
O libro explica quen eran os celtas e céntrase na súa arte, a súa arquitectura e na figura dos bardos, moi importantes porque eran os encargados de transmitir a súa historia, xa que os celtas non escribían salvo en raras ocasións.
A conclusión? Os celtas eran grandes artistas, capaces de facer auténticas marabillas en tódolos ámbitos artísticos.

Outro tema que trata é o dos bardos, transmisores da cultura e a historia celta (os celtas non escribían e as súas lendas pasaban duns bardos a outros de forma oral). Nos lugares celtas máis remotos aínda continúa habendo persoas que contan as vellas historias celtas. Finalmente, a partir do século XIX todo o relacionado co mundo celta rexurdiu de mans dos románticos, que vían no mundo celta un xeito de escapar da súa realidade. Hoxe en día hai moitos músicos, sobre todo en Irlanda ou Bretaña, que recuperaron a música celta e interpretan cancións tradicionais das súas respectivas nacións.
LE ESTE LIBRO SE… che interesa a arte celta, se es dos que levan un trisquel colgando do pescozo, se che gustan dolmens, castros, se es fan de Astérix…
Publicado por Raquel Losada García para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense, "Ai, Ptolomeo, tolo meu".
Ningún comentario:
Publicar un comentario