Andrea é un rapaz italiano que nas vacacións de verán reside cos seus avós en Sicilia (Italia), mentres que no resto do ano está na cidade de Italia cos seus pais. Andrea gustáballe moito que o seu avó, Nicola, lle contase historias sobre Arquímedes, e ir visitar diferentes lugares, en compañía do seu avó mentres lle contaba algúns inventos que levou a cabo Arquímedes. Nicola traballaba como gardabosques no Parque Nacional do volcán Etna, situado na illa de Sicilia, preto da cidade de Catania. Nicola faláballe ó seu neto das historias de Arquímedes, e o que primeiro lle contou del foi que era un neno ó que lle gustaba moito facer preguntas, todo o quería saber, e que o seu pai era un astrónomo chamado Fidias. Andrea quería saber máis sobre Arquímedes, polo tanto o seu avó contoulle os inventos que levou a cabo: o Parafuso de Arquímedes; a lei da Palanca; a Coroa de ouro do Rei Hierón; o método para contar os grans de area que existían no Universo; os espellos ardentes.
O parafuso de Arquímedes: Foi inventado no século III a.C por Arquímedes (por iso recibe o seu nome). É unha máquina, utilizada para a elevación da auga. Básase nun parafuso que xira dentro dun cilindro oco, situado sobre un plano inclinado, e que permite elevar a auga situada por debaixo do eixe de xiro. Dende a súa invención ata agora utilizouse para o bombeado de fluídos. Tamén é chamado parafuso sen fin, polo seu circuito en infinito.
.jpg)

Método para contar os grans de area que existían no Universo: Arquímedes calculou que nun gran de papoula cabían dez mil grans de area, despois calculou que nun dedo cabían corenta, grans de papoula, e que un estadio de futbol serían como dez mil dedos postos un detrás do outro, e que na Terra cabían tres millóns de estadios de fútbol situándoos un detrás do outro ata dar toda a volta ó globo terráqueo, e que finalmente o Universo sería unha esfera cen mil veces máis grande que a Terra. Calculou que o resultado sería 10 elevado a 1 seguido de 63 ceros.
Os espellos ardentes: Durante as guerras púnicas entre Cartago e Roma, Arquímedes deseñou uns espellos reflectores dos raios incidentes do Sol para defender Siracusa, incendiando os barcos romanos que se aproximaban.
Despois de todo o que lle contou Nicola, o seu neto Andrea quedou fascinado, a odia seguinte viñan os pais a recollelo para volver a casa, e o avó fíxolle un regalo a Andrea dicindolle que non o abrise ata que non saíran de Siracusa. Ao abrilo observou contentisimo de que o que lle regalara o avó era “A caixa de Arquímedes” que contiña pezas de madeira para facer un puzzle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario