Introdución: Libro escrito polo filósofo alemán Friedrich Nietzsche, no que, mediante unha serie de aforismos, frases e pequenos parágrafos, fai unha serie de críticas. A época que viviu Nietzsche caracterizouse por unha actitude de sospeita que se viu reflectida en numerosas teses como o marxismo, idealismo, positivismo?Na súa filosofía, Nietzsche sospeita dos valores e verdades que rexen a cultura de Occidente, e realiza unha crítica demoledora contra toda a cultura occidental, e que se centrou en tres grandes ramas: moral, relixión e filosofía. Xa no título da obra, o autor dá a entender unha das ideas do que vai expresar: o crepúsculo (decadencia, desaparición) dos ídolos (persoas, obxectos ou ideas que se admiran ou aman excesivamente).
Crítica á Filosofía: Para buscar a orixe desta decadencia, Nietzsche leva a cabo unha "mirada retrospectiva" que lle leva ata as orixes da filosofía e aos patriarcas da cultura de Occidente. Nietzsche critica e culpa a tres persoas acodes: Eurípides (que eliminou os elementos dionisíacos da traxedia grega), Sócrates e Platón, base ideolóxica do cristianismo e dos autores racionalistas. Xa que logo, Nietzsche afirma que cometeron un erro, e que os seus valores están investidos e non representan os verdadeiros valores da vida e a realidade, por iso, mediante este libro critica a estes tres filósofos mediante fragmentos ou parágrafos.
Crítica á cultura de Occidente: por considerala antinatural e antivital, que enxalza valores que en verdade deberían ser desprezados, como a dor, a debilidade ou a pequeñez. Considéraa unha moral propia de servos, que son obrigados a obedecer as normas que lle son ditadas. Para acabar con ela, o filósofo propón unha "moral de señores" que enxalce valores máis vitais como o amor á vida, a grandeza, o pracer, ou a liberación da servidume e do dogmatismo. Tamén arremete contra a relixión, por considerar que rexeita o mundo material e fomentar a moral de servos, ademais de promover a idea de pecado, que considera un insulto para a vida.
Crítica a Platón e ao dualismo platónico: Para rematar, o autor critica á filosofía. Por unha banda, critica a escisión que fai Platón da realidade, creando dous mundos distintos (mundo das Ideas e mundo das Cousas), Nietzsche considera que é o único verdadeiro: o mundo das cousas, o mundo material, é dicir, a opinión. Polo outro, rexeita a idea de Deus que tanto empregan os filósofos para expresar o máis imperceptible da realidade, cre que non existe un ser perfecto mediante o cal poidamos responder a todas as preguntas existenciais.
Os catro grandes erros:
1. Erro da confusión da causa coa consecuencia: Nietzsche critica a confusión da causa coa consecuencia. Auténtica corrupción á razón chámalle el. Este é un hñabito viejísimo, e Nietzsche cre que é un de máis grandes erros.
2. O despropósito inmortal: Denomínalle así a outro dos grandes erros: Fai isto e aquilo, non fagas isto e aquilo, ¡Así serás feliz! Baixo o seu punto de vista, un home feliz ten que realizar certas accións e recelar instintivamente doutras: A súa virtude é consecuencia da súa felicidade.
3. Erro dunha calidade falsa: De onde sacamos nós as causas? Do ámbito dos famoso, famosos que nunca demostraron con feitos.
4. Erro das causas imaxinarias: Sempre se lle imputa unha causa a todos os feitos, aínda que non a teñan. Imaxinamos causas, inventámolas para buscar unha explicación. E despois (punto 1) confúndese a causa coa consecuencia.
Ao final do libro, o autor, mediante unha serie de notas, explica algúns aforismos, a quen critican, para que nos resulte máis fácil a súa comprensión.
Opinión persoal: A nós pareceunos un libro bastante interesante, aínda que ten algunhas partes de difícil comprensión, e algunhas expresións en alemán, o libro enganchounos desde o primeiro momento, sobre todo a primeira parte. Aínda que algunhas frases sexan de difícil comprensión, axudámonos coas Notas do autor, e ao final entendemos as frases e sacamos as nosas propias conclusións de cada unha. Cando fala do problema de Sócrates fainos moita graza o xeito en que critica todos os aspectos deste filósofo, ata o máis mínimo detalle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario