Os crimes de Oxford é unha novela de Guillermo Martínez, escritor arxentino, gañadora do Premio Planeta caracterizada polo misterio e de intriga, encadrada no xénero negro da novela policíaca; pero que combina de forma brillante elementos tomados da filosofía, da matemática, da lóxica e de outros campos do coñecemento, ó narrar as accións e conduta dun asasino en serie que sigue encauzadamente unha serie aritmética, con xiros repentinos e inesperados, ambiguedades, e moitos teoremas matemáticos e propostas lóxicas involucrados.
É un libro moi entretido de por si porque dende un principio fai que te metas de cheo na trama, aínda que hai pasaxes nos que pode resultar un pouco lento ou complicado de ler, debido ás súas continuas referencias matemáticas e cando, por exemplo, o profesor Seldom explica os teoremas e conceptos matemáticos que desde un primeiro momento son claves na resolución dos casos ou parecen ter moita importancia ( ó final verase que todo é xenuinamente sinxelo e que nada é o que parece, o desenlace en si sorprende moitísimo pola súa inesperada sinxelidade) Sen dúbida o máis complicado de seguir é todo o relacionado cos números e tal vez algún aspectos filosóficos tratados, e ademais os personaxes tampouco están moi definidos (apenas sabemos das súas vidas e teñen poucos matices)pero en xeral é moi interesante.
A boa prosa do escritor, o gancho da historia, a facilidade de unir pezas e o ritmo dos acontecementos (conxunto xeral do libro) fan que os " pero " se esquezan con rapidez. Non deixan a sensación de decepción, polo menos non para min. O lector vaise facendo partícipe, sen decatarse, dos acontecementos da historia e vai intentando deducir quen é o asasino. É unha novela que invita a pensar e reflexionar, ademais de proporcionar entretemento e nocións moi interesantes sobre os campos das matemáticas, da lóxica e da filosofía.
Os asasinatos son sempre moi inquietantes (tamén á hora de fixarnos en que Seldom “sorprendentemente” sempre se encontra cerca ou coñece á persoa asasinada, dato moi relevante ó final da historia). Pero a pesar disto, non é nada predicible; ata o último segundo non sabes exactamente quen se encontra detrás de toda a trama, cumplindo perfectamente coas carecterísticas que soen definir ó xénero detectivesco (cine negro).
Esta novela de intriga foi levada ao cine por Álex de la Iglesia. Clica aquí para entrar na páxina oficial do filme.
Esta novela de intriga foi levada ao cine por Álex de la Iglesia. Clica aquí para entrar na páxina oficial do filme.
Capítulo 1.
O protagonista, un mozo arxentino, empeza relatando parte da súa viaxe a Oxford no verán do 93. Conta que tan pronto chegou á cidade inglesa optou por aloxarse nuncha casa que a súa nova directora, a Srta. Emily Bronson, lle había recomendado. Na casa vivía unha anciá ( Mrs. Eagleton) e a súa neta Beth. Esa noite invitáronno a cear coas dúas. Nos días seguintes decántase por comezar a coñecer o pobo.
Capítulo 2.
No Instituto de Matemática tiña un compañeiro de cuarto curso (Podorov) e a súa directora fixo todo o posible para que coñecera a xente coa cal puidese xogar ó tenis: John, Lorna e Sammy. Un día despois de rematar unha partida, o levaron en coche ó seu apartamento onde volver a coincidir con Beth, e esta lle revela que está celosa da vida que el leva e que ten moita envidia ademais de estar amargada e farta de ter que cuidar a unha vella. Aos poucos días, o protagonista chega de novo á súa casa e se encontra a un matemático (Seldom) e descubren morta a Mrs. Eagleton.
Capítulo 3.
Chega a policía e estiman que probablemente foi asfixiada coa almofada, e que a macha de sangue debíase a que sin querer ó facer moita forza rompéranlle o nariz. Nese intre Seldom confesa que xa sabía que iso ía a ocurrir porque lle chegara un papel dicindo “O primeiro da serie” , e isto anexo á dirección da vella; ademais de haber un círculo na nota. Deduciron pois que este símbolo, o círculo, podía ser o primeiro dunha serie lóxica. O capítulo acabao co interrogatorio policial a Seldom e ó protagonista e coa sentencia de que Beth tamén ía ser interrogada.
Capítulo 4.
Seldom e o protagonista empezan a sacar as súas propias conclusións por eles mesmos. Pensan que o asasino non quería que a policía se enterase, e que o máis probable dende ese momento en adiante sería que se volvería máis cuidadoso e minucioso e que intentaría que os crímenes pasaran o máximo desapercibidos. Sobre o símbolo lóxico da nota, Seldom di que necesita de máis símbolos para poder indagar e averiguar o resto da serie. Finalmente acuden a ver a Beth tocar coa súa orquesta.
Capítulo 5.
A policía e un periodista pensan que Beth é a asasina. Esa noite Beth pediulle axuda ó protagonista porque ela non daba conciliado o sono. Este, ó vela tan triste e indignada porque pensaba que lle botaban enriba a ela o crime da súa avoa, déixaa durmir con el e dille que non se preocupe nin teña medo, porque a súa avoa morreu ás tres e ela saíra do ensaio da orquestra media hora antes.
Capítulo 6.
O mozo despértase só na habitación, Beth xa tiña marchado e el non se dera conta. Rapidamente decatouse de que chegaba tarde á reunión coa directora, coa cal estivo comentando o asasinato, e ela se fixo sentir culpable por terlle recomendado esa casa. Tamén falaron acerca de Seldom. Ó saír do instituto o protagonista foi xogar ó tenis, pero ó chegar alí só estaba Lorna. Cando levaban un tempo xogando, Lorna, sen forzas, derrumbouse no chan , e cando el se acercou xunto ela, bicouna. Xusto despois fóronse á casa dela a consumar físicamente o seu sentimento de desexo e paixón.
Capítulo 7.
Seldom empézalle a relatar ó protagonista as súas teorías matemáticas e como coñeceu á nai e ó pai de Beth. Tamén lle conta que os dous morreron nun accidente de tráfico xunto coa súa esposa e que só el sobreviviu. Despois, volveron a analizar e a porse a reflexionar sobre o asasinato e maila investigación. Seldom constatou varias equivocacións: a primeira, a sobrevaloración das probas físicas e a segunda, que se guiaban polo principio da navalla de Ockam.
Capítulo 8.
Seldom leva ó noso protagonista ó hospital. Fálalle de que alí tamén estivo ingresado o famoso escritor Dino Buzzati, que escribiu sobre a súa estancia nel e como dende a séptima planta ( os máis sanos) baixou ata a cuarta, ata que se percatou de que se baixaba outra non saldría con vida de alí. Ó final tranquilizáronno e pedíronlle desculpas polo histerismo e desasosego dun paciente da terceira planta: ese era Seldom, que agonizaba en berros e sufrimento pola morte da súa muller.
Capítulo 9.
Tan pronto chegan ó hospital, van directos á segunda planta, onde estaba Kalman, un linguista que pasou case toda a súa vida estudando lóxica e sucesións, sobre todo nos test de intelixencia. No seu estudio da lóxica irracional, decidiu dispararse na parte dereita da súa cabeza para descubrir a lóxica cando non existe ou desaparece a razón. Antes delo, pediulle a Seldom que collera o que el escribise. Só escribía catro letras, pertencentes ó nome dunha muller.
Capítulo 10.
Seldom quedouse un rato máis con Kalman, e o protagonista foi a ver a Lorna á planta de raios, xa que sabía que ela traballaba alí. Mentras esperaba por ela a que acabase de facer o que estaba facendo, estivo falando con Ralph Johnson sobre os transplantes na época de Xesucristo e os pitagóricos. Este home estaba informándose sobre isto porque dúas familias cristiás denegáranlle un pulmón para a súa filla. Cando Lorna saíu da sala, o protagonista invitouna a Londres, pero ela non podía ir.
El foi polo asunto dunha conferencia, e ó regresar a Oxford, na porta do Instituto de Matemática encontrou unha nota que dicía: “ O segundo da serie” cunha especie de figura en forma de peixe feito con parénteses.
Capítulo 11.
A víctima era curiosamente un compañeiro da planta de Frank. Os médicos pensaran que se trataba dunha morte natural, xa que se esperaba o acontecemento dende algún tempo atrás. Ademais na autopsia non se descubriu nada estraño ou fóra de lugar. Pero logo viron un pequeno pinchazo no brazo e pensaron irremediablemente no asunto do posible envenenamento. Ó chegar Petersen ó Instituto empezaron a intentar unir as pezas e buscar relación entre ambos asasinatos, pensando tamén en cal podería ser o seguinte símbolo da serie, aínda que Seldom optaba por mellor non precipitarse nin impacientarse.
Capítulo 12.
Petersen di que non quere que se sepa nin se comente nada do primeiro símbolo porque poden aparecer imitacións dos asasinatos. Volve a insistir en que Seldom lle avecine que pensa sobre cal pode ser o seguinte símbolo, aínda que este négase a facelo. Cítaos para o día seguinte no seu despacho. Despois, paseando, Seldom e o protagonista comezan a falar sobre o porqué de facerse matemáticos. O mozo explica que el o fixo sobretodo porque lle encantaba a verdade pura e universal dos teoremas, mentres que Seldom porque as matemáticas non acarreaban xamais ningún perigo.
Capítulo 13.
Ámbolos dous diríxense ó despacho de Petersen, onde este lles leu o informe de posibles características do asasino. No informe dicíase que podería ter o “Síndrome de Ambere”, tamén chamado “síndrome da segunda oportunidade”. Isto quería dicir que seguramente o asasino perdera a oportunidade de algo e agora necesitaba vingarse de aqueles que lle roubaron a oportunidade. A psicóloga opina que o seguinte símbolo podería ser un paxaro pero Seldom discrepa.
Capítulo 14.
Seldom dille ó protagonista que non pode revelarlle o símbolo que el ten na cabeza como o seguinte que probablemente elixa o asasino porque non quere influír nas súas propias hipóteses de ningunha maneira. Na calle ven a Beth, a cal lles comenta que deixou de tocar e que se ía casar con Michael. Esta invítaos ó último concerto e estes van. A pesar de todo, non deixan de comentar os asasinatos e un libro acerca de se existe o crimen perfecto ou non.
Capítulo 15.
Pasan dúas semanas e ningún acontecemento novidoso agás o de que Andrew Wiles estaba organizando un seminario sobre a Teoría de Números. De camiño cara ó concerto, o protagonista encóntrase con Beth e Michael que se ofrecen a levalo.
Ó chegar ó sitio, despois de estar polo parque o mozo foi ó seu asento pero non sen percatarse antes de que tamén estaba Petersen. Morrera un percusionista, Benito, unha persoa de considerábel idade, e ó parecer tamén de asfixia. Todos foron ó escenario e cando comezaron a retirarse, Seldom descubriu a terceira mensaxe, que corroboraba que era o terceiro da serie e lle asignaba o símbolo do triángulo.
Capítulo 16.
Petersen ordea que se cerren as portas e que ninguén se vaia do recinto para tomar as declaracións oportunas. Seldom e o protagonista fóronse á casa coa filla de Petersen. Mentres conducían, comentaban o acontecido. Ó baixarse o protagonista do coche, díxolle a Seldom que por favor lle explicara a formación da serie, xa que este acertara que o tercer símbolo sería o triángulo. Seldom optou por responderlle cunha especie de pista.
Capítulo 17.
O noso protagonista decide ir á Biblioteca do Instituto, onde colle un libro sobre unha irmandade pitagórica no que se explicaba que para os pitagóricos cada número correspondíase cun símbolo. O seu compañeiro de piso, Podorov, sorprendeuno mentres estaba concentrado nisto. Este coñecía a Seldom, xa que un alumno del publicara unha tesis que Podorov creara. O protagonista comezou a sospeitar de Podorov dado que coincidía coa teoría da segunda oportunidade e tiña os seus motivos, ademais de ter coñecemento no campo matemático, e informoulle sobre todo elo a Seldom. Aínda así, este non creu que Podorov fose o asasino por moitos motivos que tivera.
Seldom e mais Petersen optan por publicar o asasinato na primeira páxina do periódico para que o asasino pense que están desconcertados e perdidos.
Capítulo 18.
Lorna interésase polo asasinato e chama ao protagonista para que lle conte todo o que el soubera ata o momento sobre o caso. El preguntoulle se sabía se alguén sería capaz de matar a Benito así, se había algunha maneira, e ela comentoulle a que había. Despois cando o mozo volveu ó instituto encontrou a un grupo de matemáticos que comentaban que Willes, o alumno de Seldom que se apropiara indebidamente da tese do seu compañeiro ruso, demostraría o teorema de Fermat.
Capítulo 19.
Cando terminou de redactar o seu informe o rapaz mirou o seu correo electrónico e atopou unha mensaxe procedente de Seldom, que quería quedar con el. Explicoulle o teorema de Gödel e comentoulle que Petersen chamárao reducindo o número de víctimas probables. Comentaron tamén o crime de Benito e Seldom entregoulle unhas imaxes ó rapaz sobre Mrs. Eagleton para que as relacionase co seu símbolo asignado. Decidíronse finalmente por ir a ver a un mago que lles prestase axuda.
Capítulo 20.
Despois de mirar atentamente as fotos de Seldom e intentar pensar en cousas que se lle puideron ter pasado sen darse conta, intentou buscar un círculo atopado nun obxecto posto que cada asesinato ía intimamente ligado co obxecto. Pensou en varias opcións, e pasóuselle unha inscripción de tres letras ( unha unha O ) no scrabbel. Mentres chegou Beth, e díxolle que á vella faltáballe a manta dos pés. Entón é cando o protagonista comeza a pensar en que o máis probable e que se lles escapase algo en tódolos crímenes.
Capítulo 21.
Os protagonistas principais da investigación diríxense ó recinto onde vai actuar o mago. Faltáballe o brazo dereito. Explicoulles que el nunca defendeu que a maxia era posible, e sempre lle ensinaba os trucos a xente.
Capítulo 22.Seldom preguntoulle ó mago que clase de efectos ou trucos podían facerse a distancia, recordando un caso no que un home parecía ter matado á súa muller psiquicamente e que fora declarado como non-culpable.
Seldom teme pola vida de Pilles porque todos os que tentaran demostrar o teorema de Fermat estaban mortos.
Capítulo 23.Un día que o mozo estaba en casa de Lorna, esta recibe unha chamada do hospital, onde se lle comunicaba que un autobús caera por un precipicio na entrada da cidade. Morreron dez nenos con síndrome de Down, e o conductor ( que era o pai da nena que esperaba un pulmón no hospital) Lorna acudiu ó seu traballo e enterouse de que xa lle fóra por fin transplantado un pulmón á nena antes de que se soubera que en realidade o pai suicidarase e con el, matara a todos os nenos.
Capítulo 24.
A mensaxe esta vez recibiuse antes de que sucedera o crime, era estraño; foi unha chamada por teléfono. Falaba do Tetraktys, o cuarto da serie. “Dez puntos no triángulo cego” Petersen cría que Ralph non pretendía que ardese o bus, para que así os pulmóns puideran salvarse. Tamén comentaron un pouco de como elixiu ás súas víctimas e que o de Clark só fora unha simulación.
Capítulos 25, 26 e 27.
O mozo acaba o traballo e mándao a Arxentina. Pero de súpeto recordou o que lle dixera Petersen: "É difícil saber ata onde chegaría un polo seu fillo". Así deuse conta do que Seldom lle intentara facer ver en todo ese tempo e foi a buscalo. Chamou a Lorna e díxolle que estaría no museo. Cando ela o atopou explicoulle que todo fora inventado.
Aínda así, o primeiro crime fora Beth, crime que Seldom ocultou baixo unha serie de asasinatos en serie; o segundo fora natural, pero como afirmara Petersen, el inseriulle unha xiringa para que parecese asasinato; o terceiro foi natural, el mesmo se deixou a mensaxe cando ninguén miraba. Pero no cuarto non tivo nada que ver, foi Ralph, que tamén sabía a continuación da serie e matouse facéndose responsable de todos os crimes.
Explicoulle que era certo que recibira unha nota, pero era dunha persoa próxima, de Beth: "Fixen algo terrible", e cando chegou á casa de Mrs. Eagleton e viu o que fixo, como estaba o rapaz tivo que chamar á policía. Se non estivera este intentaría que parecese morte natural. A nota en si, que el chegou a ver finalmente cos seus propios ollos, dicía realmente: "Fixen algo terrible", "Por favor, por favor, necesito que me axudes, papá”
Seldom non se podía negar, era a meniña dos seus ollos...
Epílogo.
O rapaz de volta á casa encóntrase a Beth nun coche de luxo. Ela invítao a subir, pero este dille que Seldom xa llo explicara todo, e pregúntoulle cales foran os seus motivos. Díxolle que a súa frase: "Deberías probalo”, e que ademais o cáncer á súa avoa xa lle remitira.
Ao final Beth vaise, soa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario