O libro narra a historia que lle contan distintos persoaxes a Eva (como son o avó Curie, o avó Sklodowsky, o señor Becquerel…).
Imos comezar pola infancia de Marie. Os avós dicíanlle a Eva que os profesores estaban moi contentos con Marie porque era unha alumna exemplar moi intelixente e sobre todo moi atenta, pois o que máis lle gustaba era aprender cousas novas. Tamén lle contou a historia de cando Marie fora á universidade. Era unha historia bastante complexa xa que Marie traballaba coma institutriz e a súa irma Bronia facía o mesmo. Pero un día Bronia recibiu unha beca para ir estudar na universidade de París, e quería darlla á súa irma Marie. Esta díxolle que preferiría que fose Bronia, xa que era a maior das dúas e faríalle máis ilusión. Así pois, Bronia foi a universidade de París onde estudou mediciña, e ó acabar a carreira díxolle a sua irmá Marie que fose para alá a estudiar na Universidade. Cabe mencionar tamén que Bronia coñeceu en París a Casimir, con quen casou ao pouco tempo. Igualmente Marie vai á universidade de París e alí coñece a Pierre con quen casa. Teñen dúas fillas: Eva e Irene.
Becquerel é un vello amigo do avó Curie e cóntalle a Eva a historia da fosforescencia ou o que actualmente se chama “raios X”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario