domingo, 20 de febreiro de 2011

"La venganza de la Tierra" de James Lovelock ... por Dani Camba

Durante miles de anos a Humanidade explotou a terra sen ter en conta as consecuencias. Agora que o quecemento global e o cambio climático son evidentes para calquera observador imparcial, a Terra comeza a vingarse.
A Humanidade non só está a piques de autodestruirse senón que todas as solucións propostas ou aplicadas até agora non poden resolver o problema (a biomasa, a enerxía solar, etc.).
O profundo coñecemento do autor sobre a ciencia do quecemento global permítelle darnos unha verdadeira explicación sobre o que está a pasar e propón solucións realistas para o maior problema ao que tivo que enfrontarse a Humanidade. Nesta apaixonada alegación, James Lovelock argumenta que, aínda que o cambio climático xa é inevitable, aínda non é demasiado tarde para salvarnos.
Poderíanse citar en 11 sinxelos puntos o que o autor define sobre o noso comportamento co planeta, o como deberia ser este comportamento e o camiño a seguir para levar o devandito comportamento:
1.- A nosa comprensión da Terra non é mellor que a que, no século XIX, tiña un médico do seu paciente.
2.- Existe un limiar, quizá de temperatura ou dun nivel de dióxido de carbono no aire, máis aló do cal nada servirá o que fagan as nacións para evitar o quecemento.
3.- Como civilización, somos como un toxicómano que morrerá se segue consumiéndo droga, pero tamén morrerá se a deixa de golpe.
4.- Todo comezou hai 100,000 anos, cando prendemos lume aos bosques porque nos resultaba máis cómodo para cazar. Nese momento deixamos de ser un animal máis e iniciamos a demolición da Terra.
5.- Como o Dr. Jekyl e Mr. Hyde, somos capaces de levar a cabo as máis horribles tarefas de destrución, pero tamén temos o potencial de fundar unha civilización magnífica. Hyde levounos a usar mal a tecnoloxía. Malgastamos a enerxía e superpoblamos a Terra. Pero a civilización derrubarase se abandonamos a tecnoloxía. Debemos, pois, usala sabiamente, como faría Jekyl, pensando no benestar da Terra e non só no benestar da xente. Por iso, é demasiado tarde para seguir a vía do desenvolvemento sustentable; o que fai falta é unha retirada sustentable.
6.- Agora a Terra está a cambiar, siguiéndo as súas propias regras internas, cara a un estado no que xa non seremos benvidos.
7.- O inusual da crise vindeira é que nós somos a súa causa; nada tan drástico pasara desde o período do Eoceno, fai 55 millóns de anos.
8.- A calor extra, veña da fonte que veña, tanto se procede dos gases propiciadores do efecto invernadoiro, da desaparición do xeo ártico e dos cambios no océanoo da destrución das selvas tropicais, se amplifica e as súas consecuencias multiplícanse. É coma se acendésemos un lume e para manternos quentes e seguísemoslle botando leña sen darnos conta de que se estendeu aos mobles e está fóra de control. Cando isto sucede, hai moi poucas posibilidades de apagalo antes de que consuma a casa enteira. O quecemento global, igual que un lume, está a se acelerar e case non nos queda tempo para reaccionar.
9.- O predominio do pensamento atomizado e reduccionista na ciencia-sobre todo durante os últimos dous séculos- provocou unha visión pechada e provinciana da Terra.
10.- Necesitamos, por encima de todo, recuperar o amor e a empatía pola natureza que perdemos cando nos namoramos da vida urbana.
11.- Ao cambiar o medio ambiente declarámoslle a guerra á Terra. Ocupamos o medio doutras especies, o equivalente, no internacional, a invadir o territorio doutro país.

Lovelock afirma até a terquedad que a través da nosa rutina diaria, case todos participamos da demolición da Terra, é un labor á que dedicamos todas as horas do día. A suma total de toda a contaminación que emitimos engadiu xa medio billón de toneladas de carbono á atmosfera, o bastante se os rexistros xeolóxicos do Eoceno, un período que tivo lugar fai 55 millóns de anos, son correctos e seguimos contaminando ao mesmo ritmo como para empezar a cambiar o mundo de forma tan completa que apenas un puñado dos nosos descendentes vivirá para velo.
E que se seguimos así, pensando de forma egoísta, soamente no benestar dos humanos e ignorandoel da Terra, causariamos nosa total extinción.
O que omite Lovelock, na miña opinion, é que o benestar dos humanos non abarca ao conxunto da nosa especie senón a un número cada vez máis reducido de privilexiados.
Sin embargo Lovelock expón que estruir, hábitats naturais para gañar terras de cultivo causa unha extinción comparable á asociada á extinción dos dinosauros fai 65 millóns de anos. E que a pesar de todos estas ameazas, seguimos destruíndo e parece que só nos preocupa o ínfimo, case imaxinario, risco de cancro que xeran os teléfonos celulares, as liñas de alta tensión, os residuos de pesticidas nas comidas ou a propia luz solar. E máis medo aínda nos dá calquera cousa que teña que ver coa enerxía nuclear. En realidade, preocupámonos polo mosquito e tragámonos o camelo. Quizá no máis profundo do noso corazón coñecemos a magnitude do perigo e, por iso, preferimos enfrontarnos a estes riscos menores imaxinarios antes que encarar as inevitables consecuencias da destrución.
A maioría do que nós sabemos da Terra procede de libros e programas de TV que representan ou ben a opinión dun especialista ou o punto de vista do líder dun grupo de presión. Vivimos en tempos de enconado enfrontamento, non de reflexión, e tendemos a oir só os argumentos dos grupos de presión que representan intereses específicos. Mesmo cando saben que están equivocados, nunca o admiten. Todos loitan polos intereses do seu grupo mentres se enchen a boca dicindo que falan en nome da humanidade.
Desde logo non podemos contemplar o futuro do planeta do mesmo xeito que vemos o noso futuro persoal e é descoidado non tomar en serio a nosa morte, pero é importante adoptar esa actitude respecto ao fin da civilización.
En conclusion en base ao leido, cheguei á miña propia opinion xunto o defendido por Lovelock para evitar a nosa "extinción" como o defínea.
E é que creo que o primeiro que debemos facer é tomar conciencia da importancia que ten o coidar o noso hábitat, tanto a nosa zona de residencia como a propia Terra e para iso a educación é fundamental.
Logo debemos deter a queima incesante de carbon en cantidades industriais nas grandes potencias do orbe, reducir a emisión de gases tóxicos como medidas inmediatas, debemos oxigenar o noso planeta.
Onde hai desertos debemos desenvolver irrigacións para sementar vida, en lugar de extinguila con guerras absurdas por exemplo.
E aínda que soe utópico e o será na medida que a humanidade non se decate do serio do problema. A auga, fonte de vida, dentro de 100 anos custará moito máis que o que custa un litro ou galón de combustible hoxe e esta podería ser a causa de futuras guerras como hoxe éo o petróleo.
O básico segundo a miña humilde opinión, é educar á humanidade sobre a importancia do saber convivir en harmonía e equilibrio coa natureza; se non, estamos condenados á autoextinción.

"Un mundo feliz" de Aldous Huxley... por María Pena, Lucía Bayón, Lorena Torrano

Un mundo feliz é un libro escrito polo autor inglés Aldous Huxley na década dos 40. Neste libro o autor imaxina un mundo que acaba de saír dunha guerra: "A guerra dos Nove Anos", e que consume definitivamente ó planeta, morrendo así máis do 50% da poboación mundial e destrozando practicamente a todos os países. Despois da guerra, políticos e científicos reúnense para intentar cambiar radicalmente á sociedade que había e implantaren unha nova na que todo está organizado. Toda persoa ten o seu papel e todos gozan de paz e "liberdade". Aunque esto leva a perda de bastantes valores que se tiñan anteriormente, como son a liberdade de pensamento, toda filosofía e relixión quedan abolidas e o matrimonio é algo impensable. Os supervivintes aceptan esta sociedade porque esta garantizalles paz,algo que antes non tiñan.
Para entender o libro é necesario aclarar algúns termos que neste se utilizan:
Os Alfas: a esta raza pertencen a maior parte das persoaxes principais. Son a raza principal, a que controla o mundo.
Os Betas: realizan funcións obreiras diferentes. Son os máis numerosos.
Os Epsilóns: son os membros que realizan as funcións máis degradantes da sociedade. Non teñen prácticamente coñecementos, aínda que físicamente están máis desenvolvidos.
Os Gamma: pouco desenvolvidos físicamente, e pouco respectados polas outras castas.
Hypnopedia: proceso polo cal os nenos aprenden mentres dormen, grazas o subconsciente, facéndolles escoitar cintas grabadas coas leccións correspondentes.
Capítulo 1. A novela comeza con un tour polo laboratorio. O director procede a levar ós estudantes a través do laboratorio, sinalando polo camiño incubadoras e outros aparatos tecnolóxicos designados para fertilizar e criar fetos humanos; e explicando como os espermatozoides e os óvulos son removidos do corpo humano. Logo comenza a falar do Proceso Bokanovsky, proceso polo cal múltiples bebés son xenéticamente xerados dunha célula orixinal. As castas altas, os Alfas e os Betas non son sometidos a este proceso;as castas baixas, os Gamma, Deltas e Epsilon farán traballos manuales mentres que os Alfas e Betas teñen posicións de liderato. Máis tarde o director fala do acondicionamento. Añade que todo acondicionamento apunta a facer xente como os seus destinos sociais, dos cuais non se pode escapar. O goberno usou a tecnoloxía e a ciencia para controlar a población.
Capítulo 2. Detállanse os métodos utilizados para acondicionar ós nenos pequenos. Decenas de bebés son postos baixo o sol,entre flores e libros, cando de repente sonan campás e sirenas, mentres que, descargas eléctricas lles son propinadas ós nenos. Os membros das castas baixas, futuros traballadores de fábricas, están feitos para odiar libros, xa que esto é innecesario para o seu traballo. Faise, neste capítulo, a primeira referencia a Ford que se utiliza para remplazar a Deus. Nesta sociedade futurista utilizanse mensaxes subliminales para que os nenos se enorgullezcan da súa casta e rexeiten as demais.
Capítulo 3. Saen ó patio, onde moitos nenos estan correteando e xogando a xogos eróticos. Entón o director explícalles ós estudantes que antes de Ford os xogos eróticos estaban prohibidos para nenos e adolescentes. Os estudantes sorprendense moito. Entra Mustapha Mond, controlador de Europa do Oeste, que queda cos estudantes. No seu lugar atópanse Lenina e a súa amiga Fanny. A conversación xira en torno a si Lenina terá sustituto de embarazo. Fanny regaña a súa amiga porque só está saíndo cun home, Henry, decindolle que eso non é bo para a saúde e aconsellalle que se deite con outros homes. Porque no Estado Mundial todos son de todos. Lenina dille que o intentará e confesalle o seu interés por Bernard, do departamento de Psicoloxía. Esto molesta a Fanny, xa que é un home de mala reputación, baixiño e feo(debido a un erro de creación e ademais posuía características pre-Ford). Por outro lado, falaban o Asistente e Henry(Bernard estaba escoitando) de Lenina coma se esta fose un anaco de carne, Bernard non o podía crer, pero non fala. O peor é que a propia Lenina pensa igual de si mesma.
Capítulo 4. Lenina pregunta a Bernard se a vai levar con el no seu seu viaxe a Novo México e él síntese avergoñado. Deixase saber que a Bernard lle interesa ela, pero este sinte medo de pedirlle de saír porque é un Gamma é polo tanto é baixiño e isto fai que, debido a hypnoidea, non o respeten porque asocian a estatura coa casta. Logo Bernard atópase con Helmholtz, inxeneiro emocional, e vello amigo. Ambos sinten que lles falta algo. Ao parecer estan os dous na mesma loita, aínda que en diferentes frontes.
Capítulo 5. Lenina e Henry sobrevoan un crematorio que para eles non ten nada que ver con prantos e tristezas, senón que é un simbolo de esperanza e alegria. Henry apunta que todos son útiles, aínda os mortos que fan crecer as plantas. Ninguén sinte remordementos cando alguén morre, e Lenina comenta que todo o mundo vive feliz sen importar a casta. Logo de cear, van cara o Cabaret da Abadía de Westminster onde toman soma, a cal o autor describe coma unha substancia que eleva un muro entre o universo e a súa mente. Na segunda parte do capítulo danse os detalles do grupo de Servizo de Solidariedade o que asiste Bernard cada doas semanas. É esencialmente unha reunión na que se alaba a Ford polas súas ideas e no que se espera que as persoas se unifiquen. O presidente dá o sinal do T(polo modelo de coche Ford-T), en lugar do sinal da cruz. A continuación fanse cánticos e unha especie de comunión só que con soma. No servizo participan 12 persoas de distinto sexo, o obxetivo e unificar ás 12 persoas nunha soa. Cantan ata ssentir a presencia de Ford e bailan despois. Bernard non é capaz de sentirse parte da ceremonia, cando esta remata todos se sinten rexuvenecidos e perfectos. Esta perfección elimina a necesidade de Cristiandade neste mundo. Pero Bernard non se sinte parte del.
Capítulo 6. Lenina sae con Bernard un par de veces, ela dase de conta de que él non é como os demais homes cos que sae. Bernard prefire manter conversación intelectuais con Lenina mentres pasean polo parque. Bernard pregunta a Lenina sobre os seus pensamentos acerca da liberdade, pero ela, que non pode comprender esto, sintese incómoda e decide marchar. Entón Bernard sintese frustrado ó non poder compartir os seus pensamentos con ninguén. Na segunda parte do capítulo Bernard pide permiso ao director para ir con Lenina á reserva de Novo México.Concedeselle o permiso, pero o director advirtelle que tea coidado, pois el fora unha vez ás Reservas de Salvaxes de Novo México cunha muller, que se perdeu e él tivo que volver sen ela. Tamén lle dixo a Bernard que sería enviado a Islandia se seguía comportándose mal(estando só). Na terceira parte comeza a viaxe de Lenina e Bernard. Este preocúpase porque deixou a chave do perfume aberta e iso íalle costar moi caro. Chama a Helmholtz para que a cerre e entérase de que o director pensa mandalo a Islandia tan pronto como atope un sustituto. Bernard e Lenina entran na reserva e son deixados cun salvaxe que fara de guía.
Capítulo 7. Mentras visitan a reserva ven a un señor maior, Bernard explica a Lenina que eles nunca viran a alguén así porque no seu país (no mundo feliz) elimináranse a dor e o sufrimento e con esto tamén o envellecemento. Logo observan unha ceremonia Cristiano-India, sorprendíanse dos sacrificios de sangue e pola utilización nestas ceremonias do sinal da cruz en lugar do sinal do T. Bernard está fascinado mentres que a Lenina todo eso repugnaa e bebe soma. Atópanse con Jonh quen lles explica que naceu dunha muller, así como Lenina á cual rescataran os nativos. Bernard chega a conclusión de que jonh é o fillo de muller que o Director deixara na Reserva 25 anos antes. Despois coñecen a Linda, a nai de Jonh, que se alegra de ver xente civilizada de novo, falalles dos intentos que ten feito para que Jonh se civilizase, mais tiña fallado nos seus intentos, dis que porque o seu fillo pasa demasiado tempo cos indios. Bernard pensa en levalos consigo, xa que esto pode axudalo a que non o transladen a Islandia.
Capítulo 8. John explicalle a Bernard como é a vida na vila india. Cóntalles que as mulleres da vila déranlle unha paliza a súa nai porque esta se deitaba con todos os homes da vila. John e Bernard comparten o sentimento de sentirse illados polas súas respectivas culturas. Bernard invita a John e Linda a ir con eles a Inglaterra. O propósito de Bernard é o de utilizar a John para manipular ó Director. Jonh alégrase cando escoita esto, porque a súa nai faloulle moito deste mundo.
Capítulo 9. Lenina está impresionada co que viu, así que toma unha grande dose de soma, a cal deixaa durmindo durante 18 horas. Bernard aproveita para chamar a Mond e así arranxar todo ó que respecta a visita de Jonh e Linda a Inglaterra. Mentras Bernard está fora da casa na que se hospendan, John séntase na cama onde Lenina está a durmir e pensa no fermosa que é. Jonh sinte que está namorado dela. e este amor é a representación do conflicto central entre a sociedade india e o mundo utópico do mundo feliz, versión do amor shakesperiana de Romeo e Xulieta. Cando John escoita que se achega o helicóptero de Bernard, levántase e sae a recibilo.
Capítulo 10. Henry e o Director prepáranse para recibir a Bernard e comunicarlle que pensan mandalo a Islandia. Na sala de Fertilización e diante de todos os traballadores o Director reprocha a Bernard o seu comportamento e pregúntalle se hai algunha razón para que non sexa enviado a Islandia, él responde que si e fai pasar a Linda e a John. Linda recoñece ao director, el empurráa e ela berralle e repróchalle que a deixara na Reserva estando embarazada. Jonh arrodíllase ao tempo que o chama padre. O Director, avergoñado sae da sala. Bernard é salvado do traslado, polo momento.
Capítulo 11. Obrígase ao Director a abandonar o seu cargo. Linda comeza a consumir moito soma, cousa que preocupa ó seu fillo. Bernard faise famoso por ter no seu control ao salvaxe (John), e comeza a ser respectado ata polos seus superiores. Bernard aproveita estes momentos de fama para estar con cantas mulleres desexe, toda esta fama faino actuar con arrogancia. Logo pónse a criticar a sociedade con Mustapha, que lle dí como mellorala. Bernard deixa de falar con Helmholtz, pois cre que este sinte envidia da súa recen adquirida fama. Trata de facer de Jonh un home civilizado, pero este négase a inxerir soma. Lenina ten unha cita con Jonh, van a ver unha película e Jonh síntese ofendido pola moral do filme, porque aínda que se trata dos costumes do mundo feliz, non son os seus costumes. Leva a Lenina a súa casa onde esta consome soma para liberarswe da frustración que sentía por non poder pasar con John toda a noite. El marcha para a casa e comeza a ler Othello.
Capítulo 12. Bernard fai unha festa con persoas importantes. Cando vai buscar a John este négase a saír e cando Bernard dá a noticia é humillado polos seus invitados. O que sería un gran día convértese nunha pesadilla. Entón Bernard dase conta de que se todos foron amables con el non era polos seus méritos, senón polo seu acceso ó salvaxe. Noutro lugar esta Mond lendo un libro científico para dar a súa aprobación para que poida ser publicado.Rexeita o libro. Bernard comeza a tomar grandes cantidades de soma para evadirse da realidade que lle tocou vivir esa noite. Disculpase entón, con Helmholtz, que se enzarza nunha serie de lecturas e discusións intelectuais con John.
Capítulo 13. Lenina segue pensando en John e esto vólvese incontrolable para ela, ata o punto de que Henry cre que esta enferma. Lenina fala coa súa amiga, Fanny, quen lle aconsella que se deite con outros homes e se olvide de Jonh, ou que vaia directamente a habitación deste. Lenina vai ó cuarto de Jonh e este dille que a ama, ó que confunde a Lenina que comeza a espirse e intentar bicar a Jonh tratando de seducilo. Ó primeiro Jonh sorpréndese, pero despois enfurécese tanto que Lenina vese obrigada a refuxiarse no baño. Sona o teléfono e informan a Jonh de que a súa nai esta no hospital e este sae a vela. Neste intre, Lenina aproveita para coller a súa roupa e saír.
Capítulo 14. John visita a súa nai no hospital que esta morrendo. As enfermeras sorpréndense moito, xa que nesa sociedade na que ninguén se procupa pola morte; ninguén vai ó hospital a visitar ós enfermos. John trata de espertar a súa nai que está inconsciente,pero non é capaz. Síntese moi só. Un grupo de nenos Deltas son levados ao seu acondicionamento de morte, cando ven a Linda burlánse dela ao que John responde collendo a un deles e tirandóo. A enfermeira rífalle. Linda, nun estado de semi-consciencia pregunta por Pope. Todo se torna en malos recordos para John que comeza a sacudir a súa nai coa esperanza de que o recoñeza. Esta comeza a tusir e afogarse, John vai en busca dunha enfermeira, pero cando volve con ela súa nai xa falecera. John chora desconsoladamente.
Capítulo 15. Ó saír do hospital atópase con grupo de Deltas que esperan a súa ración de soma diaria. De pronto entende que a súa razón de chegar a aquel mundo era liberalos. Interrumpe a repartición de soma e dilles aos deltas que é un veleno, non entenden o que quere decir e reclaman o seu soma formándose unha pelea. Chega a policía e comeza a rociar soma en aerosol, de pronto, todos comezan a abrazarse. John, Bernard e Helmholtz son levados onde Mustapha.
Capítulo 16. Mustapha conta que no mundo feliz todo o vello é innecesario, pois contén emocións e pasións, ás cales son desestabilizadoras. Tamén fala das castas, cada casta ten a súa intelixencia modificada e condicionada, polo que todas as persoas son felices co traballo que desempeñan. Mustapha apunta que se a sociedade estivese formada só por Alfas sería un caos, porque todos se pelearían polos mellores traballos. Informa a Bernard e a Helmholtz de que os enviará a unha illa, tal como se fai coas persoas que adquiren individualidade, xa que poden inestabilizar a sociedade. Helmholtz decide ir ás Maldivas. Bernard comeza a discutir e sacano da habitción.
Capítulo 17. Continúa a discusión, pero agora entre Mustapha e John. Mond admite que non só a ciencia e as artes son sacrificadas pola felicidade, senón tamén a relixión. O controlador, Mustapha, recoñece que, persoalmente cre en Deus, pero que a sociedade non o precisa, debido a eterna xuventude, a felicidade e a saúde. John di a Mond que é natural crer en Deus, Mond está de acordo, pero dille que a xente pensa en Deus cando estan sós, e nesa sociedade moderna ninguén está só. Jonh frustrado, conclúe dicindo que a sociedade tería máis carácter se houbese bágoas de cando en cando.
Capítulo 18. John comunica a Bernard e Mustapha que pediu permiso para ir con eles a algunha illa, pero este permiso foille denegado. Buscando soedade, John vai a un faro abandonado onde fai a súa casa. Pasa a noite de rodillas, en ofrenda ós Deuses para así ser digno de poder habitar o faro; decide vivir coma un ermitaño. Comeza a facer frechas e arcos para poder cazar; fai un xardín para ter comida, mentres, comeza a cantar, pero acordase de súa nai e deixa de facelo. John enfádase con el mesmo e comeza a golpearse. Uns traballadores Deltas veno e contanllo a todos no pobo. Tres días despois os reporteiros chegan a ver o que sucede tratando de conseguir unha entrevista. Jonh agrede ós reporteiros e estes marchan; todos, excepto un, chamado Darwin Bonaparte que escondido graba todo o sucedido. Comeza a chegar xente ó faro que lle berraba, entón chegan Henry e Lenina. Esta comeza a falar con John, pero él non escoita nada polo ruído que fai a xente. A confusión fai que corra ata onde esta Lenina desesperado por matala. O xentío comeza a cantar e bailar, e John únese a eles. Horas despois John esperta dun soño inducido por soma. Cando os reporteiros entran no faro atópano colgado das escaleiras. Jonh suicidárase, fancendo fracasar así o experimento de Mustapha que aínda quería civilizalo.
Valoración. Este libro ensínanos que non podemos esquecer os nosos valores éticos e morais, e que aínda que unha sociedade planificada e en equilibrio poida ser posible, non debemos conformarnos con ter únicamente un mundo feliz, senón esforzarnos por facer posible un mundo no que non falte a beleza, a ciencia ou a relixión, e que este o mesmo tempo sexa feliz. É un libro moi interesante, capaz de sorprender ó lector, aínda que, en ocasións, é un tanto difícil de entender.

venres, 26 de novembro de 2010

La venganza de la Tierra de James Lovelock... por Sara Vázquez

O arrequecemento global, un tema moi usado estes últimos anos. Pero poida que chegue ás bocas de todos demasiado tarde. As desesperanzadas teorías de James Lovelock afírmano. Este, agora recoñecido científico, anunciaba fai décadas nosa rápida destrución da Terra coa hipótese Gaia, denominada así en honra á deusa da Terra. Esta teoría, tamén defendida por Lynn Margulis, postula que o noso planeta actúa como un organismo vivo, actuando no seu propio beneficio, auto regulando as súas condicións esenciais como a temperatura ou a súa composición química.
''A Terra é unha tía moi dura'' declara J. Lovelock “pero non aguanta o noso peso”.

O noso mundo está enfermo, e nós somos o virus que o está matando. Sen querelo, declarámoslle a guerra a Gaia. Así que, chegará un día en que ela se canse e opte por recuperarse cunha nova glaciación, como xa fixo antes.
Pero, como parar isto? Como curar a Gaia? O primeiro paso para arranxalo é recoñecer o problema. Temos que comprender a cuestión, sacar as conclusións correctas e despois facer algo respecto diso. Pero segundo os coñecedores no tema, cruzamos o punto de non retorno. Xa pulsamos o botón da catástrofe. O arrequecemento global, e en consecuencia o desxeo , é un dano irreversible. Aínda así, se reducísemos ao mínimo as emisións de CO2 poderiamos diminuír a subida de temperatura evitando así os estragos como a subida do nivel do mar ou a desaparición da vida mariña. Con todo non podemos apagar a nosa civilización baseada nos combustibles fósiles e no alto consumo de enerxía sen estrelarnos. E aínda crendo que iso fose posible a Terra tardaría mais de mil anos en recuperarse por completo.
Todo o egoísmo humano tratou de utilizar a Gaia no seu único e exclusivo beneficio. Explotándoa pensando na nosa comodidade e intereses. Por isto, agora ela ameázanos coa pena capital: a extinción. As probas chégannos dos observatorios de todo o mundo e fálannos dun cambio inminente no noso clima cara a outro que pode ser facilmente descrito como un inferno: tan quente, tan letal, que só un puñado dos miles de millóns que hoxe poboan o globo sobrevivirán. A pesar das nosas intencións deixamos o planeta feito un desastre. E ata agora, cando xa divisamos o final, seguimos falando de desenvolvemento sostible e enerxías renovables, coma se Gaia fose considerar esas pobres ofrendas como un sacrificio aceptable.


mércores, 10 de novembro de 2010

"Como descubrimos o petróleo" de Isaac Asimov... por Lois Anxo Cid.

Serendipia de ...Royston Roberts por Ínigo Isequilla.

SERENDIPIA ou descubrimientos accidentais da ciencia. O autor de este libro é Royston M. Roberts, falecido en 1996, natural de Austin, Texas, EUA. Estudou química (o que explica o seu grande interés polos descubrimentos propiamente químicos). Nada máis rematar a carreira estableceu o seu grupo de investigación. Durante toda a súa vida escribiu articulos, e algún que outro libro. Éste do que estamos a falar publicouno xa na súa época tardía, tras unha investigación que fixo sobre os descubrimentos que aparecen no libro, entrevistando incluso aos propios cientificos.
Neste libro o autor fala basicamente da gran cantidade de descubrimentos importantes que se realizaron por mera casualidade. O autor diferencia dous termos para a fortuna dos descubrimentos: a serendipia propiamente dita, que pode xurdir de estar probando un experimento, que algo non saia ben e tras investigar o que saiu “mal” se faga un descubrimento; e por outro lado está a pseudoserendipia, que consiste en que un cientifico este intentando atopar algo para a súa teoría, e o atopa con el de súpeto sen que ocorrese o que el quería. En resumo, grosso modo podería dicirse que a serendipia é pura sorte e a pseudoserendipia é unha sorte como recompensa a unha búsqueda de algo.
O seu obxectivo é o achegamento a nós dos feitos que deron como resultado avances importantísimos. Con este achegamento, o que nos está dicindo o autor é que sexamos persistentes nas nosas investigacións porque calquera día podemos chegar a unha conclusión que pode ser unha gran novidades para a humanidade.
Ao final do libro, faise unha relación a unha cita de Pascal que di: “As sementes do gran descubrimento están constantemente flotando arredor nosa, pero só botan raíces nas mentes ben preparadas para recibilas”. Esto nos vén a dicir que calquera non pode facer estos descubrimentos, senon que solo aqueles que estén preparados para afrontar os “inconvintes” da súa investigación; ou sexa que calquera “pringao” non sería capaz de facer un gran descubrimento, pois simplemente se ceñiría ao que el pensase, e non estaría aberto a novos resultados. Tamén se pode ver dende a perspectiva de Albert Szen't-Gygory: “O descubrimento consiste en ver o que todos viron e pensar o que nadie pensou”. En esencia é o mesmo, pero con outras palabras.
Este libro pareceume moi interesante xa que nel se describen descubrimentos importantísimos para a historia tales como a penicilina de Alexander Fleming ou o descubrimento da dinamita por parte de Alfred Nobel (e como se crearon os premios Nobel). Parece mentira como uns descubrimentos tan importantes tivesen lugar dun modo tan curioso. Pareceume un libro relacionado coa filosofía moi marcadamente, xa que en todos os descubrimentos, os científicos buscaron o porqué dos sucesos, a orixe, como faría calquera filósofo.

SEGUNDA EDICIÓN DO CLUB DE LECTURA

Trala exitosa experiencia do curso pasado, neste curso 2010-2011, volvemos a retomar a iniciativa dos clubs de lectura desde a asignatura "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía". Nesta ocasión os alumnos-as participantes son en total 26, todos eles nesa asignatura de 2º de Bacharelato (dos grupos A, C, D, E): Cristopher Álvarez Martínez, Lucía Bayón Álvarez, Daniel Camba Lamas, Lois Anxo Cid García, Pablo Cid Iglesias, Gabriel Enrique da Aira Rodríguez, David Dios Salgado; Cristina Dorrego López, José Luis Fernández Taboada, Juan José González Iglesias, Adrián Grande Gómez, Íñigo Julián Isequilla Román, Borja Lorenzo Calviño, Noé Martínez Iglesias, José Manuel Nóvoa Iglesias, Lucía Eloísa Parada Casas, María Pena Méndez, Rubén Pérez Martínez, Víctor Rodríguez Corto, Óscar Rodríguez Domínguez, Anabel Rodríguez Rodríguez, Bruno Rodríguez Rodríguez, Jorge Rodríguez Sanmiguel, Yanira Sousa Iglesias, Lorena Torrano López, Sara Vázquez Martínez.
En canto ao profesorado que amosou xa no pasado curso seu interese e disposición para colaborar: Susana Iglesias Rivera (vicedirectora), Conchita Fernández Vázquez (coordenadora do Equipo de Normalización Lingüística), Mª Carmen Cid Manzano (profesora de Bioloxía), Elba Nieves Salgado (profesora de Inglés) e a incorporación de Marisa García Expósito (profesora de Matemáticas).

Queiran os ventos sernos propicios nesta nova singradura.