Amosando publicacións coa etiqueta Stephen Hawking. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Stephen Hawking. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de decembro de 2011

"Historia do tempo" de Stephen Hawking ... por Andrea Fernández Novoa.


Cando vin por primeira vez a Stephen Hawking na televisión falando do Universo, a ignorancia como unha cativa que era levoume a compadecerme del, véndoo sentado na súa cadeiriña de rodas e falando (baixo a miña ignorante perspectiva) como boamente podía. A seguinte vez que o volvín ver foi na serie Os Simpsons, pero esta vez plantexeimo dun xeito distinto, xa que se saía nos bonecos que a min máis me facían rir, tiña que ser por algo (Que facía falando sobre o Universo con Lisa Simpson?). Moito tempo despois coincidín de novo con el mentres facía zapping falando sobre os cambios nas estrelas do Universo, e sendo consciente xa do seu galardón Premio Príncipe de Asturias e dous máis tamén importantes nos últimos anos, comprendín canto de importante estaba a ser esta figura para o mundo da física e do cosmos, e despois de ler (penso que non é o termo correcto posto que hai numerables conceptos que non acabei de entender ben, a pesar de que hai algúns explicados para principiantes) este libro, vexo como se pode desenvolver a mente humana, cantos temas pode abarcar sen apenas ter información deles, con qué rapidez pode asociar os conceptos que vai aprendendo cos que están xa aprendidos e sobre todo o seu fin, para qué emprega tanta enerxía e tempo en investigar: para resolver as preguntas polas que tantas persoas máis indagan… cal é a orixe do noso Universo, saber con exactitude as leis que rexen a dinámica da ciencia, da física cuántica e entre as moléculas, etc. Non é que empezase a buscar desesperadamente información sobre el e as súas obras, pero si a prestar moita máis atención cada vez que escoitase o seu nome. Quizais é que reflexiono e lle dou demasiadas voltas ao que nos sucede no día a día, pero se hai algo que me fai ver que ignorante son/somos, son as vidas de persoas como Stephen W. Hawking quen, a pesar da súa enfermidade (ELA ou esclerose lateral amiotrófica) conseguiu a Licenza en Física e, cando un médico lle diagnosticou dita enfermidade e a morte próxima deixándoo sen tempo para que acabase o doutorado no que estaba traballando, descubriu o seu enorme interese na investigación e acabou dito grado universitario, para despois traballar na Teoría Xeral da Relatividade e demostrar posteriormente que os buracos negros emiten radiación, na orixe do Universo, etc. El mesmo recoñece neste libro que o ELA non foi para el unha desvantaxe, xa que é afortunado no resto dos aspectos da súa vida. Formando parte da Real Sociedade de Londres ,da Academia Pontifica das Ciencias e da Academia Nacional das Ciencias dos EEUU, é a partir desta época cando comeza un refacho produtivo de obras científicas, infantís, películas, documentais e series que non fan máis que explicarnos as súas hipóteses e axudarnos un pouco máis a comprender as nosas procedencias (atomicamente) e ver que aínda que nós, incautos humanos, nos situamos na cúspide do sistema biolóxico que nos rodea, nin somos tan importantes aí nin significamos practicamente nada, moito menos, para o xigante escuro que abraza o noso planeta.
Reflexión da obra. Podemos abarcar amplos e amplos campos da ciencia: matemáticas, todo tipo de físicas (cuánticas, de partículas, etc.), reaccións moleculares en todas as formas que compoñen a materia do Universo; podemos coñecer todas as ecuacións de movementos atómicos, vectoriais, as masas dos planetas, as dimensións das galaxias, os xiros das estrelas, as radiacións dos buracos negros; podemos comprender todo isto e afondar moitísimo máis se seguimos con este potencial de investigación. Pero deste libro non só me quedei ca idea ou cos coñecementos mínimos que hai que ter para entender o cosmos, senón que hai que ter sempre presente que a filosofía (a filosofía persoal é á que intento referirme, á parte subxectiva) é a que nos permite ou non seguir coñecendo. É coa que, desde o meu punto de vista, decidimos seguir investigando ou non, seguir traballando para chegar á conclusión seguinte ou non, é dicir: seguir crendo ou non. É cada un o que decide seguir lendo ou quedarse aí, parar, porque para él ou ela, a verdade o é ata esa palabra e non ata a seguinte e é por iso que Hawking reflicte tan ben o seu punto de vista en prácticamente todos os capítulos deste libro, embarcándose na procura da resposta a si Deus tivo cabida á hora de crear ese algo polo que a nosa raza leva séculos intentando explicar (esta mesma pregunta tamén formulada e analizada polo propio Einstein). Entón tamén é un libro acerca de Deus ou, pola contra, da súa ausencia. Son autores e libros así os que motivan a un a seguir lendo e crecendo no campo da física, das leis que rixen o Universo, do Universo mesmo… e do trasfondo que cada un queira extraer del.

luns, 21 de febreiro de 2011

"La Clave Secreta del Universo" de Stephen Hawking... por Adrián Grande Gómez.

Como todos sabedes, Stephen William Hawking, é membro da Real Sociedade de Londres, da Academia Pontificia das Ciencias e da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos. Neste apartado dedicarémonos a tratar unha das súas novelas, realizada con colaboración da súa filla Lucy Hawking, titulada "A Clave Secreta Do Universo".
Esta novela, sitúanos nunha familia un tanto peculiar. George, o protagonista do libro, ten uns pais vegetarianos, que evitan calquera tipo de tecnoloxía e por iso viven sen televisión, sen teléfono, sen radio e sen computador (algo que apasiona ao noso protagonista). O motivo disto é que os pais de George non están de acordo coas novas tecnoloxías, nin co uso de aparellos que o único que provocan, ao seu entender, é a destrución do noso planeta.
Ademais, George ten unha peculiar mascota, un cerdito. Un día, este "fero" animal (comía todo o que se atopaba polo horto e isto provocou o seu aumento considerable de tamaño) marchouse á casa de en fronte, a cal estaba deshabitada e explicitamente prohibida para George segundo deixáronllo así de claro os seus pais, pero este, decidiu ir unha noite a pesar da negativa dos seus pais.
Atemorizado, encheuse de valor para non perder ao seu animal, e cando lle pareceu habelo visto atopouse cunha nena, Annie, unha nena da súa idade un tanto pretenciosa e moi mentireira e co seu pai, Erik. A casa onde viven é un pequeno Erik e Annie é como un museo da ciencia, e o que máis chama a atención de George é Cosmos, o computador, que se presenta a si mesmo como "o máis potente do mundo".
Cosmos, é o nome polo cal é alcumado o "ordenador mais potente do mundo" e é capaz de viaxar a calquera punto do universo rexistrado na súa base de datos, e ata de ¡descubrir e chegar a novos planetas!
Logo de xurarlle a Erik, que usará a ciencia só para bos fins, George, da man de Cosmos, descobre como se crearon as estrelas.
Cosmos explica a George que as estrelas fórmanse a partir de concentracións en xigantescas nubes de gases que se contraen debido á súa propia atracción gravitatoria. A medida que a nube encóllese, perde parte da enerxía almacenada nela como enerxía potencial gravitatoria. Esta é convertida en calor, que nos primeiros tempos da estrela embrionaria pode escapar facilmente, e así a nube de gas permanece fría. Ao aumentar a densidade da nube, faise máis difícil a saída para a calor, e así o centro quéntase. Se a nube é o suficientemente grande, o aumento da temperatura é suficiente para que ocorran reaccións nucleares polo que isto xera máis calor, e ocorre a 'combustión' de hidrogeno en helio, como no Sol.
Ao día seguinte, o profesor de George, Mr. Ripe, veo facendo un debuxo do computador de Eric e Annie en clase, e George vese obrigado a contar quen é Cosmos. O profesor Ripe manda ordena a uns matóns que vixíen a George para descubrir en que lugar se oculta a persoa que ten a Cosmos no seu poder.
Uns días máis tarde, George volve a casa dos seus veciños e grazas a Annie viaxa polo espazo mediante Cosmos, aterra nun cometa e logra ver todos os planetas e situarse na órbita de cada un deles, aínda que unha serie de imprevistos, dada a pouca experiencia dos mozos nestas viaxes sen Erik, está a piques de xogarlles unha mala pasada?
Logo disto, Annie cóntalle a George, que Erik está investigando sobre a existencia dun planeta no cal poida haber vida intelixente e os seres humanos poidan trasladarse aí, deixando así a terra no momento da súa destrución. Pero o que non sabía ningún dos 2 mozos, eran as intencións do profesor Ripe.
Un día Erik atopa unha nota, cunhas coordenadas que se semellan ás da localización dun planeta no que pode ser posible a vida das persoas, e dáse conta disto logo de realizar unha reunión entre científicos, entre os cales permitiu asistir ao pequeno George para axudalo co seu traballo sobre a ciencia, que tiña como premio un computador, polo que ao momento de achala decide comprobar se é certo ou non e introdúcese no espazo a través de Cosmos.
George, que se cheiraba algo sobre o profesor Ripe intenta detelo, pero non é posible, e Erik comproba que George tiña razón cando é absorbido por un buraco negro
Un buraco negro é unha rexión do espazo-tempo provocada por unha gran concentración de masa no seu interior, con enorme aumento da densidade, o que xera un campo gravitatorio tal que ningunha partícula material, nin sequera os fotóns de luz, pode escapar de devandita rexión.
Por sorte, George recorda que Erik estaba elaborando un libro para proporcionarlle información sobre o universo para o seu traballo de ciencia, polo que corre a buscalo por todas partes, pero ao volver atópase con que Cosmos desapareceu, e como pode comprobar observando ao fondo da rúa, isto fora obra do profesor Ripe.
George corre a darlle a noticia sobre a desaparición de Erik e Cosmos á súa nai, que á vez avisa á súa nai.
Ripe, con Cosmos nas súas mans, o computador mais potente do mundo, sente dono e amo do universo, e imaxina a se mesmo como rei do universo en moitas ocasións, pero este negábase a traizoar a Erik, polo que non cedeu nos intentos de Ripe de facer funcionar o computador?
Ripe sabía que George sospeitaba do, polo que gardou baixo chave ao computador nun recuncho da súa casa. Chegou o día do concurso de ciencia, e debíase expor todos os traballos. George, sen nada nas mans estaba preocupado polo que lle podía estar sucedendo a Erik, e nun momento de descoido de Ripe, e a que o director do colexio esixiulle permanecer alí como membro do xurado, conseguiu saír do colexio e ir a casa de Ripe a por Cosmos en compañía de Annie e a súa nai.
Unha vez recuperado Cosmos, Erik consulta o libro que Erik lle fixo a George e logra localizar a parte que trata sobre "Como saír dun buraco negro".
NOTA: Nada que caia nun buraco negro pode volver saír, polo menos na forma orixinal. Pero un buraco negro pode perder parte da súa masa. Segundo a teoría cuántica, "parellas virtuais" e partículas ás veces cobran existencia a partir do material do propio espazo. Estas partículas cancélanse rapidamente unas a outras e desaparecen. Pero se un par de partículas aparece xusto fóra do horizonte dun buraco negro, poida que unha caia dentro, para non volver saír. Se a de fóra non cae polo horizonte, entón as partículas non poden cancelarse mutuamente. Basicamente, isto "rouba" un pouco de masa do buraco negro. Ao longo de miles de millóns de millóns de millóns de anos, a perda de masa pode resultar o bastante importante para facer que o buraco negro se vaporice. O material sairía, pero non na súa forma orixinal, só como enerxía e partículas subatómicas. Esta enerxía coñécese como a radiación de Hawking, en honra de Stephen Hawking, o físico que a describiu por primeira vez.
Tras ler o que puña, George entendeu que o buraco negro iría soltando partículas de Erik ao longo de millóns de anos, polo que utilizando a Cosmos, logrou aumentar a velocidade de tempo no buraco negro producíndose así a composición de Erik, mediante as súas partículas, en apenas uns minutos, o que levaría millóns de anos compor nun proceso normal. Asombroso a que si?
Unha vez recuperado a Erik, disponse a dirixirse cara ao colexio ao concurso de ciencias, ao cal chegan xusto a tempo para a exposición do traballo de Erik e para o asombro do profesor Ripe de ver a Erik con vida.
A sobresaliente exposición de Erik sobre "Cosmos, o universo" faino gañador do concurso de ciencias e polo tanto dun computador, o cal queda controlado de uso polos seus pais, que comprenderon que para salvar o mundo deben loitar entre todos, e non basearse en culpar á ciencia dos desastres producidos e non solucionar o problema.

martes, 23 de febreiro de 2010

"Historia del tiempo" de Stephen Hawking ... por Daniel Carvajal Alonso

Non é preciso presentar a Stephen Hawking. Todo o mundo oíu falar ou viu por televisión a este famoso físico, cosmólogo e divulgador inglés que actualmente ten 68 anos. Temos unha imaxe mental del como un home en cadeira de rodas, que fala a través dun sintetizador de voz e que non pode mover case ningún músculo, por mor da esclerose que padece. Esta enfermidade foille diagnosticada con 21 anos, e dixéranlle que non viviría máis de 2 ou 3 anos, pero Hawking nunca abandonou as súas investigacións malia ese prognóstico, nin malia á súa enfermidade. Ata o ano pasado (no que se xubilou), ocupou a cátedra Lucasiana de Matemáticas da Universidade de Cambridge. Os seus importantes estudos sobre os  "buratos negros" no Universo e as súas teorías cosmolóxicas foron premiados en numerosas ocasións.
Como dato curioso, engadirei que en 1981, asistíu a unha conferencia no Vaticano sobre cosmoloxía organizada polos xesuítas, onde falou da posibilidade de que o espazo-tempo fose finito pero sen fronteiras (unha das súas teorías máis importantes, a do universo autocontido), o cal que excluiría a Creación. Xusto despois permitíuselle falar co Papa, que non asistira á conferencia, e que lle dixo que estaba ben que se estudase a evolución do universo despois do Big Bang, pero non que se estudase o Big Bang en si, pois era o momento da Creación (xusto do que estivera a falar!).
Hawking escribiu libros científicos como A estrutura a gran escala do espazo-tempo, Relatividade xeral: revisión no centenario de Einstein, 300 anos de gravidade... Pero os máis coñecidos son os de divulgacións, moito menos arduos e técnicos, como O universo nunha cáscara de noz, A clave secreta do universo (escrito xunto á súa filla), e o seu libro máis coñecido, Historia do tempo.
Neste último ofrece un rápido repaso polas concepcións do universo dende o comezo da humanidade ata a actualidade (pasando, por suposto, polo "noso amigo" Ptolomeo, que aínda que o seu modelo non fose acertado, foi o primeiro que permitía predicir as posicións dos astros no ceo), para logo internarse de cheo nas súas teorías, onde expón a relatividade do tempo para distintos observadores (de onde se extrae o famoso paradoxo dos xemelgos: “se un dos xemelgos fose de viaxe nunha nave espacial a unha velocidade próxima á da luz [...] ao regresar sería moito máis xove que o que se quedou na terra”), explica as singularidades do Big Bang e dos "buratos negros" (que, como el di, en realidade non son tan negros pois emiten radiacións), adéntrase na natureza do tempo, expón a súa teoría do universo autocontido (á que xa me referira) e remata fantasiando sobre unha teoría de unificación de tódalas demais teorías da física, á que se semella a Teoría de super-cordas que explica.
Este é sen dúbida un libro imprescindible para aqueles que busquen ampliar os seus coñecementos sobre o universo, non demasiado complicado nin demasiado básico, e ata con algunha que outra sutil nota humorística (imprescindible a súa explicación de por qué o noso mundo ten 3 e non 2 dimensións: “os animais [...] terían que trepar uns sobre outros para adiantarse”). Eu quédome coa súa explicación do principio antrópico: “Por que é o universo como o vemos? A resposta é sinxela: de ter sido diferente, nos non estariamos aquí!”.
Publicado por Daniel Carvajal Alonso para o Club de lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense, "Ai, Ptolomeo, tolo meu".