiño para que saibamos descubrir a falacia e desmontar enganos, xa que non hai campo da ciencia que non teña o seu complemento pseudocientífico.
Dedica uns capítulos dedicados á educación científica (dous deles escritos en colaboración coa súa segunda esposa, Ann Druyan), a comunicación da ciencia e a visión do científico por parte da sociedade. Advirte dos perigos do analfabetismo científico, cuxas consecuencias poden ser moito máis perigosas agora que en calquera outro momento da historia. Cre que o ser humano ten unha inclinación pola ciencia e que afastar dela os nenos é privalos dun dereito e despoxalos das ferramentas necesarias para manexar o seu futuro. Propón algunhas solucións para mellorar a comprensión da ciencia e, coñecedor do gran poder da televisión pola súa propia experiencia coa serie «Cosmos», suxire este medio como o sitio ideal para comenzar.
Os dous últimos capítulos encerran un contido político. Aínda que deixa claro que a política non é unha ciencia, unha actitude escéptica pode ser conveniente. E a política pode ás veces beneficiarse do método científico. A súa mensaxe final é o desexo que os cidadáns de calquera país se formen no método científico e na democracia.

A miña valoración polo tanto é… Esta estructura en partes diferenciadas e sen seguir realmente unha orde determinada resultoume unha forma amena, interesante e vivaz de ler un libro de gran interese e densidade en contidos coma este. “O mundo e os seus demos” dannos explicacións lóxicas, fainos honestos, fainos adoptar unha actitude crítica e ver a vida con escepticismo.
Quedeime sobre todo cun fragmento do libro que me chamara moito a atención: "Na ciencia adoita acontecer que un científico diga `é un bo argumento, eu estaba equivocado´, cambie de opinión e dende ese momento non se volva mencionar a antiga posición. Realmente pasa. Aínda que non tan frecuentemente como debería xa que os científicos son humanos e, o cambio é, ás veces, doloroso. Pero acontece cada día. Non recordo a última vez que algo así pasara na política, na relixión ou nas pseudociencias".
Carl Sagan ten coidado en nunca atacar as persoas que manteñen esas crenzas. Como ser humano comprende as necesidades humanas de entender o mundo (aínda que sexa simplificándoo ata facelo irrecoñecible) e de transcendencia (aínda que sexa supoñendo estrañas influencias de certos astros). Este admite que lle gustaría crer que dalgunha forma unha parte dos seus pais segue viva. Pero tamén deixa claro que dende o seu punto de vista un consolo ilusorio non é consolo.

Le este libro se… sintes curiosidade. Curiosidade polo mundo que nos rodea, o noso pensamento, a nosa sociedade… Este libro, na miña opinión, vaiche abrir a mente, quitarache o velo dos ollos e verás un pouco máis alá das cousas, buscando o porqué e o seu sentido. Como xa dixen, é un libro denso en contidos pero narrado dunha forma vivaz, cautivadora e que ao rematar de lelo aínda queres máis, máis reflexións, máis explicacións lóxicas e fantásticas que nos da Carl Sagan. Anímovos a lelo, realmente merece a pena e logo xa comentaredes que vos pareceu! É unha pena, pero non puiden mercalo porque xa non quedaban, a última edición foi no 2005, pero podédelo descargar en internet en formato PDF ou en calquera biblioteca da cidade atoparédelo. Serva de despedida e recordo esta cita do autor:
“Dámoslle sentido ao mundo pola valentía
das nosas preguntas e pola profundidade das nosas respostas”.

Publicado por Lucy Villar Whyte para o club de lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense: "Ai, Ptolomeo, tolo meu".

martes, 11 de maio de 2010

"Os celtas: artistas e bardos" de Andrew Brown ... por Raquel Losada

 O obxectivo do libro é mostrarnos ós celtas dende outra perspectiva, non dende a perspectiva de guerreiros bárbaros á que estamos acostumados, senón coma os artistas que eran, tanto no ámbito da escultura coma no da ourivería ou a música.
O libro explica quen eran os celtas e céntrase na súa arte, a súa arquitectura e na figura dos bardos, moi importantes porque eran os encargados de transmitir a súa historia, xa que os celtas non escribían salvo en raras ocasións. 
A conclusión? Os celtas eran grandes artistas, capaces de facer auténticas marabillas en tódolos ámbitos artísticos.
Desde o meu punto de vista, o libro móstranos a outra cara dos celtas, a súa sensibilidade artística. Móstranos obras de refinada ourivería coma os torques, escudos, espadas ou mesmo caldeiros adornados con auténticas filigranas. Tamén nos mostra as súas obras arquitectónicas, o castelo de Tintagel, onde se di que naceu o rei Arturo ou construcións coma Stonehenge.
Outro tema que trata é o dos bardos, transmisores da cultura e a historia celta (os celtas non escribían e as súas lendas pasaban duns bardos a outros de forma oral). Nos lugares celtas máis remotos aínda continúa habendo persoas que contan as vellas historias celtas. Finalmente, a partir do século XIX todo o relacionado co mundo celta rexurdiu de mans dos románticos, que vían no mundo celta un xeito de escapar da súa realidade. Hoxe en día hai moitos músicos, sobre todo en Irlanda ou Bretaña, que recuperaron a música celta e interpretan cancións tradicionais das súas respectivas nacións.
LE ESTE LIBRO SE… che interesa a arte celta, se es dos que levan un trisquel colgando do pescozo, se che gustan dolmens, castros, se es fan de Astérix…
Publicado por Raquel Losada García para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense, "Ai, Ptolomeo, tolo meu".

xoves, 6 de maio de 2010

"O Código da Vinci" de Dan Brown... por Brais González Gómez.

O libro inicia cun asasinato ocorrido nun dos lugares mais interesantes e significativos do mundo: o Museo de Louvre. A vítima, Jacques Saunière, o último Gran Maestre dunha sociedade secreta que se remonta á fundación dos Templarios, o priorado de Sión, transmite á súa neta, Sofía Neveu, unha misteriosa clave. Saunière e os seus predecesores, entre os que se atopaban homes como Isaac Newton ou Leonardo da Vinci, conservaron durante séculos un segredo que pode cambiar completamente a historia da humanidade. Sofía, busca a colaboración do investigador en simboloxía, Robert Langdon. Este é chamado ao seu hotel en Paris mentres daba un curso. O problema comeza cando ao chegar á súa cita é interceptado por un detective que lle informa que a persoa que o citara está morto no museo de Louvre, asasinado. A vítima antes de morrer deixa unha serie de códigos por diferentes partes, escribíndoo co seu propio sangue. A partir de pistas escondidas en retratos, cadros, igrexas e ata en tumbas e gravados en pedra, Langdon dáse conta que a igrexa tamén a comezado a procura do segredo para destruílo antes de que chegue á luz pública e termina coa igrexa tal como coñéceselle nos nosos dias.
Comeza a procura dese segredo, nunha trepidante carreira que lles leva dunha clave a outra, descifrando mensaxes ocultas nos máis famosos cadros de Leonardo da Vinci: A Mona Lisa sería un anagrama da unión divina do masculino e o feminino; na Última Cea, aparecería sentada á dereita de Cristo, cunha longa cabeleira e as mans entrelazadas, unha muller: a mesmísima María Magdalena. Isto lévao a interpretar que ela é a muller de Xesús.
María Magdalena non só fora a compañeira de Cristo senón que tivera un fillo del; ademais fora unha dos 12 apóstolos, e Cristo confiáralle a dirección da súa Igrexa. Con todo, a misoxinia de Pedro e Pablo levou á persecución de María Magdalena, a acusala de prostituta e condenar a súa descendencia. O Santo Graal é a mesma María Magdalena. O Priorado de Sión resgarda todos os documentos que demostran esta hipótese, e a súa localización só a coñecen catro membros do Priorado. A novela tamén ofrece a fascinación dos poderes terreais. O Opus Dei e o Vaticano empeñados en que non se revele o contido dos documentos
da descendencia de Cristo A novela refírenos a feitos históricos nos que aparece o concilio de Nicea, onde Xesucristo é convertido en divindade, pois ata entón habia sido considerado simplemente un profeta dunha nova fe. Un crebacabezas que deberán resolver pronto, xa que unha poderosa e influente organización católica está disposta a empregar todos os medios para evitar que o segredo salga á luz. Trátase nin mais nin menos que do Opus Dei.
A miña opinión persoal? O Código da Vinci é un gran libro, que entretén fortemente aos seus lectores e que engancha desde un primeiro momento cun ritmo vertixinoso sobre a historia. Aínda así incluír que non todo o que sae no libro é real e non todos os datos estan contrastados, aínda así consegue transmitir perfectamente a mensaxe de crítica cara á igrexa (entre outros). O meu libro favorito, sen dúbida, destacando sobre o resto con fartura.
Publicado por Brais González Gómez para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense "Ai, Ptolomeo, tolo meu".

xoves, 29 de abril de 2010

"O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta" de Suso de Toro... por Raquel Losada.

Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) é escritor. Entre as súas obras máis destacadas encóntranse Polaroid (1986) -premio da Crítica de Galicia-, Land Rover (1988), Tic-Tac (1993) -premio da Crítica Española-, Conta saldada (1996) ou Calzados Lola (1997) -Premio “Blanco Amor” de novela. Publicou, ademais, reportaxes, artigos e ensaios. Recentemente anunciou a súa retirada da escritura profesional para dedicarse á docencia.
O obxectivo do libro é achegarnos ó mundo celta e ás lendas e costumes para que non se perdan no esquecemento. O autor afirma que se atopou con dous corvos que lle contaron toda a historia dos celtas, das sucesivas conquistas, dos heroes, dos deuses… A partir desa "licenza literaria", Suso de Toro quere facernos ver que dos celtas sempre se saberá moi pouco pero que ten máis que ver coas crenzas, cos sentimentos e cos estados de ánimo. Afirma que poderiamos aprender moito dos celtas, xenerosos, valentes, con honor e cun profundo amor pola vida.
Como ben indica o subtítulo o libro é unha viaxe no tempo pola cultura celta, polas súas lendas. É unha mostra moi interesante de cómo era aquel pobo e como vivía. Conta as lendas irlandesas e as versións que delas se fixeron, como a que di que os celtas de Irlanda foron dende Galicia despois de que Ith a albiscara dende a torre de Brigantia. Ademais tamén fala do celtismo en Galicia resaltando a figura de Eduardo Pondal, un dos máis fieis defensores da “nazón de Breogán”.
LE ESTE LIBRO… se che interesa o mundo dos celtas, das civilizacións míticas de tempos pasados envoltas nun halo de misterio debido ó gran descoñecemento que temos delas. Le este libro se queres saber algo máis dese pobo que deixou a súa pegada por toda Europa e tamén en Galicia. É un libro moi interesante que te sorprenderá coas historias de heroes e as súas fazañas.
Publicado por Raquel Losada García para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense, "Ai, Ptolomeo, tolo meu".

martes, 27 de abril de 2010

"Cosmos" de Carl Sagan ... por Tamara Mangana Blanco.


Carl Sagan naceu en Nova York en 1934, graduouse en Física na universidade de Chicago en 1955 e obtivo o doutoramento en Astrofísica en 1960. Colaborou coa NASA durante 30 anos en programas de investigación planetaria como Mariner e Voyager e publicou numerosos traballos relacionados co mundo da astronomía. Pero non será até 1980 cando presentará a serie televisiva Cosmos, composta por trece capítulos que darían lugar ao libro do mesmo nome que foi líder de vendas en 60 países converténdose no libro de ciencia máis vendido do século pasado. Sagan morreu en 1996 debido a unha fatal enfermidade que lle fora diagnosticada dous anos antes.
Na beira do océano cósmico.
O primeiro dos 13 capítulos que compoñen a serie, introdúcennos de cheo na vida real, na que Carl Sagan proporanos unha viaxe na nave “Imaxinación” que nos levará a descubrir os misterios do Universo, dándonos así a coñecer fenómenos cósmicos tales como as supernovas, as estrelas ou os quásares.
Emprendemos a viaxe polo cosmos que, guiado polas mesmas leis físicas en toda a súa extensión, móstranos o conxunto de estrelas que forman un quásar, que engole galaxias máis pequenas á súa vez. Introdúcenos o concepto de ano-luz, termo que empregará para as súas explicacións.
Podemos apreciar o ciclo de vida dunha galaxia, que nace e desenvólvese como un ser vivo, e que ao morrer estalan liberando unha gran cantidade de enerxía que produce un enorme eco ao longo da inmensidade cósmica que incinerará estrelas e planetas próximos ao seu paso.
Tamén se pode dar a explosión dunha das estrelas que compoña dita galaxia, facendo que o seu brillo se distinga por encima da propia galaxia.
Na nosa peculiar viaxe vemos un “grupo local”, conxunto de 20 galaxias que ocupan unha superficie de 3.000.000 de anos-luz. Achegámonos á nosa galaxia, a Vía Láctea, unha galaxia espiral de 100.000 anos-luz de diámetro. Nesta, como en calquera outra, pódense apreciar as supernovas, restos de estrelas que se destruíron a si mesmas, ao acabar o seu ciclo estelar. No centro da estrela destruída atópanse os seus restos, os denominados púlsares, soles que viran sobre se mesmo emitindo un feixe de luz dúas veces por segundo con gran exactitude, actuando como faros naturais. Isto facía pensar en formas de vida extraterrestres. Os púlsares son a proba de que as estrelas tamén morren. Nas galaxias, as estrelas máis quentes adoitan morrer antes, mentres que as xigantes vermellas teñen unha longa vida e non posúen planetas que circulen ao redor delas. As estrelas máis comúns son as ananas amarelas, como o Sol. Ao comprobar a inmensidade de sistemas planetarios, preguntámonos acerca da existencia de intelixencia extraterrestre e a súa forma de vida. Nos criadeiros de estrelas, as estrelas fórmanse a partir da unión de gas e po a temperaturas tan altas que os fan brillar.
Eratóstenes e a medida da circunferencia terrestre.
No antigo Exipto, Eratóstenes (século III a.C.) foi astrónomo, matemático e historiador. Tamén foi director da gran biblioteca de Alexandría, centro cultural do mundo antigo.
Eratóstenes quixo calcular a circunferencia terrestre fixándose nas sombras que proxectaban dúas obeliscos nas súas respectivas cidades separados por 800 Km. Contratou un home que medise a distancia entre as dúas cidades, analizou a sombra que proxectaban os obeliscos e chegou á conclusión de que as sombras tiñan diferente lonxitude debido á curvatura da Terra, e que canto maior fose a curvatura maior sería a diferenza de lonxitude. Calculando a amplitude do arco formado polos obeliscos (7º, a cincuentava parte dunha circunferencia) e a distancia entre as dúas cidades (800 Km), deduciu que a circunferencia terrestre debía medir un 40.000 Km, unha medida moi exacta tendo en conta os rudimentarios métodos da época que Eratóstenes utilizou.
A biblioteca de Alexandría.
A cidade de Alexandría posuía unha gran biblioteca, na que se reunían os grandes intelectuais da época. Sagan lévanos á biblioteca mediante unha viaxe do tempo á súa época de maior esplendor, onde se fraguou o inicio da aventura espacial. Estudaban o cosmos e moitas máis ciencias, como Euclides, que se dedicou ao estudo da xeometría e Hiparlo, que estudou as estrelas e as constelacións. Os organizadores da biblioteca iniciaron unha colección de pergamiños que, requisados aos seus donos, eran copiados e devoltos aos seus donos, aumentando así o saber da civilización exipcia. No momento de maior esplendor calcúlase que a biblioteca chegou a posuír preto dun millón de pergamiños, que foron destruídos e dos que só se conserva un pequena parte. Moitos astrónomos postularon as súas teorías en libros que se destruíron coa biblioteca, como Aristarco de Samos, que dixo que os planetas viraban ao redor do Sol.
Sagan fai un breve resumo da idade do Universo nun ano cósmico de 15.000 millóns de anos, tomando como escala o minuto, que equivalería a 30.000 anos da idade terrestre. Sitúa a formación da Vía Láctea e a Terra, o nacemento da especie humana, o descubrimento do lume, a produción de ferramentas e o éxodo rural, entre outros acontecementos dignos de sinalar na historia da humanidade.
Finalmente, deixa un final aberto dándonos a nós a responsabilidade do que pase no próximo ano cósmico desde o primeiro segundo deste próximo ano.
A favor do libro...
- A claridade, sinxeleza, contextualización e linguaxe cos que Sagan adoitaba escribir cada un dos seus libros.
- Percorre, de maneira sumamente amena, importantes coñecementos actuais de moitas ramas ciencias da natureza (Astronomía, Cosmoloxía, Antropoloxía biolóxica, Física, Ciencias da Terra, Bioloxía, etc. e de certas humanidades, como Historiografía universal e da Ciencia, Antropoloxía, Arqueoloxía.
- Fai un paneo xeral da evolución do universo e da vida desde o Big Bang até a época actual.
-Fai reflexionar acerca do insignificante da posición do home no Universo. Dito doutra maneira, "pon ao ser humano no seu lugar".
En contra do libro...
-Moi illadamente, só moi illadamente, inclúe algúns indicios de subxectividade, nun nivel superior ao aceptado pola altura do autor.
-É tan útil e sorprendente que lle deixa a un a sensación sen carga cando se termina, debería ser mais extenso, aínda que non o é pouco.
Valoración final.
Considerado un do libro de divulgación científica máis importantes da historia (e teñen motivos para consideralo así), é unha obra de lectura obrigatoria por toda persoa interesada no coñecemento xeral, e mais aínda aqueles que se interesen anque só sexa minimamente pola ciencia, a natureza e o mundo que nos rodea. Debería ser de lectura obrigatoria nas escolas, para reflexionar acerca da natureza do ser huamno, o seu lugar e o seu insignificancia no Universo e tratar de ocupar realmente o lugar que nos merecemos e non tratar de convencernos de que somos os donos do mundo, da natureza e que podemos facer o que queiramos ou que somos omnipotentes, diametralmente oposta a isto é a nosa posición no universo.
Algunhas citas:
- "A nosa lealdade é para as especies e o planeta. A nosa obriga de sobrevivir non é só para nós mesmos senón tamén para ese cosmos, antigo e vasto, do cal derivamos."
- "Afirmacións extraordinarias requiren sempre de evidencia extraordinaria. "
- "Ás veces creo que hai vida noutros planetas, e ás veces creo que non. En calquera dos dous casos a conclusión é asombrosa. "
- "Cada esforzo por clarificar o que é ciencia e de xerar entusiasmo popular sobre ela é un beneficio para a nosa civilización global. Do mesmo xeito, demostrar a superficialidade da superstición, a pseudociencia, o pensamento new age e o fundamentalismo relixioso é un servizo á civilización..."
- "Como pode a ascendencia de Marte no momento do meu nacemento influír sobre min, nin entón nin agora. Eu nacín nunha habitación pechada, a luz de Marte non podía entrar. A única influencia de Marte que podía afectarme era a súa gravitación, con todo a influencia gravitatoria do tocólogo era moito maior que a influencia gravitatoria de Marte. Marte ten maior masa, pero o tocólogo estaba moito máis preto".
- "Despois de todo, cando estás namorado, queres contalo a todo o mundo. Por iso, a idea de que os científicos non falen ao público da ciencia paréceme aberrante".
- "O cosmos é todo o que é, todo o que foi e todo o que será. Nosas máis lixeiras contemplacións do cosmos fannos estremecer: sentimos como unhas cóxegas, énchennos os nervos, unha voz muda, unha lixeira sensación como dun recordo afastado ou coma se caésemos desde gran altura. Sabemos que nos aproximamos ao máis grande dos misterios".
- "O estudo do universo é unha viaxe para auto descubrirnos."
- "O universo non foi feito a medida do home; tampouco lle é hostil: É indiferente."
- "Na ciencia adoita ocorrer que un científico diga: `É un bo argumento, eu estaba equivocado´, cambiei de opinión e desde ese momento non se volva a mencionar a antiga posición. Realmente pasa. Aínda que non o frecuentemente que debería xa que os científicos son humanos e o cambio é ás veces doloroso. Pero ocorre cada día. Non lembro a última vez que algo así pasou en política ou relixión."
- "Fixemos un traballo tan pésimo no que respecta a administrar o noso planeta que deberiamos ter moito coidado antes de tratar de administrar outros".
Publicado por Tamara Mangana Blanco para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense "Ai, Ptolomeo, tolo meu".

domingo, 25 de abril de 2010

Sobre Eduardo Punset e algúns dos seus libros ... por Ester Julia Cano González.


Biografía de Eduardo Punset. Punset é fillo dun médico rural do Empordán. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, onde militou no Partido Comunista de España coincidindo con Jorge Semprún. Ampliou os seus estudos na Universidade de Londres, onde obtivo un máster en Ciencias Económicas, e na Escola Práctica de Altos Estudos da Universidade de París, onde se diplomó. Posteriormente foi redactor económico da BBC, director económico da edición para América Latina do semanario The Economist (1967-1969) e economista do Fondo Monetario Internacional nos Estados Unidos e en Haití (1969-1973). Tras a morte de Francisco Franco, entrou en política da man de Centristes de Catalunya-UCD. En 1978 foi elixido Conselleiro de Economía e Finanzas da Xeneralidade de Cataluña preautonómica, por devandito partido. Foi elixido deputado nas primeiras eleccións ao Parlamento de Cataluña (1980). Tivo un destacado papel na apertura de España ao exterior como Ministro de Relacións para as Comunidades Europeas (1980-1981). Tras abandonar a UCD, presentouse como independente na candidatura de Convergència i Uniu ás eleccións xerais de 1982, obtendo un escano, que abandonou apenas un ano despois, en decembro de 1983. En 1985 ingresou no partido de Adolfo Suárez, o Centro Democrático e Social. Nas súas listas foi elixido eurodiputado en 1987 e 1989, permanecendo no Parlamento Europeo ata 1994. Abandonou o CDS en 1991, logo da dimisión de Adolfo Suárez, pero conservou o seu posto de europarlamentario como independente. Durante o seu mandato no Parlamento Europeo, foi presidente da delegación do Parlamento para Polonia, tutelou parte do proceso de transformación económica dos países de Europa do Leste logo da caída do Muro de Berlín. En xuño de 1991 creou un novo partido político, Foro, que se presentou ás eleccións europeas de 1994, en coalición co CDS, con Punset como cabeza de lista. A coalición obtivo 183.418 votos (0,99%) sen conseguir ningún acta de eurodiputado. Foro disolveuse en marzo de 1995, abandonando Punset a política. En 2007 foille detectado un cancro de pulmón, do que puido recuperarse con tratamento médico. Como especialista en temas de impacto das novas tecnoloxías, foi asesor de COTEC, profesor conselleiro de Mercadotecnia Internacional en ESADE, presidente do Instituto Tecnolóxico Bull, profesor de Innovación e Tecnoloxía do Instituto de Empresa (Madrid), presidente de Enher, subdirector xeral de Estudos Económicos e Financeiros do Banco Hispanoamericano e coordinador do Plan Estratéxico para a Sociedade da Información en Cataluña. É autor de diversos libros sobre análise económica e reflexión social. Actualmente é Profesor de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade na Facultade de Economía do Instituto Químico de Sarrià (Universidade Ramón Llull), director e presentador do programa de divulgación científica Redes en Televisión Española desde 1996, presidente da produtora audiovisual Smartplanet e membro dos consellos de administración de Sol Meliá e Telvent. Tamén colabora na cadea de televisión de "A Sexta", no programa de Andreu Buenafuente, cunha presenza mensual. As súas obras máis destacadas son:
•La salida de la crisis (1980).
•La España Impertinente (1986).
•España: sociedad cerrada, sociedad abierta (1982).
•Information resources & corporate growth (coautor) (1989).
•Adaptarse a la marea. La selección natural en los negocios (2004).
•Manual para sobrevivir en el siglo XXI (2000).
•Cara a cara con la vida, la mente y el universo (2004).
•El alma está en el cerebro. Radiografía de la máquina de pensar (2006).
•¿Por qué somos como somos? (2008).
E a súa famosa triloxía: El viaje a la felicidad: Las nuevas claves científicas (2005); El viaje al amor (2007); El viaje al poder de la mente (2010).

"El viaje al amor". Neste libro Eduardo Punset presenta as claves científicas para comprender o amor, os seus condicionantes e as súas fases: o compoñente xenético, o desexo sexual, a química e a imaxinación, a elección de parella, o compromiso parental, o desamor... No seu capítulo final propón a fórmula sobre a capacidade de amar e ofrece un test para que o lector poida avaliarse.

"El viaje a la felicidad". A procura da felicidade é unha das grandes aventuras humanas. Tal como explica Eduardo Punset no prólogo, a viaxe á felicidade acaba de empezar e o seu final é incerto: Fai un pouco máis dun século a esperanza de vida seguía sendo de trinta anos: o xusto para aprender a sobrevivir, se se contaba coa sorte, e culminar o propósito evolutivo de reproducirse. Non había futuro nin, polo tanto, a posibilidade de exporse un obxectivo tan insospeitado como o de ser felices, esta era unha cuestión que se aparcaba para logo da morte e dependía dos deuses. A revolución científica desatou o cambio máis importante de toda a historia da evolución: a prolongación da esperanza de vida que xerou máis de corenta anos redundantes -en termos evolutivos.Por primeira vez a humanidade ten futuro e exponse, loxicamente, como ser feliz aquí e agora. A xente mergullouse nesas augas descoñecidas, practicamente, sen a axuda de ninguén. Agora a comunidade científica intenta iluminar o camiño. Este libro é unha lúcida e apaixonante aproximación á felicidade e os seus condicionantes. Unha indagación que nos desvela os máis recentes descubrimentos científicos ao redor deste tema, e que no seu capítulo final proponnos a fórmula da felicidade. Aquí deixo un enlace sobre un dos seus programas en Redes:

"El viaje al poder de la mente". Con este libro, Eduardo Punset pecha unha triloxía dedicada á felicidade, ao amor e ao poder, as tres claves que moven o mundo. Tras A viaxe á felicidade e A viaxe ao amor, que apaixonaron xa a medio millón de lectores, o autor invítanos a unha «viaxe íntima ao poder da mente». «Como puideron millóns de persoas, vivir, namorarse, suicidarse, querer, traballar como tolos, coidar aos seus fillos? sen saber, de verdade, o que lles pasaba por dentro, como funcionaba a súa mente?». Dar resposta a ese enigma fascinante é o obxectivo central desta obra. Para acompañar a entrada deixo esta entrevista a Punset.
P: Que é o que máis nos custa aceptar?
R: Que sabemos moi pouco do cerebro. Atribúoo a que somos o oposto dos crustáceos: eles, ao contrario que nós, teñen o esqueleto por fóra e a carne por dentro. En todo o referente á carne somos moi bos: sabemos por que se nos pon a carne de galiña, como muscular o corpo, etc. A carne énos familiar, pero o cerebro, como non o vemos, sabemos moi pouco del.
P:Cal é o maior enigma da mente?
R: O máis grande foi descubrir que estamos programados, pero para ser únicos, porque a experiencia individual tamén afecta, en contra do que se cría. Ti es o que es porque estás programada pola túa estrutura cerebral e xenética, pero es única porque a túa experiencia individual marcou a túa estrutura cerebral.
P: Por que somos tan remisos a calquera cambio?
R: Xeneticamente estamos programados para identificar os cambios e poder así sobrevivir. Iso é o curioso: estando feitos para identificar o cambio somos resistentes a cambiar de opinión. Ten que ver co peso das conviccións herdadas. E con que vemos o que cremos. Os neurólogos descubriron as disonancias, en virtude das que filtras o que che chega e inhibes os circuítos implicados na percepción cando o que che chega é contrario. Non é que che negues a cambiar de opinión, é que che inhibes, e por iso non che decatas da opinión contraria.
P: Inflúe que estea socialmente mal visto cambiar de opinión?
R: Está considerado como unha traizón ao herdado. E isto é un gran problema, por exemplo, en situacións de crises, porque para saír hai que cambiar de opinión. Por iso a manda, en tempos de crises, recorre aos máis novos; son os que deberían estar máis dispostos a cambiar.
P: Son as intuicións unha fonte de coñecemento válida?
R: Temos unha longa experiencia no coñecemento inconsciente e nas decisións intuitivas. O pensamento racional é en realidade moi recente. A nosa evolución transcorreu usando a intuición.
P: É tan válida como a razón?
R: Si, ata estamos descubrindo que ás veces é mellor ter pouca información.
P: Di no libro que é máis importante desaprender que aprender, pero como?
R: Para desaprender é preciso modificar a contorna. Por exemplo, se tes un desamor, para desaprenderlo, deberías cambialo por outro amor da mesma intensidade. E para facer isto, atopar outro amor, has de modificar, moverte noutra contorna.
P: É no amor no que máis nos parecemos aos animais?
R: En materia de sentimentos somos como os demais seres, aínda que unha diferenza é que somos capaces de mesturar emocións, por exemplo, o amor e o odio. Isto é algo que a miña cadela non pode facer..., pero é do pouco que nos diferencia.

“Por que somos como somos?”. É unha pregunta que seguramente nos comezos do século XXI exponse de xeito totalmente distinto a como se fixese en épocas anteriores. Por primeira vez na historia o coñecemento científico comeza a formar parte dos intereses e da sociedade en xeral. E é que hai poucas aventuras tan apaixonantes como as que nos ofrece no noso tempo a investigación científica de primeiro nivel, aquela que busca explicación a interrogantes que ata hai pouco parecían territorio exclusivo de filósofos, teólogos ou místicos. Cales son os mecanismos que van desde un xene, desde un cromosoma, desde unha molécula.. ata o ladrido dun can, ata o sentimento do amor, ata o feito de recordar algo con tenrura? a neurociencia, a nosa principal aliada na procura destas respostas, ensínanos pautas fundamentais para comprender a invidualidade da conduta humana mediando o estudo do cerebro e do sistema nervioso. A través dalgúns dos seus especialistas máis destacados vemos como a sofisticación da linguaxe, a memoria e a aprendizaxe diferéncianos das outras especies animais, e atisbamos novas perspectivas sobre a sexualidade e a reproducción; algunhas delas, inquietantes sobre asuntos menos susceptibles de ser analizados nun laboratorio, como a beleza, o diñeiro ou o comportamento social, compartimos ideas con atropólogos, economistas e psicólogos. Todo isto é o que podemos atopar en "Por que somos como somos?".
Publicado por Ester Cano González para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense "Ai, Ptolomeo, tolo meu".

domingo, 7 de marzo de 2010

"Diccionario crítico de mitos e símbolos do nazismo" de Rosa Sala Rose ... por Raquel Losada

•AUTORA: Rosa Sala Rose (Barcelona 1969) é licenciada en filoloxía alemá e doutora en filoloxía románica. Como xermanista traduciu e comentou obras de Goethe e Thomas Mann. É unha estudosa do papel político e social dos mitos. Para curiosear sobre as súas inquedanzas intelectuais, visitade o seu blog, moi interesante.

•OBXECTIVO: O obxectivo deste libro é recompilar os símbolos e mitos que configuraron a cosmovisión nazi para intentar comprender en que consistiu.

•ARGUMENTO: O libro está estruturado en forma de dicionario, definindo alfabeticamente unha serie de termos referentes a símbolos e mitos empregados durante o nazismo. Así, se explica o significado que lles foron dando a símbolos como á aguia, ao lobo, aos fachos, á espada, ao sangue, ao lume… ou a mitos coma o da Atlántida, o Graal, os Nibelungos… ou á particular interpretación que fixeron da obra de autores coma Nietzsche, Goethe ou Wagner.

•CONCLUSIÓN: A conclusión é que a ideoloxía nazi é moito máis complexa do que parece, está composta por ideas moi diversas aínda que o fundamental é a supervivencia e supremacía da raza aria, o exterminio das razas inferiores e a loita pola patria.

•COMENTARIO PERSOAL: É un libro interesante porque descobres cousas novas que non sabías como que os nazis organizaron expedicións ó Tíbet, ós Andes ou a Montserrat; entendes como puido Hitler chegar ó poder e como era a mentalidade alemá da época. Todo o que pasou neses anos cambiou a historia e influíu fortemente en todo o mundo, por iso creo que é importante coñecer o que pasou, por qué pasou e cómo, para o que é necesario saber en qué se baseaba o pensamento dos causantes daquel horror.

•LE ESTE LIBRO…se queres saber algo máis sobre esa época convulsa e escura da historia recente que tanto marcou o mundo no que vivimos.

Publicado por Raquel Losada García para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense, "Ai, Ptolomeo, tolo meu".  

martes, 23 de febreiro de 2010

"Historia del tiempo" de Stephen Hawking ... por Daniel Carvajal Alonso

Non é preciso presentar a Stephen Hawking. Todo o mundo oíu falar ou viu por televisión a este famoso físico, cosmólogo e divulgador inglés que actualmente ten 68 anos. Temos unha imaxe mental del como un home en cadeira de rodas, que fala a través dun sintetizador de voz e que non pode mover case ningún músculo, por mor da esclerose que padece. Esta enfermidade foille diagnosticada con 21 anos, e dixéranlle que non viviría máis de 2 ou 3 anos, pero Hawking nunca abandonou as súas investigacións malia ese prognóstico, nin malia á súa enfermidade. Ata o ano pasado (no que se xubilou), ocupou a cátedra Lucasiana de Matemáticas da Universidade de Cambridge. Os seus importantes estudos sobre os  "buratos negros" no Universo e as súas teorías cosmolóxicas foron premiados en numerosas ocasións.
Como dato curioso, engadirei que en 1981, asistíu a unha conferencia no Vaticano sobre cosmoloxía organizada polos xesuítas, onde falou da posibilidade de que o espazo-tempo fose finito pero sen fronteiras (unha das súas teorías máis importantes, a do universo autocontido), o cal que excluiría a Creación. Xusto despois permitíuselle falar co Papa, que non asistira á conferencia, e que lle dixo que estaba ben que se estudase a evolución do universo despois do Big Bang, pero non que se estudase o Big Bang en si, pois era o momento da Creación (xusto do que estivera a falar!).
Hawking escribiu libros científicos como A estrutura a gran escala do espazo-tempo, Relatividade xeral: revisión no centenario de Einstein, 300 anos de gravidade... Pero os máis coñecidos son os de divulgacións, moito menos arduos e técnicos, como O universo nunha cáscara de noz, A clave secreta do universo (escrito xunto á súa filla), e o seu libro máis coñecido, Historia do tempo.
Neste último ofrece un rápido repaso polas concepcións do universo dende o comezo da humanidade ata a actualidade (pasando, por suposto, polo "noso amigo" Ptolomeo, que aínda que o seu modelo non fose acertado, foi o primeiro que permitía predicir as posicións dos astros no ceo), para logo internarse de cheo nas súas teorías, onde expón a relatividade do tempo para distintos observadores (de onde se extrae o famoso paradoxo dos xemelgos: “se un dos xemelgos fose de viaxe nunha nave espacial a unha velocidade próxima á da luz [...] ao regresar sería moito máis xove que o que se quedou na terra”), explica as singularidades do Big Bang e dos "buratos negros" (que, como el di, en realidade non son tan negros pois emiten radiacións), adéntrase na natureza do tempo, expón a súa teoría do universo autocontido (á que xa me referira) e remata fantasiando sobre unha teoría de unificación de tódalas demais teorías da física, á que se semella a Teoría de super-cordas que explica.
Este é sen dúbida un libro imprescindible para aqueles que busquen ampliar os seus coñecementos sobre o universo, non demasiado complicado nin demasiado básico, e ata con algunha que outra sutil nota humorística (imprescindible a súa explicación de por qué o noso mundo ten 3 e non 2 dimensións: “os animais [...] terían que trepar uns sobre outros para adiantarse”). Eu quédome coa súa explicación do principio antrópico: “Por que é o universo como o vemos? A resposta é sinxela: de ter sido diferente, nos non estariamos aquí!”.
Publicado por Daniel Carvajal Alonso para o Club de lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense, "Ai, Ptolomeo, tolo meu".