Amosando publicacións coa etiqueta Lucía Parada.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lucía Parada.. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de febreiro de 2011

"El crepúsculo de los ídolos" de Friedrich Nietzsche... por Anabel Rodríguez e Lucía Parada

Introdución: Libro escrito polo filósofo alemán Friedrich Nietzsche, no que, mediante unha serie de aforismos, frases e pequenos parágrafos, fai unha serie de críticas. A época que viviu Nietzsche caracterizouse por unha actitude de sospeita que se viu reflectida en numerosas teses como o marxismo, idealismo, positivismo?Na súa filosofía, Nietzsche sospeita dos valores e verdades que rexen a cultura de Occidente, e realiza unha crítica demoledora contra toda a cultura occidental, e que se centrou en tres grandes ramas: moral, relixión e filosofía. Xa no título da obra, o autor dá a entender unha das ideas do que vai expresar: o crepúsculo (decadencia, desaparición) dos ídolos (persoas, obxectos ou ideas que se admiran ou aman excesivamente).
Crítica á Filosofía: Para buscar a orixe desta decadencia, Nietzsche leva a cabo unha "mirada retrospectiva" que lle leva ata as orixes da filosofía e aos patriarcas da cultura de Occidente. Nietzsche critica e culpa a tres persoas acodes: Eurípides (que eliminou os elementos dionisíacos da traxedia grega), Sócrates e Platón, base ideolóxica do cristianismo e dos autores racionalistas. Xa que logo, Nietzsche afirma que cometeron un erro, e que os seus valores están investidos e non representan os verdadeiros valores da vida e a realidade, por iso, mediante este libro critica a estes tres filósofos mediante fragmentos ou parágrafos.
Crítica á cultura de Occidente: por considerala antinatural e antivital, que enxalza valores que en verdade deberían ser desprezados, como a dor, a debilidade ou a pequeñez. Considéraa unha moral propia de servos, que son obrigados a obedecer as normas que lle son ditadas. Para acabar con ela, o filósofo propón unha "moral de señores" que enxalce valores máis vitais como o amor á vida, a grandeza, o pracer, ou a liberación da servidume e do dogmatismo. Tamén arremete contra a relixión, por considerar que rexeita o mundo material e fomentar a moral de servos, ademais de promover a idea de pecado, que considera un insulto para a vida.
Crítica a Platón e ao dualismo platónico: Para rematar, o autor critica á filosofía. Por unha banda, critica a escisión que fai Platón da realidade, creando dous mundos distintos (mundo das Ideas e mundo das Cousas), Nietzsche considera que é o único verdadeiro: o mundo das cousas, o mundo material, é dicir, a opinión. Polo outro, rexeita a idea de Deus que tanto empregan os filósofos para expresar o máis imperceptible da realidade, cre que non existe un ser perfecto mediante o cal poidamos responder a todas as preguntas existenciais.
Os catro grandes erros:
1. Erro da confusión da causa coa consecuencia: Nietzsche critica a confusión da causa coa consecuencia. Auténtica corrupción á razón chámalle el. Este é un hñabito viejísimo, e Nietzsche cre que é un de máis grandes erros.
2. O despropósito inmortal: Denomínalle así a outro dos grandes erros: Fai isto e aquilo, non fagas isto e aquilo, ¡Así serás feliz! Baixo o seu punto de vista, un home feliz ten que realizar certas accións e recelar instintivamente doutras: A súa virtude é consecuencia da súa felicidade.
3. Erro dunha calidade falsa: De onde sacamos nós as causas? Do ámbito dos famoso, famosos que nunca demostraron con feitos.
4. Erro das causas imaxinarias: Sempre se lle imputa unha causa a todos os feitos, aínda que non a teñan. Imaxinamos causas, inventámolas para buscar unha explicación. E despois (punto 1) confúndese a causa coa consecuencia.
Ao final do libro, o autor, mediante unha serie de notas, explica algúns aforismos, a quen critican, para que nos resulte máis fácil a súa comprensión.
Opinión persoal: A nós pareceunos un libro bastante interesante, aínda que ten algunhas partes de difícil comprensión, e algunhas expresións en alemán, o libro enganchounos desde o primeiro momento, sobre todo a primeira parte. Aínda que algunhas frases sexan de difícil comprensión, axudámonos coas Notas do autor, e ao final entendemos as frases e sacamos as nosas propias conclusións de cada unha. Cando fala do problema de Sócrates fainos moita graza o xeito en que critica todos os aspectos deste filósofo, ata o máis mínimo detalle.