PRIMEIRA PARTE
O bo sentido ou a razón é a facultade de xulgar e distinguir o verdadeiro do falso e é igual en todos os homes. A diversidade das nosas opinións non provén de que uns sexan máis razoables que outros, senón que diriximos os nosos pensamentos por camiños diferentes e non consideramos as mesmas cousas. Non basta ter o enxeño bo senón aplicalo ben. A razón ou o sentido é a única cousa que nos fai homes e que nos distingue dos animais.
Con este discurso, escrito de fábula, Descartes propúxose non o método que cada cal ha de seguir para dirixir a súa razón, senón expor o modo de como el conduciu a súa vida. Unha vida que comeza cunha nenez criado no estudo das letras, que lle aseguraban que por medio delas podíase adquirir un coñecemento claro e seguro de todo canto é útil para a vida e que Descartes sentía o desexo de aprendelas. Canto máis lía, máis dúbidas e erros vía e máis descubría a súa ignorancia. Estudo nunha boa Universidade de Europa e aparte dos libros da facultade, Descartes recorría a cantos libros caían nas súas mans, referentes ás ciencias que se consideraban como as máis curiosas e raras. Sabía que as linguas que nelas se aprenden son necesarias para a intelixencia dos libros antigos ; que a xentileza das fábulas esperta o enxeño; que as accións memorables elévano; que a elocuencia posúe forzas e belezas incomparables; que a poesía ten delicadezas e suavidades; que a teoloxía ensina a gañar o ceo; que a filosofía proporciona medios para falar con verosimilitud de todas as cousas.
Gustábanlle as matemáticas pola certeza e evidencia que posúen as súas razóns. Profesaba unha gran reverencia pola teoloxía e pretendía gañar o ceo, aprendera que o camiño da salvación está tan aberto para os ignorantes como para os doctos.
Axiña que tivo ocasión abandonou o estudo das letras empregou a súa mocidade en viaxar, en buscar experiencias, en reflexionar e sacar todo o proveito que puidese. Sentía un desexo extremo de aprender a distinguir o verdadeiro do falso para andar seguro pola vida.
SEGUNDA PARTE
Descartes logo de pasar varios anos estudando no libro do mundo e achándose en Alemaña, ao comezo do inverno, permanecía o día enteiro só e encerrado, xunto unha estufa, con toda a tranquilidade necesaria para entregarse aos seus pensamentos. Contemplaba os edificios e pensaba que non hai tanta perfección nas obras compostas a anacos e feitas polas mans de moitos mestres como naquelas en que un só traballou. Así podía ver que os edificios que un só arquitecto comezara e rematado adoitaban ser máis fermosos e mellor ordenados que aqueloutros que varios habían tratado de compor e arranxar, utilizando antigos muros, construídos para outros fins. Pensaban nas vellas cidades que ao principio só eran aldeas e que co transcurso do tempo chegaran a ser grandes urbes. Imaxinaba a eses pobos que outrora foran medio salvaxes e que se foron civilizándose aos poucos.
Para Descartes o mundo componse de dúas especies de enxeños : os que créndose máis hábiles do que son, non poden conter a precipitación dos seus xuízos nin conservar a bastante paciencia para conducir ordenadamente todos os seus pensamentos; e doutros que, posuíndo bastante razón ou modestia para xulgar que son menos capaces de distinguir o verdadeiro do falso que outras persoas, de quen non poden recibir instrución, deben contentarse con seguir as opinións desas persoas.
Descartes distinguía catro partes para o coñecemento das cousas : primeiro non admitir como verdadeira cousa algunha, evitar coidadosamente a precipitación e a prevención . O segundo dividir cada unha das dificultades en cantas partes for posible e en cantas requirise a súa mellor solución. O terceiro conducir ordenadamente os pensamentos, empezando cos obxectos máis simples e máis fáciles de coñecer, para ir ascendendo aos poucos, gradualmente ata o coñecemento dos máis compostos. E o último, facer en todos uns recontos tan integrais e unhas revisións tan xerais, que chegase a estar seguro de non omitir nada.
Descartes dicía que só hai unha verdade en cada cousa e o que a atopa sabe todo o que se pode saber dela; como exemplo, un neno que sabe aritmética e fai unha suma conforme ás regras, pode estar seguro de achar todo canto humano enxeño poida achar. Con este método, Descartes, estaba contento, tiña a seguridade de empregar a súa razón en todo, sentía que o seu espírito íase afacendo aos poucos a concibir os obxectos con maior claridade e distinción.
TERCEIRA PARTE
A moral de Descartes baseábase en tres máximas:
Primeira.- era seguir as leis e os costumes do seu país, conservando constantemente a relixión que lle instruíron desde neno. Entre os seus pensamentos e as súas decisións, elixía a máis moderada.
Segunda.- quería ser nas súas accións o máis firme e resolto que puidese e seguir constante nas máis dubidosas opinións, e cando hai que discernir nas decisións, seguir as mais probables.
Terceira.- procuraba sempre vencerse a se mesmo antes que á fortuna e alteraba os seus desexos antes que a orde do mundo. Dicía que todos os bens que están fóra de nós considerámolos inasequibles, xa que logo non sentiremos pena por carecer dos que parecen debidos ao noso nacemento, cando nos vexamos privados deles sen culpa nosa.
Estas tres máximas fúndanse só no propósito de continuar instruíndose e a distinguir o verdadeiro do falso. E tratando de descubrir a falsidade das proposicións que examinaba mediante razoamentos claros e seguros, non atopaba ningunha cousa tan dubidosa que non puidese sacar dela algunha conclusión certa.
Pasando os anos, Descartes decidiu afastarse de todos os lugares onde podía ter algúns coñecementos e retirouse a un país moi activo, Holanda, e non carecendo de comodidades vivía en solitario e retirado coma se estivese no deserto.
CUARTA PARTE
As primeiras meditaciones de Descartes eran metafísicas. Para indagar a verdade, tiña que rexeitar como falso todo aquilo en que puidese ter dúbida. Consideraba que todos os pensamentos que lle viñan esperto tamén se lle pode ocorrer durante o soño, sen que ningún sexa verdadeiro, e decidiu finxir que todas as cousas, que ata entón entraran no seu espírito, non eran máis verdadeiras que as ilusións dos seus soños, pero advertiu que querendo pensar que todo era falso era necesario que el fose algunha cousa, e observou que "eu penso, logo son". Dicía que non era perfecto pero cría que o único ser perfecto que existise, Deus, sería un ser infinito, eterno, inmutable, onmiscinete, onmipotente. A imperfección non está en Deus.
Deus é ou existe, un ser perfecto e todo o que está en nós provén del. E que se temos ideas que encerran falsidade é porque hai nelas algo confuso e escuro e que se están confusas en nós, é porque non somos totalmente perfectos. Que é noso deben e o de Deus liberarnos das ilusións e evitar os erros.
QUINTA PARTE
Segundo Descartes Deus estableceu na natureza certas leis e cuxas nocións ha impreso na alma das persoas e que se se reflexiona sobre elas con bastante detemento non se pode dubidar de que se cumpran exactamente en todo canto hai ou se fai no mundo. Neste mundo non hai nada máis claro e inteligible que a materia, excepto Deus e a alma. Divos formou o corpo do home enteiramente igual, tanto na figura exterior dos seus membros como na interior conformación dos seus órganos. Deus creo un alma razoable e engadiulle un corpo.
Descartes explícanos a formación do mundo contorna á luz que produce o sol, os ceos transmítena, a terra xunto cos planetas reflíctena e o home é o espectador.
Tamén nos explica o movemento do corazón, o seu dilatación e as arterias, a función do pulmón na respiración.
Existen diferenzas entre persoas e animais, a nosa alma é de natureza enteiramente independente do corpo e por conseguinte non está atida a morrer con el, é inmortal.
SEXTA PARTE
Descartes di que coñecendo a forza e as accións do lume, da auga, do aire, dos astros, dos ceos e de todos os demais corpos que nos rodean poderíase aproveitar e facerse donos e posuidores da natureza.
Nas súas experiencias, Descartes segue unha orde, primeiro busca os principios ou primeiras causas de todo o que no mundo é ou pode ser, despois examina cales son os primeiros efectos que desas experiencias poidan derivarse.
Descartes está convencido que logrou achar algunhas verdades nas ciencias a partir de cinco ou seis dificultades que resolveu sempre acompañado da fortuna.
Está convencido que as persoas sacarían unha pequena utilidade da comunicación dos seus pensamentos. Tamén pide que a xente non crea nunca as cousas que din outros del.
Descartes non quería publicar o seu tratado, pero se ha viso obrigado a pór neste libro algúns ensaios particulares e dar conta ao público das súas accións e os seus designios. Outra das razóns que lle obrigaron a escribir este libro é que ve cada día como se atrasa máis e máis o propósito que concibiu de instruírse. Este libro escríbeo en Francés, lingua da súa pais, e non en latín como os seus preceptores, e espera que os que fagan uso da súa razón natural xulgaranlle mellor as súas opinións que os que só cren nos libros antigos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario