Amosando publicacións coa etiqueta Gabriel da Aira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gabriel da Aira. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de febreiro de 2011

"Como al león por sus garras" de José Manuel Sánchez Ron... por Gabriel da Aira

Este libro é unha recompilación de textos orixinais de grandes científicos e filósofos. É unha obra para coñecer sobre todo aos grandes mestres da ciencia mediante unha selección dos seus propios textos nos que explican descubrimentos e razoamentos científicos. Autores como: Platón, Aristóteles, Heisenberg, Newton, Galileo... Unha antoloxía do mellor de cada un destes xenios da humanidade.
Neste resumo vou facer referencia a uns cantos autores e obras que aparecen neste libro, para resumir algúns deses echos tanto de caracter científicos como filosóficos que máis me impresionaron, fascinaron e gustaron sen haber outra forma,xa que levaría a escribir o libro e non é o que se busca. Ademais son 72 obras as do libro de aí que resuma as que para a min son máis fascinantes e vaian resumidas obras que están repartidas por todo o libro.
-O primeiro texto dáse a coñecer a causa polo cal se lle deu nome a este libro "A garra do león" que é o nome co que se coñece un celéberrimo episodio da historia da ciencia ocurrido en Londres o 29 de xaneiro de 1697 que consistiu na presentación de dous difíciles problemas matemáticos á comunidade científica da época, establecéndose un prazo de seis meses para a resolución de ambos. Cumprido o prazo, só Gottfried Leibniz resolvera un dos dous, e por medios matematicamente penosos. O prazo foi estendido seis meses máis, cos mesmos resultados. Ao pasar un ano, un dos dous problemas seguía sen ser resolto e co outro esperando unha solución máis elegante.
Entre tanto Sir Edmond Halley deuse conta de que Issac Newton non fora informado do desafío e presentoulle os dous problemas. Resolveu en dez horas ambos, fronte aos que os seus contemporáneos fracasaran durante doce meses e publicou as solucións en forma anónima. O organizador do concurso, Johann Bernoulli, nada máis ler o texto deu por gañador a Isaac Newton, preguntando por que sendo un artigo anónimo, quen respondeu coa frase mencionada: porque recoñezo as garras do león no sentido de que só Newton podería ser capaz de resolver tales problemas e o que é máis no estilo claro, conciso, brillante e definitivo característico do científico inglés que era facilmente reconocible para Bernoulli.
-Platón: No libro aparece unha parte da obra de pláton,O timeo, unha parte na que nos comunica aspectos básicos do pensamento científico heleno como é a importancia para moitos autores científico/filósofo da súa época a xeometría,que para eles era perfecta do círculo. Nestas pasaxes do timeo atópanse argumentos en defensa do círculo e a importancia que lle dá dado que a terra é circular e que divos de dese esa forma sabendo que é perfecta.
-Heisenberg: Diálogos a través do tempo. Foi por así dicilo un diálogo por pensamentos, teorías, acumulacion de resultados do pasado que inflúen no presente. Un destes diálogos é o de Platón e Heisenberg que consistiu na influencia que tivo para Heisenberg unhas pasaxes do Timeo sobre a constitución da materia na que Platón relacionaba os elementos que forman a natureza,que tiveran como pensamento os gregos da época de Platón sobre o lume, a terra, o aire, e a auga como os catro elementos mutables da que está formada a materia máis un inmutable que era o éter,con elementos xeométricos aos que lle daba tanta importancia, unhas pasaxes que impresionaron bastante a Heisenberg e que logo contaria nunha das súas obras sobre a fascinación que provocou nel cando era novo.
-Arquímedes:¡Eureka!. Este texto sobre Arquímedes contén o descburimiento que o mesmo adoitaba ensinarnos, dicindo que o descubrira mentres se estaba bañando e que fascinado polo achado gritou: "¡Eureka!". O descubrimento coñecémolo como O principio de Arquímedes que afirma que un corpo mergullado nun fluído experimenta un empuxe igual ao peso do volume do fluído que desaloxa; e móstranos varias proposicións sobre un dos seus libros -Sobre os corpos flotantes- nos que explica basicamente formulaciones equivalentes ao principio de Arquímedes.
-Copérnico e a súa obra "As revolucións dos corpos celestes". Nesta obra revolucionaria de Copérnico que dá unha explicacion distinta á que dan tantos científicos da época do movemento dos corpos celestes como a aristotélica-tolemaica que defende o geocentrismo, na que a terra é o centro do universo e todo xira ao redor de ellla, esta teoría tamén defendida pola igrexa xa que lle viña como anel ao dedo para a súa teoría do creacionismo foi a dominante desta época e por iso supuxo unha revolución xa que copérnico defendeu por primeira vez que é a terra quen vira ao redor do sol (heliocentrísmo)
-Isaac Newton: "Principios Matematicos de Filosofía Natural". É a súa obra magna, seguramente o tratado científico máis influente xamais escrito. Nel, Newton desenvolveu un sistema dinámico baseado en tres leis do movemento.
A primeira lei ou lei da inecia: todo corpo persevera no seu estado de repouso ou movemento uniforme e rectilíneo a non ser que sexa obrigado a cambiar o seu estado por forzas impresas sobre el. Esta lei postula que un corpo non pode cambiar por si só o seu estado inicial, xa sexa en repouso ou en movemento rectilíneo uniforme, a menos que se aplique unha forza ou unha serie de forzas cuxo resultante non sexa nulo sobre el.
Segunda lei de Newton ou Lei de forza: o cambio de movemento é proporcional á forza motriz impresa e ocorre segundo a liña recta ao longo da cal aquela forza imprímese. Esta lei explica que ocorre se sobre un corpo en movemento actúa unha forza neta: a forza modificará o estado de movemento, cambiando a velocidade en módulo ou dirección.
Terceira Lei de Newton ou Lei de acción e reacción:Con toda acción ocorre sempre unha reacción igual e contraria: ou sexa, as accións mutuas de dous corpos sempre son iguais e dirixidas en sentido oposto. Expón que por cada forza que actúa sobre un corpo, este realiza unha forza de igual intensidade e dirección, pero de sentido contrario sobre o corpo que a produciu.