Resume: Robert Langdon descobre a proba da reaparición dunha antiga hermandade secreta coñecida como os Illuminati: a máis poderosa organización secreta da historia, e é agora cando decide vingarse la súa histórica inimiga: a Igrexa Católica (a cal durante centos de anos perseguíu ós chamados iluminados e asasinounos).
Cando Langdon se entera de que os Illuminati esconderon na Cidade lo Vaticano a arma máis perigosa que pode existir (no libro,é creada antes no CERN, a chamada antimateria ou partícula de Deus) e que a vai acabar coa Igrexa;diríxese a Roma e coa axuda da científica italiana Vittoria Vetra, comeza unha viaxe a contrareloxo a través de tumbas selladas durante séculos,catacumbas,catedrales e igrexas secretas...onde,ó longo de centos de anos os Illuminati foron deixando pistas para chegar á chamada Igrexa da Iluminación.
Ó mesmo tempo o asasino vai matando ós catro preferiti para ser elexidos Papa e marcaos con ferros que teñen grabados os catro elementos (ambigramas): Terra (Earth); Aire (Air) e Lume (Fire); Auga (Water). Langdon persegue ó asasino para intentar salvas ós cardenales mentres a garda suíza e a policía tratan de atopar a antimateria dentro do Vaticano.Consegue salvar a algún dos cardenais? Cal será o futuro do Vaticano?
Este libro foi levado ao cinema: Anxos e Demos foi estreada nos Estados Unidos e en España o 15 de maio de 2009. O director, Ron Howard (quen tamén dirixíu o filme O Código da Vinci, baseado na novela e primeiro best-seller de Dan Brown), estreou a esperada película en maio de 2009, a cal tivo un enorme éxito. Malia a estar baseada na novela homónima do ano 2000 do fantástico autor Dan Brown, no filme,os sucesos ocorren de maneira algo distinta ó libro.
a) No libro, Robert Langdon (Tom Hanks) é chamado polo CERN, mentres que na película é chamado polo Vaticano.
b) No libro, o científico que morre no CERN é o pai de Vittoria Vetra (Ayelet Zurer), na película é un compañeiro de investigación.
c) No filme Langdon rescata ao cardeal Baggia na fonte do catro ríos (4º altar da ciencia); na novela o cardeal morre afogado e o asenino cre afogar a Langdon tamén, tras pelear con el na fonte.
d) Na novela, O Camarlengo (Ewan McGregor) suicídase queimándose no balcón papal ao ver que todos os cardeais déronse conta da súa traizón á Igrexa e tamén por que descobre que o seu pai era o Papa que asasinou. Na película, cando se ve acurralado pola Garda Suíza toma unha vela e inmólase a si mesmo dentro da Igrexa.
e) No filme Vittoria queda no Vaticano co camarlengo, mentres que na novela acompaña a Langdon ao terceiro altar da ciencia, onde é secuestrada polo asasino e levada á igrexa de iluminación Castelo Sant'Angelo.
f) No filme, o asasino (hassasin, Nikolaj Lie Kaas) morre nunha explosión ao subir a un coche, mentres que na novela, Vittoria e Langdon tírano dun balcón no castelo Sant´Angelo.
g) No filme, o novo camarlengo regálalle a Langdon o libro escrito por Galileo, mentres que na novela, o agasallo é o diamante dos Illuminati obsequiado polo novo Papa.
h) A última marca no libro é o Diamante dos illuminatti, o cal está composto polas palabras dos 4 elementos. Na película, son chaves cruzadas mediante a cal logran decifrar a ubicacion da antimateria.
E moitas máis diferenzas entre o filme e o libro pero é recomendable que a vexades e que leades o libro, xa que son distintos en moitos espectos.
Opinión persoal: É unha fantástica novela que lle recomendo a todo o mundo que lle guste a a Arte,a Historia,os monumentos,o suspense... Non só nos mantén intrigados ata o final da obra senón que,na miña opinión, Dan Brown é un excellente escritor e encantame...porque, o "malo" sempre é quen menos o esperas e só se descubre ó final,revelando datos que se che pasan a unha primeira lectura.
É unha historia de conspiración e alta traición mesmo dentro do Vaticano (como se amosa co asasinato do Papa polo seu axudante,o camarlengo;tamén é el o que quere quedar como un heroe e contrata á hassasin para que secuestre ós preferiti...).
A pesar das diferenzas entre o libro e o filme non sabería escoller entre un ou o outro xa que cada un amósanos diferentes modos de entender a novela. Por exemplo, o libro gústame porque fala máis de Arte e da Historia dos Illuminati, mentres que no filme, o último cardeal, Baggia, é salvado por Langdon e na novela morre. Pero é unha gran obra e recoméndolla a todo o mundo.
Dan Brown: Escritor estadounidense nacido o 22 de xuño de 1964 en Exeter, New Hampshire. Licenciado na Universidade de Amherst, exerceu a docencia do inglés ata que decidiu dedicarse profesionalmente á literatura, non sen antes desenvolver durante algún tempo labores de músico e cantante de pop melódico.
Estas, xunto con outras das súas novelas como Dixital Fortress (A fortaleza dixital, 1998) ou Deception Point (A conspiración, 2001) tiveron un éxito relativo, pero o seu cuarto traballo, The Da Vinci Code (O código Da Vinci, 2003) converteuse rapidamente nun fenómeno de masas, vendendo máis de sesenta millóns de copias en todo o mundo e converténdose nun dos libros máis lidos e influentes dos últimos anos. A popularidade de Brown por mor deste título catapultou ao éxito o resto dos seus traballos, que foron profusamente reeditados e traducidos a ducias de idiomas, especialmente Anxos e Demos e O símbolo perdido.
A miña máis sinceira felicitación, Merche. Moi bo traballo de resume, valoración e comparación: un luxo para calquera que teña interese na novela ou na película. Noraboa.
ResponderEliminarPois eu fixen as dúas cousas que recomendas: vin a película e lin o libro, por este orde. Coma sempre, e aínda que a película me encantou, o libro supera con moito á adaptación cinematográfica. Tes razón cando recomendas a novela aos amantes da Arte, a Historia...pero para min as dúas claves da novela son: en primeiro lugar, o conflito entre ciencia e relixión, a eterna disputa. En segundo lugar, a simboloxía, que ao igual que o conflito ciencia/reliión está presente en todas as novelas de Brown, pero que adquire nesta especial importancia. Ademais danos unha idea a todos aqueles que queremos voar o Vaticano polos aires,jejee. É broma. Moi bo traballo. Un saúdo.
ResponderEliminar