Amosando publicacións coa etiqueta crítica política.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta crítica política.. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de maio de 2011

Reflexión persoal de Víctor Rodríguez Cordo a partir de "Rapiña Global" de Carlos Taibo.


http://democraciarealya.es/
Carlos Taibo cóntanos neste libro que a partir dunha suposta reunión de expertos nos medios de comunicación na década dos 90, acórdarase substituír as palabras "imperialismo" e "capitalismo" polo termo “globalización”.
A medida que imos avanzando, dámonos conta da mentira que estamos a vivir; dándose probas e sucesos históricos que nos fan caer na conta de que o capitalismo acaba coa sociedade:
-É a democracia e o estado de benestar unha farsa?
-Estaremos vivindo unha época de Guerra Fría supostamente acabada?
-Estará o mundo repartido entre USA, Europa, China e Rusia?
Todas estas preguntas acaban de florecer no meu pensamento facendome dudar de todo e aínda que os datos apunten a iso e non teñamos unha resposta clara o que sí se pode saber claramente é o que pasou nestes últimos 20 anos, que desenvolverei a continuación :
O capitalismo é unha corrente que está en toda a sociedade actual; e na miña opinión, fainos depender e preocuparnos unicamente do diñeiro, convertíndonos en seres egoístas e avariciosos, pensando solo no noso propio beneficio.
A expansión deste, debeuse a hexemonía que ten Estados Unidos nun ámbito global.
A deslocalización xoga un factor decisivo neste campo xa que a instauración de democracias na maioría do globo terraqueo implica unha serie de normas, leis e dereitos favorables ao traballador así, as empresas de todo o mundo mayoritariamente norteamericanas se deslocalizan cara África, é dicir, o traslado das empresas cara este lugar onde as leis fiscais e medioambiantais son favorables as empresas e éstas non teñen que pagar por contaminar, ademáis tamen se aforran costos de produción xa que aos traballadores, se lles paga un salario de 1 € diario, co que teñen que malvivir, tratados como escravos e empregando man de obra infantil que é peor pagada.
A incrible produción de bens realizados en zonas subdesenvolvidas producen uns grandes beneficios para os dirixentes importantes como son Adidas ou Nike.
Á parte deste tipo de actitude capitalista, a política exterior norteamericana definese en dúas palabras: imperialista e militar.
En que nos basamos para definir desta maneira a política exterior norteamericana? Pois moi fácil, mirando as suas actuacións por conquistar o petróleo, situado o 60 % en Medio Oriente; se miramos cara atrás, EEUU coa xustificación da súa intervención para restablecer a paz en países do Medio Oriente, empleou a sua política mitilitarista agresiva para sacar proveito é facerse con reservas de petróleo en Kuwait, Israel, etc.
Que provoca isto? Unha maior desigualdade social entre ricos e pobres.
Das últimas actuacións dos EEUU,está a invasión a Irak polo suposto atentado deste país contras as Torres Xemelgas. Na miña opinión, todo esto foi unha conspiración dos propios EEUU para poder entrar en Irak, dominalo economicamente e acadar as reservas de crudo.
Acaba todo aquí? Para nada, a expansión do capitalismo aínda vai máis alá que norteamerica e as súas conquistas “pacíficas”.
Taibo distingue do capitalismo americano, o que denomina capitalismo europeo e que consiste nun capitalismo pero non tan liberal senon que é o que coñecemos como estado de benestar pero que na miña opinión non se alonxa tanto do capitalismo americano.
O ámbito imperialista está en activo así o vemos no que hoxe coñecemos como Unión Europea (UE). A súa formación implica o que pensaban Franco e o seu exercito dos sublevados cando se sucedeu a Guerra Civil española; concebían a unha España única,total e unitaria. Se o pensamos detidamente solo hai que aplicar esté concepto definitorio a outro plano, o europeo. Así, 25 países firmantes temos: unha mesma moneda, fóra os aranceis económicos o que implica unha maior liberalizacion das mercadorías e do transporte de persoas,etc. Todos estes países seguimos normas económicas que proveñen dun banco e un conxunto de normas administrativas politicas e normas a seguir dunha mesma institución. O suposto estado de benestar, mal organizado, a imposición do capitalismo puro está absorbendo Europa como se ve co plan Bolonia; con outros, dende o meu punto de vista estase a acabar coa suposta “democracia”, así vemos a Lei Sinde.
Deixando xa Europa e EEUU pasamos agora por China, país en vias de desenvolvemento e cun réxime comunista, mantén aos seus traballadores con salarios baixos e sen regulamentación de horas laborais cunha alta producción en cadea.
En resumo, na miña opinión; o libro abriume os ollos cara a realidade e o que nos denominamos "democracia" non é tal; o mundo está dividido en tres potencias que se reparten o globo terraqueo levando a cabo intervencións que cremos pacifistas pero que en realidade son mais violentas que a 1ª e a 2ª Guerra Mundial.
Como dixo Marx unha vez: “A relixión e o opio do pobo”; eu digo que na actualidade o opio do pobo é a democracia.
Temos que seguir loitando por que os medios de comunicación digan a verdade e non manipulen a información e temos que someter a critica institucións internacionais como a ONU, que sendo un organismo que está para regular a paz no mundo, non fai outra cousa que dar privilexios aos EEUU e que responde aos seus intereses. Nunha organizacion para a paz ten que estar formada por países que os seus votos conten todos por igual.
A sociedade ten que actuar e saber o que realmente está pasando.
Por último quixera deixar un video musical que refrexa a inxustiza dos EEUU :
Espero que a sua difusión axuda a tomar conciencia.