O libro inicia cun asasinato ocorrido nun dos lugares mais interesantes e significativos do mundo: o Museo de Louvre. A vítima, Jacques Saunière, o último Gran Maestre dunha sociedade secreta que se remonta á fundación dos Templarios, o priorado de Sión, transmite á súa neta, Sofía Neveu, unha misteriosa clave. Saunière e os seus predecesores, entre os que se atopaban homes como Isaac Newton ou Leonardo da Vinci, conservaron durante séculos un segredo que pode cambiar completamente a historia da humanidade. Sofía, busca a colaboración do investigador en simboloxía, Robert Langdon. Este é chamado ao seu hotel en Paris mentres daba un curso. O problema comeza cando ao chegar á súa cita é interceptado por un detective que lle informa que a persoa que o citara está morto no museo de Louvre, asasinado. A vítima antes de morrer deixa unha serie de códigos por diferentes partes, escribíndoo co seu propio sangue. A partir de pistas escondidas en retratos, cadros, igrexas e ata en tumbas e gravados en pedra, Langdon dáse conta que a igrexa tamén a comezado a procura do segredo para destruílo antes de que chegue á luz pública e termina coa igrexa tal como coñéceselle nos nosos dias.
Comeza a procura dese segredo, nunha trepidante carreira que lles leva dunha clave a outra, descifrando mensaxes ocultas nos máis famosos cadros de Leonardo da Vinci: A Mona Lisa sería un anagrama da unión divina do masculino e o feminino; na Última Cea, aparecería sentada á dereita de Cristo, cunha longa cabeleira e as mans entrelazadas, unha muller: a mesmísima María Magdalena. Isto lévao a interpretar que ela é a muller de Xesús.
María Magdalena non só fora a compañeira de Cristo senón que tivera un fillo del; ademais fora unha dos 12 apóstolos, e Cristo confiáralle a dirección da súa Igrexa. Con todo, a misoxinia de Pedro e Pablo levou á persecución de María Magdalena, a acusala de prostituta e condenar a súa descendencia. O Santo Graal é a mesma María Magdalena. O Priorado de Sión resgarda todos os documentos que demostran esta hipótese, e a súa localización só a coñecen catro membros do Priorado. A novela tamén ofrece a fascinación dos poderes terreais. O Opus Dei e o Vaticano empeñados en que non se revele o contido dos documentos
da descendencia de Cristo A novela refírenos a feitos históricos nos que aparece o concilio de Nicea, onde Xesucristo é convertido en divindade, pois ata entón habia sido considerado simplemente un profeta dunha nova fe. Un crebacabezas que deberán resolver pronto, xa que unha poderosa e influente organización católica está disposta a empregar todos os medios para evitar que o segredo salga á luz. Trátase nin mais nin menos que do Opus Dei.
A miña opinión persoal? O Código da Vinci é un gran libro, que entretén fortemente aos seus lectores e que engancha desde un primeiro momento cun ritmo vertixinoso sobre a historia. Aínda así incluír que non todo o que sae no libro é real e non todos os datos estan contrastados, aínda así consegue transmitir perfectamente a mensaxe de crítica cara á igrexa (entre outros). O meu libro favorito, sen dúbida, destacando sobre o resto con fartura.
Publicado por Brais González Gómez para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense "Ai, Ptolomeo, tolo meu".
Publicado por Brais González Gómez para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense "Ai, Ptolomeo, tolo meu".
Ningún comentario:
Publicar un comentario