http://democraciarealya.es/
Carlos Taibo cóntanos neste libro que a partir dunha suposta reunión de expertos nos medios de comunicación na década dos 90, acórdarase substituír as palabras "imperialismo" e "capitalismo" polo termo “globalización”.
A medida que imos avanzando, dámonos conta da mentira que estamos a vivir; dándose probas e sucesos históricos que nos fan caer na conta de que o capitalismo acaba coa sociedade:
-É a democracia e o estado de benestar unha farsa?
-Estaremos vivindo unha época de Guerra Fría supostamente acabada?
-Estará o mundo repartido entre USA, Europa, China e Rusia?
Todas estas preguntas acaban de florecer no meu pensamento facendome dudar de todo e aínda que os datos apunten a iso e non teñamos unha resposta clara o que sí se pode saber claramente é o que pasou nestes últimos 20 anos, que desenvolverei a continuación :
O capitalismo é unha corrente que está en toda a sociedade actual; e na miña opinión, fainos depender e preocuparnos unicamente do diñeiro, convertíndonos en seres egoístas e avariciosos, pensando solo no noso propio beneficio.
A expansión deste, debeuse a hexemonía que ten Estados Unidos nun ámbito global.
A deslocalización xoga un factor decisivo neste campo xa que a instauración de democracias na maioría do globo terraqueo implica unha serie de normas, leis e dereitos favorables ao traballador así, as empresas de todo o mundo mayoritariamente norteamericanas se deslocalizan cara África, é dicir, o traslado das empresas cara este lugar onde as leis fiscais e medioambiantais son favorables as empresas e éstas non teñen que pagar por contaminar, ademáis tamen se aforran costos de produción xa que aos traballadores, se lles paga un salario de 1 € diario, co que teñen que malvivir, tratados como escravos e empregando man de obra infantil que é peor pagada.
A incrible produción de bens realizados en zonas subdesenvolvidas producen uns grandes beneficios para os dirixentes importantes como son Adidas ou Nike.
Á parte deste tipo de actitude capitalista, a política exterior norteamericana definese en dúas palabras: imperialista e militar.
En que nos basamos para definir desta maneira a política exterior norteamericana? Pois moi fácil, mirando as suas actuacións por conquistar o petróleo, situado o 60 % en Medio Oriente; se miramos cara atrás, EEUU coa xustificación da súa intervención para restablecer a paz en países do Medio Oriente, empleou a sua política mitilitarista agresiva para sacar proveito é facerse con reservas de petróleo en Kuwait, Israel, etc.
Que provoca isto? Unha maior desigualdade social entre ricos e pobres.
Das últimas actuacións dos EEUU,está a invasión a Irak polo suposto atentado deste país contras as Torres Xemelgas. Na miña opinión, todo esto foi unha conspiración dos propios EEUU para poder entrar en Irak, dominalo economicamente e acadar as reservas de crudo.
Acaba todo aquí? Para nada, a expansión do capitalismo aínda vai máis alá que norteamerica e as súas conquistas “pacíficas”.
Taibo distingue do capitalismo americano, o que denomina capitalismo europeo e que consiste nun capitalismo pero non tan liberal senon que é o que coñecemos como estado de benestar pero que na miña opinión non se alonxa tanto do capitalismo americano.
O ámbito imperialista está en activo así o vemos no que hoxe coñecemos como Unión Europea (UE). A súa formación implica o que pensaban Franco e o seu exercito dos sublevados cando se sucedeu a Guerra Civil española; concebían a unha España única,total e unitaria. Se o pensamos detidamente solo hai que aplicar esté concepto definitorio a outro plano, o europeo. Así, 25 países firmantes temos: unha mesma moneda, fóra os aranceis económicos o que implica unha maior liberalizacion das mercadorías e do transporte de persoas,etc. Todos estes países seguimos normas económicas que proveñen dun banco e un conxunto de normas administrativas politicas e normas a seguir dunha mesma institución. O suposto estado de benestar, mal organizado, a imposición do capitalismo puro está absorbendo Europa como se ve co plan Bolonia; con outros, dende o meu punto de vista estase a acabar coa suposta “democracia”, así vemos a Lei Sinde.
Deixando xa Europa e EEUU pasamos agora por China, país en vias de desenvolvemento e cun réxime comunista, mantén aos seus traballadores con salarios baixos e sen regulamentación de horas laborais cunha alta producción en cadea.
En resumo, na miña opinión; o libro abriume os ollos cara a realidade e o que nos denominamos "democracia" non é tal; o mundo está dividido en tres potencias que se reparten o globo terraqueo levando a cabo intervencións que cremos pacifistas pero que en realidade son mais violentas que a 1ª e a 2ª Guerra Mundial.
Como dixo Marx unha vez: “A relixión e o opio do pobo”; eu digo que na actualidade o opio do pobo é a democracia.
Temos que seguir loitando por que os medios de comunicación digan a verdade e non manipulen a información e temos que someter a critica institucións internacionais como a ONU, que sendo un organismo que está para regular a paz no mundo, non fai outra cousa que dar privilexios aos EEUU e que responde aos seus intereses. Nunha organizacion para a paz ten que estar formada por países que os seus votos conten todos por igual.
A sociedade ten que actuar e saber o que realmente está pasando.
Por último quixera deixar un video musical que refrexa a inxustiza dos EEUU :
Espero que a sua difusión axuda a tomar conciencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario