luns, 21 de decembro de 2009

"Mulleres científicas de todos os tempos" de Nuria Solsona... por Beatriz Pérez Conde.

Esta é unha presentación en power-point que presentou no remate do pasado curso 2008-2009 para Filosofía e Cidadanía. Tal como tiñamos indicado ao comezo do curso, era de lectura obrigada un libro de entre os ofrecidos nunha lista. Bea escolleu Mulleres científicas ao longo da historia de Nuria Solsona. Este foi o resultado do seu traballo, que rescatamos agora para o noso club de lectura, ao que tan animosamente se apuntou. Grazas, Bea.

Publicado por Beatriz Pérez Conde para o Club de lectura "Ai, Ptolomeo, tolo meu" do IES Otero Pedrayo de Ourense.

1 comentario:

  1. Moi interesante o traballo de Bea, sobre todo polo feito de atreverse o ano pasado a ler este libro. Mentres todos lemos os libros "suxeridos", ela decidiu enfrontarse con este, que por outra parte, a honra como persoa e, sobre todo, como muller. É unha vergonza que as mulleres foran (e aínda o son) desprazadas e relegadas dun mundo (o da ciencia) no que teñen tanto ou máis que ofrecer ca nós os homes. As causas deste "machismo" histórico non veñen agora a conto, pero...(profe, ti xa sabes por onde vou, verdade?)jeje.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar