Hal e eu. Nicholas Carr cóntanos como evolucionou a tecnoloxía ao longo da súa vida e canto tempo lle dedicou a estar online. Como investigacións que antes precisaban días polos estantes das hemerotecas e bibliotecas poden facerse agora en cuestión de minutos. Malia as innumerábeis vantaxes que nos proporciona a Rede este ten unha gran desvantaxe, así como afirma o autor, canto máis se usa este medio máis ten que esforzarse para permanecer concentrado en textos longos. Internet favorece o declive da capacidade de ler e concentrarse.
Os camiños vitais. Existiron innumerábeis teorías sobre a plasticidade do noso cerebro ¿Ao cruzar a nosa xuventude o cerebro deixa de forxar novos circuítos e de crear novas neuronas para deixar paso á descomposición a medida que o noso corpo envellece ou este é moldeable ao longo de toda a nosa existencia? Malia que ata o século XX a crenza da inmutabilidade do cerebro adulto era profunda e xeneralizada, houbo algún herexes que afirmaban que se podían construír novos circuítos neuronais ao longo das nosas vidas e os antigos podían tanto fortalecerse como debilitarse. Freud, por exemplo, defendía que o cerebro podía cambiar en resposta ás experiencias dunha persoa, pero tódalas súas teorías foron desestimadas.
Así pois quedou unha estendida visión global que dicía que xa que o cerebro non pode cambiar, a natureza humana que xurde del queda fixa e inalterable. Non hai rexeneración, só decadencia.Quedábamos así atrapados no conxelado cemento das nosas células cerebrais.
Pero os incribles descubrimentos de Merzenich experimentando con monos e de Kandel coa babosa mariña deixan sen lugar a dúbida a porta aberta á plasticidade dos nosos cerebros.
A plasticidade das nosas sinapses harmoniza dous filosofías da mente en conflito: o empirismo e o racionalismo.
Segundo os empiristas, como John Locke, a nosa mente é unha encerado en branco, unha tabula rasa, e todo o que sabemos provén das nosas experiencias pero segundo os racionalistas, como kant, nacemos como cun modelo mental incorporado que determina a forma na que percibimos e interpretamos o mundo. Pero os experimentos anteriormente nomeados amosan que ámbolos dous tiñan razón e complementábanse.
Os nosos xenes especifican moitas das conexións entre neuronas (modelo innato de Kant) sen embargo as nosas experiencias regulan a eficacia a longo prazo das conexións (remodelación da mente de Locke).
Nancy Kanwisher (Instituto McGovern para a investigación cerebral) explica que cando as neuronas perden a súa fonte habitual comezan a responder ao mellor substituto, é dicir, se unha persoa perde a visión a parte do seu cerebro que se dedicara ao procesamento visual non se apaga sen máis, senón que rapidamente é absorbido polos circuítos utilizados para o procesamento auditivo e se a persoa aprende a ler braille, a cortiza visual distribuirase para procesar a información recibida a través do sentido do tacto.
Moitos científicos conseguiron demostrar a grande plasticidade do cerebro. Un exemplo é Pascual-Leone que demostrou mediante un experimento que o cerebro dos participantes cambiara en resposta a accións que só se había producido na súa imaxinación, é dicir, como resposta aos seus pensamentos. Neurolóxicamente somos o que pensamos.
Pero a maleabilidade do cerebro poder ter tamén inconvenientes xa que aínda que a neuroplasticidade proporcione a escapatoria ao determinismo xenético tamén impón a súa propia forma de determinismo ao noso comportamento. Os malos hábitos poden arraigar nas nosas neuronas con tanta facilidade como os bos. Parece irónico que o cerebro, embalado coidadosamente na caixa de oso que é o cranio, non nos de ningunha sinal sensorial da súa existencia: sentimos latexar os nosos corazóns, expandirse os nosos pulmóns, revolverse os nosos estómagos, pero o noso cerebro, falto de mobilidade e terminacións nerviosas, é imperceptible para nós.
As ferramentas da mente. Durante a maior parte da historia humana, as persoas experimentaban o tempo como un fluxo continuo e cíclico. Non había ningunha necesidade especial de medir o tempo con precisión ni de fragmentar un día en cachiños. Pero na segunda metade da Idade Media, os monxes cristiáns, cuxa vida xiraba arredor dun rigoroso horario de oración, esixían unha medición máis precisa do tempo. A partires de entón, as badaladas comezaron a marcar os patróns dos pobos e cidades.
Grazas ao inevitable avance do comercio e a industria empezou a necesidade de que houbese a mesma hora en tódalas partes. Entón, no século XIV o reloxo mecánico converteuse nalgo común, unha ferramenta case universal para coordinar o complexo funcionamento da nova sociedade urbana. A proliferación de reloxos públicos cambiou a forma de traballar, comprar e actuar.
O mapa e o reloxo cambiaron indirectamente a lingua, ao suxerir novas metáforas para describir os fenómenos naturais. Outras tecnoloxías intelectuais cambiaron o idioma de forma máis directa, e máis profundamente, alterando de feito a nosa forma de falar e escoitar ou de ler e escribir. Posto que a linguaxe é, para os seres humanos, o principal vaso do seu pensamento consciente, en particular as formas superiores de pensamento, as tecnoloxías que reestruturan o linguaxe tenden a exercer maior influencia sobre a nosa vida intelectual.
A páxina profundizada. Cando a xente comezou a escribir facíano con sinxelas marcas sobre taboíñas de madeira, pedras lisas, tiras de cortiza, tela ou cerámica. Máis adiante isto cambiouse por taboíñas de arxila, pero este método era traballoso, as taboíñas pesaban moito, eran fráxiles e non había moito espazo onde escribir. Logo pasouse ao papiro e por último aos códices ou libros antigos. Como cada vez a simboloxía da escritura era máis sinxela (cambio da scriptura continua sen espazos a pór espazos entre as palabras) e máis xente podía gozar da súa lectura sen que fose un longo traballo de descodificación.
Ler un libro significaba practicar un proceso antinatural de pensamento que esixía atención sostida, ininterrompida a un so obxecto estático. Tiveron que estrear o seu cerebro para que fixese caso omiso a todo canto sucedía ó seu redor, resistir a tentación de permitir que o seu enfoque pasara dunha sinal sensorial a outra.
Cada vez eran máis os privilexiados que desfrutaban do arte da lectura así que cada vez contratábanse máis escribanos nos mosteiros que aumentaran a produción de copias dos libros. Pero Gutenberg viu a oportunidade de automizar a produción de libros cunha máquina de impresión así que construíuna. Moi rudimentaria en comparación coa actualidade pero una moderna substitución dos escribanos. Isto introduciu de cheo o libro na vida cotiá.
Agora as novas tecnoloxías desprazan ao libro como este fixo coa tradición oral e os nosos circuítos neuronais volven a redeseñarse.
Un medio da natureza máis natural. A evolución dos ordenadores dende o seu pioneiro Tuning ata hoxe, no que o tempo e costos reducíronse un 99'9%, no que a creación de páxinas webs e o e-mail deixan atrás o correo tradicional e a prensa impresa.
As primeiras páxinas webs eran moi sinxelas e só incorporaban texto pero pouco a pouco fóronse engadindo imaxe, sinxelas animacións, sons e, por último, o vídeo. As melloras en todos estes campos non agardaron moito. A Rede distínguese da maioría dos medios de comunicación de masas que substitúe nunha característica evidente e moi importante: é bidireccional.
Actualmente, estamos inmersos nunha infinidade de canles de distribución e intercambio de información, fotos, cancións e todo tipo de redes sociais (as veces, antisociais).
Atopamos o problema de que a xente pasa un 30% do seu tempo de ocio en Internet (os chinos un 44%), sen contar teléfonos móbiles ou computadoras de peto. As cifras aumentan cada vez máis a presa. A maioría dos habitantes de Estados Unidos para polo menos oito horas e media ao día diante dun televisor, un ordenador ou un móbil (con frecuencia dous ou tres simultáneamente).
Agora, a Rede é unha navalla multiusos xa que absorbe un medio e o recrea a súa imaxe e semellanza. Mediante a combinación de diferentes tipos de información nunha pantalla, Internet fragmenta máis os contidos e interrompe a nosa concentración máis aínda.
A viva imaxe do libro. Malia a infinidade de vantaxes que ten o libro tradicional a pantalla cada día cómelle máis terreo. Os novos lectores dixitais estanse a converter nun competitivo substituto coas novas melloras que incorporan cada ano. Pero a lectura é moi distinta. A capacidade de concentración é case nula, a parte de que se tarda moito máis en conseguir ler un libro de extensión considerable polas innumerables distraccións que os hipervínculos ou as distintas actividades que internet nos ofrece simultáneamente ao rematar dáste de conta de que a túa capacidade de retentiva sobre o lido é moito menor.
A parte, os cambios na forma de lectura produce cambios na forma de escritura. Os autores adáptanse aos hábitos e as expectativas dos lectores. A natureza provisional do texto en pantalla tamén promete influír nos estilos de escritura. Un libro impreso é un obxecto rematado. Unha vez impreso as súas palabras son indelebles. O acto de publicar instalou tradicionalmente nos mellores escritores e editores o desexo por perfeccionar as obras que producen: escriben ca vista e o oído postos na eternidade. Pero o texto electrónico é efémero e isto pode rematar cambiando a actitude dos escritores hacia a súa obra. A presión por alcanzar a perfección diminuirá, xunto có rigor artístico que impoñía.
Así, substituíndose o hábito da lectura pouco a pouco por as ''sobras'' que atopamos por internet parece que a era da lectura masiva de libros foi unha breve anomalía da nosa historia intelectual. Ese tipo de lectura volve a súa antiga base social: unha minoría que se perpetúa a si mesma.
A forma na que a xente le e escribe xa a cambiou a Rede e os cambios continuarán, sen presa pero sen pausa, mentres as palabras dos libros segan colléndose da páxina impresa para incrustarse nas ''tecnoloxías propias da ecoloxía da interrupción''.
Mentalidade de malabarista. A interactividade de Internet dótanos de novas e potentes ferramentas coas que recadar información, expresarnos e conversar con outras persoas. Pero tamén nos convertemos en cobaias de laboratorio que accionan constantemente pancas a cambio de migallas de recoñecemento social e intelectual. A Rede atrae a nosa atención só para dispersala. O noso cerebro céntrase en estímulos simples, pastoreando rapidamente os datos hacia a conciencia para abandonalos coa mesma celeridade.
Inda que Internet convertera o hipertexto nun lugar común, as investigacións non deixan de amosar que a xente que lee texto lineal entende máis, recorda máis e aprende máis que aqueles que len texto adobado de vínculos dinámicos.
Dada a plasticidade do noso cerebro podemos supoñer que os circuítos neuronais dedicados a explorar, filtrar e realizar múltiples tarefas estanse a ampliar e a fortalecer, mentres que os que se utilizan para ler e pensar profundamente, cunha concentración sostida, se debilitan ou erosionan. A rede ofrécenos un acceso instantáneo a unha biblioteca de información sen precedentes polo seu tamaño e alcance e facilítanos o seu ordenamento: atopar, se non exactamente o que estábamos a buscar, polo menos algo suficiente para os nosos propósitos inmediatos. O que a Rede diminúe é a capacidade de coñecer en profundidade unha materia por nos mesmos, construír coa nosa propia mente o rico e peculiar conxunto de conexións que alumean unha intelixencia singular.
A Igrexa de Google. Neste capítulo revélasenos o funcionamento da grande empresa de Google dende os seus inicios, cando Larry Page e Sergey Bring, graduados de Stanford, deseñaron un sinxelo motor de busca. Cóntanos como ao ver o seu éxito na universidade conseguiron un inversor e fundar unha pequena empresa e como logo, coa introdución de anuncios textuais fixéronse millonarios. Canto máis aumenta a velocidade de datos de internet, Google non deixa de aumentar a súa calidade de escolma de datos.
Esta empresa vai moito máis alá do ánimo de lucro. Tenta usar a tecnoloxía para resolver problemas que nunca antes se poderan resolver. Discútese se é verdade ou non que Google pretenda crear intelixencia artificial, pero danos argumentos que confirman que un ordenador é máis parvo que un corcho e que, polo momento, queda moi lonxe do noso alcance.
Busca, memoria. Dende hai séculos discutiuse a importancia da memoria nos seres humanos. Antes era tremendamente valorada, agora cada vez máis en desuso. A xente case deixa de esforzarse en recordar calquera cousa porque calquera información pódese recadar en Internet ao instante. Clive Thompson, redactor de Wired, suxire que mediante a descarga de datos de silicio, liberamos a nosa propia materia gris para as tarefas máis relevantemente humanas, como deixar voar as ideas e soñar esperto. A memorización é unha perda de tempo.
Estudase a memoria a curto e longo prazo: ¿Por que existen recordos que desaparecen ás poucas horas e outros que duran toda a vida? Un experimento de Georg Müller e Alfons Pilzecker, no 1890, demostrouse que se tarda unha hora, máis ou menos en fixar os recordos de modo que se consoliden no cerebro. Os recordos a curto prazo non se converten en recordos a longo prazo inmediatamente, o proceso de consolidación é delicado. Calquera alteración, xa sexa un golpe na cabeza ou unha sinxela distracción pode varrer os recordos nados na mente. Ademais, no 1960, un experimento deu como conclusión que os recordos a longo prazo fíxanse mediante proteínas que desempeñan o papel de produción de cambios estruturais nas neuronas que os de curto prazo non precisan.
O crecente corpo de evidencias deixa ben claro que a memoria dentro da nosa cabeza é produto dun proceso natural extraordinariamente complexo, exquisitamente sintonizado a cada momento có entorno único no que cada un de nós vive e o patrón único das experiencias polas que cada un de nós pasa.
A cantidade de información que se pode almacenar na memoria a longo prazo é practicamente ilimitada pero ¿que determina o que recordamos e o que esquecemos?
Ese factor tan buscado é a atención. A infinidade de mensaxes que recibimos cando entramos en internet non só sobrecarga a nosa memoria de traballo, senón que fai moito máis difícil que os nosos lóbulos frontais concentren a nosa atención nunha soa cousa. O proceso de consolidación da memoria non pode nin sequera empezar. E grazas unha vez máis á plasticidade das nosas vías neuronais, canto máis usemos a Web máis adestramos o noso cerebro para distraerse, para procesar a información moi rapidamente e de maneira moi eficiente, pero sen atención sostida. Isto explica porque nos costa concentrarnos incluso estando lonxe dos nosos ordenadores.
Algo coma min. Como non, o derradeiro capítulo continúa falando das conexións do noso sistema nervioso coas computadoras. Amósanos o porqué o noso cerebro conecta tanto coas máquinas e porque tenta imitalas (igual que imita outras mentes coas que estamos en contacto). Despois de varios experimentos chégase a conclusión de que ao propoñer un problema a unha serie de persoas os que dependían dunha orientación explícita por parte dos programas de software estaban menos comprometidas na tarefa e menos aprendía. Cando adiantamos a solución dun problema mirando nos nosos ordenadores, vamos diminuindo a capacidade do noso cerebro para construír estruturas estables de coñecemento que logo podan aplicarse a novas situacións: canto máis intelixente sexa o ordenador, máis parvo será o usuario.
Queremos programas amables y útiles. ¿Por que no ibamos a quererlos? Sen embargo, a medida que vamos cedendo ao silicio la fatiga de pensar, lo máis probable é que esteamos mermando o potencial do noso cerebro de maneiras sutís pero significativas.
Unha serie de estudios psicolóxicos realizados nos últimos vinte anos revelou que, despois de pasar algún tempo nalgún entorno rural tranquilo, preto da natureza, as persoas mostran unha maior atención unha memoria máis fiel e unha cognición en xeral mellorada. Os seus cerebros vólvense máis tranquilos e máis nítidos. A razón, segundo a teoría da recuperación da atención é que cando as persoas non están sendo bombardeadas por estímulos externos, os seus cerebros poden relaxarse. En Internet non hai ningún espazo relaxante, só os interminables e fascinantes estímulos da urbe, da Rede, que son unha esgotadora e constante distracción.
Canto máis nos acostumamos aos nosos ordenadores máis dependemos de eles, máis fácil é caer na tentación de confiarlles tarefas que requiren sabedoría. Unha vez que o fagamos non haberá volta atrás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario