Este libro é unha recompilación de textos orixinais de grandes científicos e filósofos. É unha obra para coñecer sobre todo aos grandes mestres da ciencia mediante unha selección dos seus propios textos nos que explican descubrimentos e razoamentos científicos. Autores como: Platón, Aristóteles, Heisenberg, Newton, Galileo... Unha antoloxía do mellor de cada un destes xenios da humanidade.
Neste resumo vou facer referencia a uns cantos autores e obras que aparecen neste libro, para resumir algúns deses echos tanto de caracter científicos como filosóficos que máis me impresionaron, fascinaron e gustaron sen haber outra forma,xa que levaría a escribir o libro e non é o que se busca. Ademais son 72 obras as do libro de aí que resuma as que para a min son máis fascinantes e vaian resumidas obras que están repartidas por todo o libro.
-O primeiro texto dáse a coñecer a causa polo cal se lle deu nome a este libro "A garra do león" que é o nome co que se coñece un celéberrimo episodio da historia da ciencia ocurrido en Londres o 29 de xaneiro de 1697 que consistiu na presentación de dous difíciles problemas matemáticos á comunidade científica da época, establecéndose un prazo de seis meses para a resolución de ambos. Cumprido o prazo, só Gottfried Leibniz resolvera un dos dous, e por medios matematicamente penosos. O prazo foi estendido seis meses máis, cos mesmos resultados. Ao pasar un ano, un dos dous problemas seguía sen ser resolto e co outro esperando unha solución máis elegante.
Entre tanto Sir Edmond Halley deuse conta de que Issac Newton non fora informado do desafío e presentoulle os dous problemas. Resolveu en dez horas ambos, fronte aos que os seus contemporáneos fracasaran durante doce meses e publicou as solucións en forma anónima. O organizador do concurso, Johann Bernoulli, nada máis ler o texto deu por gañador a Isaac Newton, preguntando por que sendo un artigo anónimo, quen respondeu coa frase mencionada: porque recoñezo as garras do león no sentido de que só Newton podería ser capaz de resolver tales problemas e o que é máis no estilo claro, conciso, brillante e definitivo característico do científico inglés que era facilmente reconocible para Bernoulli.
-Platón: No libro aparece unha parte da obra de pláton,O timeo, unha parte na que nos comunica aspectos básicos do pensamento científico heleno como é a importancia para moitos autores científico/filósofo da súa época a xeometría,que para eles era perfecta do círculo. Nestas pasaxes do timeo atópanse argumentos en defensa do círculo e a importancia que lle dá dado que a terra é circular e que divos de dese esa forma sabendo que é perfecta.
-Heisenberg: Diálogos a través do tempo. Foi por así dicilo un diálogo por pensamentos, teorías, acumulacion de resultados do pasado que inflúen no presente. Un destes diálogos é o de Platón e Heisenberg que consistiu na influencia que tivo para Heisenberg unhas pasaxes do Timeo sobre a constitución da materia na que Platón relacionaba os elementos que forman a natureza,que tiveran como pensamento os gregos da época de Platón sobre o lume, a terra, o aire, e a auga como os catro elementos mutables da que está formada a materia máis un inmutable que era o éter,con elementos xeométricos aos que lle daba tanta importancia, unhas pasaxes que impresionaron bastante a Heisenberg e que logo contaria nunha das súas obras sobre a fascinación que provocou nel cando era novo.
-Arquímedes:¡Eureka!. Este texto sobre Arquímedes contén o descburimiento que o mesmo adoitaba ensinarnos, dicindo que o descubrira mentres se estaba bañando e que fascinado polo achado gritou: "¡Eureka!". O descubrimento coñecémolo como O principio de Arquímedes que afirma que un corpo mergullado nun fluído experimenta un empuxe igual ao peso do volume do fluído que desaloxa; e móstranos varias proposicións sobre un dos seus libros -Sobre os corpos flotantes- nos que explica basicamente formulaciones equivalentes ao principio de Arquímedes.
-Copérnico e a súa obra "As revolucións dos corpos celestes". Nesta obra revolucionaria de Copérnico que dá unha explicacion distinta á que dan tantos científicos da época do movemento dos corpos celestes como a aristotélica-tolemaica que defende o geocentrismo, na que a terra é o centro do universo e todo xira ao redor de ellla, esta teoría tamén defendida pola igrexa xa que lle viña como anel ao dedo para a súa teoría do creacionismo foi a dominante desta época e por iso supuxo unha revolución xa que copérnico defendeu por primeira vez que é a terra quen vira ao redor do sol (heliocentrísmo)
-Isaac Newton: "Principios Matematicos de Filosofía Natural". É a súa obra magna, seguramente o tratado científico máis influente xamais escrito. Nel, Newton desenvolveu un sistema dinámico baseado en tres leis do movemento.
A primeira lei ou lei da inecia: todo corpo persevera no seu estado de repouso ou movemento uniforme e rectilíneo a non ser que sexa obrigado a cambiar o seu estado por forzas impresas sobre el. Esta lei postula que un corpo non pode cambiar por si só o seu estado inicial, xa sexa en repouso ou en movemento rectilíneo uniforme, a menos que se aplique unha forza ou unha serie de forzas cuxo resultante non sexa nulo sobre el.
Segunda lei de Newton ou Lei de forza: o cambio de movemento é proporcional á forza motriz impresa e ocorre segundo a liña recta ao longo da cal aquela forza imprímese. Esta lei explica que ocorre se sobre un corpo en movemento actúa unha forza neta: a forza modificará o estado de movemento, cambiando a velocidade en módulo ou dirección.
Terceira Lei de Newton ou Lei de acción e reacción:Con toda acción ocorre sempre unha reacción igual e contraria: ou sexa, as accións mutuas de dous corpos sempre son iguais e dirixidas en sentido oposto. Expón que por cada forza que actúa sobre un corpo, este realiza unha forza de igual intensidade e dirección, pero de sentido contrario sobre o corpo que a produciu.
Terceira Lei de Newton ou Lei de acción e reacción:Con toda acción ocorre sempre unha reacción igual e contraria: ou sexa, as accións mutuas de dous corpos sempre son iguais e dirixidas en sentido oposto. Expón que por cada forza que actúa sobre un corpo, este realiza unha forza de igual intensidade e dirección, pero de sentido contrario sobre o corpo que a produciu.
Moi, moi interesante, e moi claro o resumo.
ResponderEliminarUn saúdo
Conchi