Leonard Berstein nace o 25 de agosto de 1918 en Nova York. Desenvolve o seu talento musical desde moi pequeno e o feito de ser xudeu influirá moito na súa carreira. Estudou harmonía, dirección e piano. En 1943 foi nomeado asistente da Filarmónica de Nova York, e transcorridos os anos seria director de setenta orquestras profesionais diferentes, destacando a sinfónica de Boston, filarmónica de Israel e Viena, entre outras. Realizou mil concertos e máis de catrocentas gravacións. Traballou en televisión en numerosos programas. En 1958 inicia tamén a serie de concertos para mozos. Compón obras teatrais coas que di conectar moi ben co público, obras orquestrais, música coral para igrexa ou sinagoga, música instrumental e música vocal, pero estas tres últimas en menor medida. Berstein foi unha persoa capaz de compor, dirixir, dar concertos e escribir libros, entre outras, sendo bo en todo e compaxinándoo perfectamente calando a aqueles que dicían que mellor seria que só se dedicase a unha cousa. Estilísticamente, os autores que máis lle influíron foron Stravinski, Copland, Blitzstein, Hindeminth e Shostakovich. A carreira de Berstein foi un todos os seus sentidos espléndida. Recibiu vinte e tres títulos académicos honoríficos, trece condecoracións de gobernos estranxeiros, trece premios Grammy, dezaseis discos de ouro ou platino, once premios Emmy e outros dez premios de televisión. Vinte e dous premios municipais e polo menos cincuenta nomeamentos de varias sociedades. Foi un home moi colaborador, tamén, coas causas humanitarias. Berstein morreu en 1990 con tres fillos e viúvo da súa muller Felicia.
Resumo global. Este é un libro que trata de resolver algunhas cuestións xerais sobre a música. É unha serie de concertos levados á literatura, que o mestre Leonard Berstein realizou ao longo dun tempo, cos que intentaba achegar a música aos mozos. Capítulo a capítulo vai resolvendo preguntas sobre esta, a través de numerosos exemplos escritos, citando compositores, obras, etc. Outro dos recursos que utiliza constantemente é a comparación. A comparación con cousas que todo o mundo entende, como obxectos, historias, ata cancións moi coñecidas. Quince capítulos que se sitúan nos anos sesenta e que nos resolven problemas como qué é un concerto, qué é unha melodía, qué significa a música, qué é a orquestación, etc.
Capítulo 1: Que significa a música? O director decidiu comezar por explicar que é a música. Faino introducindo unha melodía e asociándoa a unha historia, pero explica que se cambiásemos a historia, esa mesma música asociariámola da mesma forma, polo que a música non son historias, nin momentos, nin sucesos. Logo dinos que tamén podemos asociar a música a imaxes ou cadros, pero que a música tampouco é iso. Afirma que: a imaxe que acompaña á música vai con ela só porque o compositor o quére así, pero en realidade non forma parte da música. É un extra? Os compositores baséanse en historias ou imaxes para compor, pero que o que realmente é a música é o que che fai sentir cando a escoitas, é dicir, os sentimentos que che producen as melodías cando as oes. O significado da música está na música, non noutro sitio- di o mestre.
Capítulo 2: Que fai que unha música soe “a americana”? Algunhas melodías soan a países. Iso é porque están baseadas na música autóctona de cada lugar, o seu folclore, etc. En América ata hai poucos anos non había este tipo de música posto que é un país novo e a maioría dos compositores teñen descendencia de países europeos. Intentaron crear música propia pero só copiaban a clásica. Non foi ata que empezaron a innovar e mesturar os cantos dos negros coa música dos indios cando descubriron e inventaron a súa propia música: o jazz. Por fin conseguirán unha música que soase a americana, con innovacións rítmicas como a sincopa, e que logo foi traslada a Europa, para ser parte de composicións cultas.
Capítulo 3: Que é a orquestación? Os compositores adxudican as voces dos instrumentos, cando teñen que tocar, e o máis importante: qué instrumentos deben ser os que componen a obra. Segundo o que se queira explicar na composición, o compositor elixe uns ou outros instrumentos, e que desta forma, intenta dar un carácter específico á obra. Ponnos varios exemplos de compositores que, por exemplo, intentando recrear o son dos animais empregan diferentes instrumentos. Tamén nos explica as grandes familias da orquestra: corda, vento metal, vento madeira e percusión, e dinos que se hai unha boa orquestación non importa se a orquestra está composta de sete, ou cento sete músicos, soará igual de ben.
Capítulo 4: Como se fai a música sinfónica? A idea principal que nos transmite é que a música sinfónica baséase no desenvolvemento. A forma principal de facelo é mediante a variación. Os compositores escollen unha melodía e fanlle pequenos cambios sen modificar o esencial que fai que a recoñezamos. Pero tamén hai outro tipo de desenvolvementos como as secuencias. En esencia a sinfonía depende do desenvolvemento e o seu principio fundamental é a repetición, de forma que canto menos exacta sexa esta, máis sinfónica será a música.
Capítulo 5: Que é a música clásica? Comunmente se define polo que non é, xa que se escoitamos unha obra de jazz, sabemos que iso non é clásico. Di tamén que a música clásica debería de chamarse música exacta, xa que unha característica desta é que non varia ao longo do tempo, é dicir, os únicos cambios posibles son os que se refiren á interpretación, pero que é igual e sen variación a cómo o compositor quíxoo no seu momento. Explica que música clásica é aquela que ser refire a un momento moi concreto no tempo, o clasicismo, que comeza con Bach en 1750 e termina con Beethoven en 1900 aprox. pasando por Mozart ou Haydn, sendo Beethoven o primeiro romántico e o ultimo clásico.
Capítulo 6: O humor na música. Leonard Berstein explícanos que na música tamén é posible gastar bromas, pero como en calquera chiste, se son explicadas perden a gracia. Di que as bromas musicais deben estar feitas por música, non vale que se engadan por exemplo ruídos de coches ou bucinas, porque iso non é considerado música. Dinos, que como en todas as bromas hai diferentes tipos, e profundiza un pouco na parodia, a caricatura, etc. Algúns compositores asociaban certos instrumentos con personaxes ou situacións graciosas, como é o caso do fagot imitando a un pallaso. Na maioría dos casos, as bromas musicais proveñen de sucesos inesperados e por iso provocan a risa, aínda que sexa interiormente. Considérase a Haydn como un dos maiores cómicos musicais.
Capítulo 7: Que é un concerto? Concerto significa compañeirismo, que expresa algo así como cousas que suceden á vez. Cóntanos que hai varios tipos de concerto. Comezan a darse no barroco, con Bach, Händel, Vivaldi, e é moi característico o concerto grosso onde a principal cuestión que deben cumprir un concerto, é dicir, o dialogo entre solista e orquestra, dáse cun concertino múltiple. Bernstein vainos explicando a evolución do concerto, onde en épocas posteriores, o solista adquire maior protagonismo co único fin de lucimento. Este tipo de concertos danse no clasicismo, romanticismo, etc.
Capítulo 8: Música folclórica en salas de concerto. Cada lingua ten os seus acentos e as súas características propias, e desta forma, os compositores, segundo de onde procedan, tenderán a compor de forma que o texto se adápte ben á letra. Iso é o que fai que unha música soe a un determinado país ou lugar. Leonard Berstein fainos ver a cantidade de compositores que utilizaron fragmentos de música folclórica para logo desenvolver os seus grandes concertos e sinfonías.
Capítulo 9: Que é o impresionismo? Refírese á corrente literaria, pictórica e musical do impresionismo. Faio a través de Debussy, e a súa obra La mer. Móstranos como este compositor introduce cambios para mostrar e causar impresión. Conségueo mesturando os múltiples tipos de modos e escalas que se deron ao longo da historia da música. Con isto consegue un efecto sorprendente e moi colorido, co que consegue describir todo aquilo que se propón, sendo esta a característica principal do impresionismo.
Capítulo 10: Que é unha melodía? Melodía é aquilo que se pode cantar, e cóntanos que hai algúns autores nos que o espectador non atopa a melodía. Iso é porque se atopa nas voces interiores ou ata no baixo. Esta é só unha dos xeitos que teñen os compositores de crear melodías fabulosos. Ao longo do capítulo cóntanos outro tipo de formulas tamén moi empregadas para crear boas melodias, como o 1-2-3. Consiste en comezar cun motivo melódico, continuar cunha pequena repetición do primeiro, e logo saír disparado nun bombardeo de notas. Explícanos Berstein que hai obras que consideramos non melódicas, pero que dentro duns anos, a novas xeracións xa non pensasen o mesmo. Isto ocorre porque son obras máis complexas, contrapuntísticas, onde a melodía está máis escondida. En definitiva, unha gran sinfonía ten melodía en todas as súas voces, e esta é tal e como o compositor quere que sexa.
Capítulo 11: Que é forma da sonata? O tipo de estrutura que moitas obras levan no seu, xeralmente, primeiro movemento. A forma sonata non só se refíre ás sonatas, explica o director que unha sinfonía é unha sonata para orquestra. Este tipo de estruturas caracterízase por ser unha forma tripartita cun esquema A-B-A, onde a primeira A adoita repetirse. Este tipo de formas é moi utilizado non só en música clásica senón en infinidade de pezas e cancións. A peculiaridade da forma sonata son as modulacións que presenta. Un breve esquema desta forma seria: Parte A, na que se presenta a exposición cun primeiro tema na tonalidade da tónica e un segundo tema na tonalidade da dominante. Parte B, é o desenvolvemento onde se presentan as variacións da parte A. Parte A, onde se repite a exposición con leves cambios. Esta parte chámase reexposición.
Capítulo 12: Unha homaxe a Sibelius. O ano 1965 foi considerado o ano Sibelius, xa que se conmemoraba o centenario do nacemento deste compositor finés. Principalmente, cóntanos o director, que destacou pola súa obra “Finlandia”. Foi unha obra que reivindicaba a Finlandia libre, fóra das ordes do imperio ruso ao que estaba sometido en 1900, e de Suecia. Sibelius emprega, sobre todo, escalas para finalmente someter a música a unha especie de explosión que poderiamos contextualizar de moitas formas, pero que os finlandeses interpretan como liberdade.
Capítulo 13: átomos musicais, un estudo dos intervalos. Refírese a estes como a distancia entre dúas notas. Explícanos que significa unha oitava, unha quinta ou unha cuarta. E que un intervalo pode investirse pero que xa non será da mesma distancia senón que haberá que restarlle 9. Por exemplo, se temos un intervalo de 5ª e restámoslle 9, o que obteremos logo do invertimento será un intervalo de 4ª. Tamén nos explica que na música occidental, as escalas están formadas por doce notas que se atopan todas á mesma distancia, unha segunda menor. Como exemplo nos fala de Brahms que nunha da súa sinfonía emprégaas moito. Leonard Berstein non insiste moito neste tema xa que unha maior profundización, di, seria máis prexudicial que beneficiosa. Unicamente dános unhas nocións do tema para saber en que consisten os intervalos minimamente.
Capítulo 14: Que é un modo? Berstein trata este tema –di- a petición da súa filla, xa que cando llo explicou pareceulle moi interesante. Explícanos o que é unha escala, e que desde a época de Bach os compositores só usaban modos maiores e menores, pero que en realidade hai moitos máis modos inventados xa polos gregos. A través de moitos exemplos indícanos as principais diferenzas entre modo maior e menor, e tamén en que difiren estes cos modos gregorianos. Hai varios tipos de modos gregorianos, pero os máis usados son o modo dórico, que comeza en re, o frigio, que o fai no mi, o lido en fa, e o mixolidio en sol. Hai tres modos gregorianos máis pero que son menos utilizados e que o director simplemente cita, sen entrar en maior profundidade. Cóntanos tamén que moitos destes modos están sendo recollidos por compositores actualmente, xa que estaban en desuso, e que con eles tamén poden crearse marabillosas obras, aínda que o que normalmente escoitamos sexa sempre en modos maior e menor.
Capítulo 15: A viaxe de Berlioz. Neste último capítulo, Leonard Berstein, fálanos do compositor Berlioz e dunha sinfonía que compuxo en 1830 á cal titulou “Sinfonía fantástica”. O propio compositor descríbea como un mozo que se droga con opio nun ataque de desesperación amorosa e que sofre raras visións e estas son transformadas por imaxes musicais. Leonard asegura que ese mozo é o propio Berlioz. A sinfonía vira entorno a unha idea fixa, algo que se constantemente na obra, unha melodía que simboliza á amada. Cada un dos movementos da sinfonía é un soño, produto do consumo de opio. Ao final o mozo morre e ve o seu propio funeral. Este só é un exemplo do dramatismo da obra, que está composta con trazos totalmente contemporáneos e que ninguén se imaxina que se podería escribir tan só tres anos logo da morte de Beethoven. En definitiva, a través da música, cóntanos unha longa viaxe, que se supón que o propio Berlioz viviu.
Valoración persoal. A verdade é que pode resultar complicado buscar a relación entre ciencia e música. Eu penso que están claramente relacionadas, pois antiguamente a música era considerada unha ciencia e eu que a practico e a estudo, considero que ademais de arte é ciencia. Neste traballo buscábamos unha relación entre a filosofía da ciencia e un libro. Eu escollín este e ao rematar de lelo descubrín que había nel moita máis filosofía da que imaxinei cando o empecei. Filosofar non é máis que saber, coñecer, e se algo se plantexa neste libro é o coñecemento da música. O director, Leonard Bernstein, plantéxanos a música dun xeito cercano para que todas as persoas poidamos entendela e coñecela mellor. Quizais so filosofa el; pero aprender, aprendemos todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario