Amosando publicacións coa etiqueta Eduardo Punset. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eduardo Punset. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de xuño de 2013

"Excusas para no pensar" de Eduardo Punset ... por Raquel Barreiros

Este libro é unha das grandes reflexións de Punset acerca da vida e, polo tanto, un libro espectacular como os que teño lidos ata o de agora deste sabio, e ás veces disparatado, divulgador da ciencia e do seu pensamento en xeral. 
En Excusas para no pensar comeza cun prólogo no que expondo nunha pequena síntese os temas que tratará no libro fai ao lector reflexionar xa dende o principio sobre a súa condición, explicando que hoxe en día o que se busca non é a verdade senón simplemente sobrevivir; e iso fai o noso cerebro, sobrevivir, pois "ninguna de tus neuronas sabe quien eres.. ni le importa". Introduce así o libro referíndose ás sensacións que terá o lector ao rematalo, considerando que aparecerán na súa mente novos camiños que o levarán a cambiar de opinión ou de vida, é dicir, o libro servirá de autoreflexión, tamén, sobre si pensar ou deixarse levar polas escusas para non pensar coñecidas tras a lectura. Considera así varios camiños que farán no lector un maior coñecemento de reflexión sobre os temas que o abafan: O primeiro que todos estamos programados pero para ser únicos e nós mesmos podemos transformalo todo. O segundo que a felicidade está esperando para quen a busca. O terceiro que igual que a felicidade é a ausencia do medo, a beleza é a ausencia da dor. O cuarto que hai vida antes da morte. O quinto que o cerebro quere sobrevivir e non buscar a verdade, polo que escapamos do difícil a pesar de ser o verdadeiro. O sexto que a intelixencia depende da flexibilidade de criterio, a capacidade de deseño e a innovación. O sétimo que a capacidade de innovar non depende dos recursos senón do coñecemento. O oitavo que o medio de abrirse paso non só é a educación, hoxe en día é preciso moito máis. O noveno que a única diferencia sexista é que as mulleres desenvolven antes as súas capacidades, e non calquera outra diferencia límbica. O décimo que agora coñécese gracias a experimentos que a felicidade depende das relacións persoais, o control da propia vida e saber deleitarse coa mesma e, polo tanto, quedan anulados outros factores moitas veces considerados, como a renda. O undécimo que a base da parella, a educación e a vida corporativa é a confluencia entre o entretemento e o coñecemento. E, por último, que a solución para a cidadanía e a situación actual non son políticas que fan fronte aos problemas, senón políticas preventivas aplicadas con anterioridade.
Diste modo, Eduardo Punset aborda no primeiro itinerario do libro varios temas como a orixe do universo, da vida, a evolución dos mesmos e incluso a vida noutros lugares. Fai neste unha reflexión sobre a vida no seu comezo e as formas de vida dos antepasados e as actuais, utilizándoo como metáfora, en parte, ao dicir "la manera más directa de responder a estas preguntas no es só seguir reflexionando sobre elas, sino descubrir outra forma de vida, a sea creándoa no laboratorio ou buscándoa noutros planetas", é dicir, non sempre hai que reflexionar de seguido sobre algo, senón que ás veces, buscando unha alternativa, encontramos inconscientemente a mellor resposta.
No segundo itinerario centra a súa reflexión en varios ámbitos da vida, entre os que se encontra a aprendizaxe, as emocións, a educación e os xeitos de levala a cabo, e os erros. En base a isto, baixo o título "No todos los niños son iguales" cita a Curtis W. Johnson, o cal considera, de forma moi correcta, que non se debería ensinar a todos por igual, pois os rapaces son moi diferentes e facerlles aprender a todos o mesmo e do mesmo xeito, só levará a aceptación e avance dalgúns, pero a incapacidade ou desinterese de outros; continúa con esta reflexión no seguinte apartado "Sugerencias para la escuela" no que, baseándose no anterior, expón varios pasos para o ensino dos nenos: aprender a saber como se senten, empatizar cos demais, xestionar as súas emocións, executar solucións a problemas (sen seguir solucións dogmáticas) e, finalmente, aprender a saber conlevar relacións cos demais á marxe do conflito; considérase que así serán mellores os resultados académicos, comezando por ensinarlles valores sociais. Continúa neste itinerario cunha serie de apartados dedicados á aceptación dos erros e á toma de decisións, nas que ten en conta que é moi difícil tomar decisións sen errar, e moito máis aprender dos nosos erros, se non somos capaces nin de aceptalos.
Chegando así ao terceiro itinerario, Punset abre as súas portas da reflexión cara as emocións, á toma de decisións, ao amor, ao optimismo e á conciencia. Considera importante saber por que tomamos as decisións que tomamos e pregunta a economistas e neurólogos sobre o tema, encontrándose cunha unión dos dous para buscar unha resposta correcta; así, o psicobiólogo Hauser demostra con varios experimentos que existe un proceso inconsciente que nos empuxa a unha decisión ou outra sen xustificación, xeralmente cando se refire a temas morais, e que a parte frontal do cerebro, relacionada cos sentimentos, non ten relevancia na toma destas decisións e polo tanto só teñen relación cos sentimentos aquelas que nos inflúen e non as decisións sobre cuestións morais. Continúa neste itinerario cunha cuestión de amor en relación coa química, explicando que hai dúas zonas no cerebro con efectos contrarios, unha fai que vexamos ao noso amado ou amada como perfecto ou perfecta, e a outra reacciona ante a sensación de benestar xunto a esa persoa, que se se activan simultaneamente respostan a ese sentimento comunmente coñecido como namorarse.
No cuarto itinerario o escritor achéganos ao mundo do cerebro en varios aspectos, tocando a imaxinación, a memoria, a dor ou a depresión, entre outros. Debido á xenética estamos programados para ser únicos pero o noso entorno condiciónanos, e esto foi estudo durante moitos anos pois moitos consideran que todo é cuestión de xenética, algúns que todo depende do entorno e outros fan unha mestura dos dous factores, como é adecuado; explicase noutro apartado que calquera experiencia persoal deixa a súa pegada na estrutura cerebral de forma indeleble, por isto, é necesaria a compenetración de neurólogos e psicoanalistas para interpretar a realidade da forma máis completa. Cabe destacar, tamén, que o noso cerebro activa zonas moi similares ao imaxinar e ao recordar e que para el non existe diferenciación entre un dolor psíquico e físico.
Xa no quinto itinerario indágase sobre certos valores como a diferencia entre homes e mulleres, o machismo, o racismo, a pobreza, o crime, o maltrato, a infidelidade.. Así, Punset afirma que as únicas diferenzas son cerebrais e que o machismo xerado durante toda a humanidade é algo que permanece aínda hoxe en día, a pesar da negación das persoas a ser machistas ou racistas, no subconsciente.. comprobando esta afirmación cun estudo da Universidade de Chicago en disparos a brancos e negros e vendo un partido de fútbol masculino e feminino. Ademais, aborda neste itinerario o tema do maltrato facendo unha relación demostrada mediante investigacións entre o maltrato humano e o animal, demostrando que a maioría de persoas que maltrata a unha persoa, maltratou nalgún momento a un animal; e tamén, relacionando o maltrato infantil coa actitude violenta na etapa adulta, explicando que un neno que sufriu algún tipo de maltrato ou móvese nun entorno no que a violencia non é castigada, ten maiores posibilidades a ter unha actitude violenta na súa madurez.
No sétimo itinerario Punset reflexiona sobre os cambios na vida social. No primeiro apartado "La importancia de cambiar de opinión" amósase nun experimento de monos que estes, ao pospoñer unha decisión almacenan na súa memoria os datos necesarios para poder cambiar a decisión final, mais na sociedade actual, cambiar de partido, de xeito de pensar, de vestir, de vivir.. é criticado por todos, e realmente, nestes tempos de crise, o necesario quizais sería cambiar moitas cousas e aprender a vivir dun xeito máis beneficiario. É bastante interesante o apartado de "Pequeños cambios para vivir mejor" pois móstrase mediante tres exemplos como un pequeno cambio na rutina fai cambiar gran parte da vida en xeral, molestarse nun pequeno cambio pode conseguir non ter que molestarse en solucionar grandes problemas despois - para os máis vagos - e, facer un cambio cara unha visión máis optimista fará que rematemos sendo, de verdade, moito máis optimistas - para os do vaso medio vacío-.
No oitavo itinerario a reflexión acércase aínda máis á situación da sociedade actual que todos coñecemos: a crise. Toca así estadísticas para a realidade, decisións de razón ou corazón, cousas desaprendidas e sabios modernos. Considera, neste apartados, que hoxe en día podemos predicir de todo menos as nosas vidas, pois podemos saber cando ocorrerá un terremoto pero no momento de decidir canto nos gustará un obxecto ou pasar certo tempo con unha persoa, esaxeramos a situación. Fálase tamén da importancia que se lles da aos xoves no momento de estoupar unha crise pois, as persoas maiores coa súa experiencia poden predicir que sucederá en moitas ocasións pero se unha crise é realmente unha crise, é impredicible e téndese a mirar cara a xente nova para buscar solucións, pois entre outros motivos, a xente maior escapa dos problemas coma escapa dun río se ten correntes. Coñecendo esta situación e tendo en conta unha crise longa, pódense estudar os modos de toma de decisións da xente concluíndo que cando unha decisión abáfate e faite crer que non hai tempo para pensala-como ocorre en tempos de crise- deixaste levar polo corazón e non pola razón.
Case rematando, no noveno itinerario, séguense abordando cuestións para aplicar actualmente, tendo como referencia neste o Estado e a crise, de novo. Critícase ao Estado por ser capaz de ter o poder sobre toda a humanidade pero faise unha crítica cara os responsables do seu nacemento: a propia humanidade. Explicase que a base do Estado é a primeira capacidade de poder que se deu para controlar a despensa agrícola, e a orde nas rúas, e que conlevou pouco a pouco a un Estado que ten o poder da Defensa, Vivenda, Obras Públicas, Educación.. ten o poder en todo e foi creado polos que hoxe e sempre, estamos e estivemos sometidos.
E por último, no décimo itinerario, o gran Eduardo Punset indaga na felicidade e cuestionase como ninguén, en tempos anteriores, escribiu un libro sobre a felicidade e as súas dimensión. Hoxe en día pódese afirman que as sensacións son universais, só existen diferentes modos de expresalas ao pertencer a diferentes culturas e así, explica no primeiro apartado que a felicidade baséase no sentimento de ter o control sobre algo e explica o experimento de cinco ratas sometidas a descargas eléctricas no que catro morren da impotencia de non poder facer nada ante a súa situación e a outra morre dúas semanas despois, pois ela ten unha panca que se a usa ben, frea as descargas cara ela e o resto das ratas; é dicir, o feito de ter o control sobre a panca fixo que a rata sobrevivise dúas semanas máis ás descargas, grazas á súa felicidade. Punset, neste itinerario, explica que ter amigos e facer deporte mellora a saúde mental, a parte da física este último, e establece dez mandamentos para no ser infeliz, bastante interesantes entre os que destacaría o primeiro (non intentar ser feliz todo o rato), o segundo (disfrute da execución e non busque sempre a meta), o sétimo (non desprece a ninguén) e o noveno (imaxine).
Conclúese así a reseña a este marabilloso libro que presenta unha espectacular redacción, pois o feito dos pequenos títulos fai moito máis amena a lectura e os numerosos exemplos máis doada a súa posterior levada á práctica, e unha reflexión espectacular, que como ofrece o propio autor xa no prólogo, convértese nunha autoreflexión do lector que, certamente, servirá de axuda na súa mente.
Mais facendo unha pequena relación con algúns libros de Punset cabe destacar a lectura de Lo que nos pasa por dentro onde se centra en aspectos como a capacidade para coñecernos por dentro e poder controlarnos, tocados levemente neste libro no itinerario cinco "Lo que nos pasa por dentro" ou en outros apartados nos que trata as emocións ou os xeitos de ensinar aos nenos partindo de valores morais. Outro libro de Punset no que se aborda máis profundamente temas que se tocan neste, é El viaje al amor onde analiza o amor en todos os seus sentidos, dende a química cerebral - tocada neste libro no apartado "Enamorarse: cuestión de química" - a aspectos sexuais, pasando por temas de infidelidade - como neste libro en "Los motivos de la infidelidad" - e outros aspectos que aparecen tamén en Excusas para no pensar como "La inversión parental" o "Las raíces del amor". En definitiva, Eduard Punset, como escritor, aborda nos seus libros temas que forman parte da vida de calquera persoa, entre outros, e na maioría deles fala do mesmo, mais dende outra visión, ou relacionándoo con outros aspectos.



luns, 27 de maio de 2013

"El viaje al amor" de Eduardo Punset ... por José Calvo Ayuso

“Siempre me hago cruces al pensar como millones de personas de años se han enamorado y desenamorado sin saber lo que les pasaba por dentro. Yo creo que no hay nada más poético que la versión biológica y científica del amor”.
Eduardo Punset, avogado e economista que alcanzou a popularidade como divulgador científico, foi redactor económico da BBC, director económico da edición para América Latina do semanario The Economist e foi economista do Fondo Monetario Internacional. Pero durante os últimos anos, a horas intempestivas, aparecía a súa estampa de científico despistado na televisión e con voz pausada e tranquila desentrañaba todos los misterios que nos rodean nun programa chamado “Redes” que, a pesar de todo, siempre tivo una elevada cota de audiencia. A raíz dese éxito, Punset tamén empezou a escribir libros de divulgación científica. Ao principio non chamaron demasiado a atención, non eran más que recopilaciones de entrevistas e opinións recollidas no seu programa de televisión. Co tempo, sin embargo, Eduardo Punset foi formando un estilo propio de narrar o que centos e centos de científicos lle foron explicando. Nalgunos casos, incluso superando ao orixinal.
“El viaje al amor” é un libro que non desvelará nada sustancialmente novo aos que xa estén informados nos últimos descubrimentos acerca do sentimiento máis universal do home. Non obstante, Punset explica todo dunha forma particular, un tanto poética, incluso un tanto críptica, pero sen pedanterías nin soberbias, sempre dende o punto de vista dun home humilde e abrumado polo coñecemento, que ler o xa sabido faise tan levadeiro como se en realidade non se soubese.
Punset sintetiza todo, faino comprensible, como un bo divulgador, pero o máis importante e que conseguiu captar a miña atención, xa que endexamais me achegaría a una obra como esta. En “El viaje al amor” desgrana as claves do amor dende o punto de vista da xenética, o desexo sexual evolutivo, a neuroquímica, a beleza anatómica e as demais áreas do coñecemento un tanto escuras para o lector da rúa, pero sempre o intenta facer con poesía, con reflexiones líricas, engadíndolle moito da súa experiencia persoal. Unha das aportacións que Punset ofrece á ciencia do amor é unha ecuación para medilo, é unha licencia un tanto collida polos pelos, se se quiere, pero resume bastante ben a alma do libro, a fórmula é: A= (a+i+x).Traducido sería: amor é a suma do apego persoal, a inversión parental ou familiar e a sexualidade, e todo elo afectado polo entorno. Tamén dedica Punset unha parte do libro á diferenciación do amor no home e na muller. No cerebro do home, dedícase 2,5 veces más espazo ao sexo ca no cerebro da muller e para que unha muller poida acadar un orgasmo, a diferenza do home, precisa estar libre de preocupacións. En definitiva, é un libro diferente que explica algo xa sabido (por científicos). E que para Punset o amor “ten 3.000 millones de anos e xurdiu no momento no que unha bacteria preguntouse se había alguén más por aí porque non podía sobrevivir soa”.
Debo engadir, sen embargo, un pequeno descontento sobre o libro. Concretamente ao final do libro inclúese un test para avaliar a nosa capacidade para amar. Esta enquisa non se diferencia moito, dende o meu punto de vista, das que aparecen en moitas revistas do corazón, e ensombrece un pouco o rigor científico mantido dende o principio. Sería esta enquisa tal vez una esixencia editorial para captar a atención de máis lectores? Non sabería contestar a esa pregunta; pero, finalmente, dende o meu gusto, é un libro que me gustou bastante.

luns, 21 de febreiro de 2011

"El alma está en el cerebro" de Eduardo Punset... por Borja Lorenzo.

Neste libro, Punset achéganos a reflexións de grandes investigadores sobre o cerebro e as súas complexas accións,e explícanos que somos como nos dita o noso cerebro. É un libro moi interesante para as persoas que se preguntan o porqué dos nosos sentimentos, das nosas emocións dos nosos temores etc.?. os cales dependen das accións do noso cerebro.
Un dos capítulos que máis me gustou é un no que se nos explica que o inconsciente engánanos nas nosas relacións sociais no que se citan diversas teorías de Malcolm Gladwell. Por exemplo cando entramos nunha tenda de forma inconsciente imos reducindo a velocidade ata deternos polo que se o tendero pon os produtos xunto á porta non os veremos. Outra cousa curiosa é que ao entrar nunha tenda adoitamos virarnos cara á dereita sen darnos conta, de forma inconsciente (aínda que pareza mentira está demostrado cientificamente) e outra cousa máis estraña aínda é a coñecida como ?teoría de rozamiento de traseiros? e é que se unha persoa está nun tenda con corredores estreitos e a esta persoa rózanlle o traseiro sen querer esta persoa molestar moléstase e adoita marcharse da tenda. Polo que nos recomendan no libro que se desexamos crear unha tenda non debemos colocar os nosos produtos demasiado preto da porta, que debamos situar as nosas mellores ofertas á dereita e que debamos planificar o local para que os clientes non se rocen os traseiros.

domingo, 20 de febreiro de 2011

"El viaje a la felicidad" de Eduardo Punset... por Rubén Pérez.

Nun dos capítulos cóntanos que hai pouco máis dun século a esperanza de vida seguía sendo de trinta anos: o xusto para aprender a sobrevivir, se se contaba coa sorte, e culminar o propósito evolutivo de reproducirse. Non había futuro nin, polo tanto, a posibilidade de exporse un obxectivo tan insospeitado como o de ser felices. Agora por primeira vez a humanidade ten futuro e exponse, loxicamente, como ser feliz.
No último capítulo Punset dános a súa ecuación para poder calcular o grao de felicidade dun ser humano nun momento dado. Aínda que poderiamos precisar máis e dicir “dun sistema biolóxico”, posto que o autor sostén que os animais tamén poden ser felices, incluídos os unicelulares, como as amebas.
A fórmula é: F=E(M+B+P)/R+C
F é a felicidade; E as emocións implicadas nas nosas accións; M os recursos e o custo enerxético do mantemento do noso organismo; B é a procura de novos horizontes (intelectuais, emocionais, profesionais, etc.); P é o parámetro que define as relacións interpersoais. R sería o símbolo que representaría aos factores externos reductivos da felicidade. C sería o representante dos factores internos que levan á diminución da felicidade, tales como as mutacións xenéticas lesivas que producen enfermidades congénitas, o desgaste celular e o envellecemento que conducen á morte, a tensión,...
Punset sostén que ata agora o ser humano non puido ser feliz de verdade porque se deixou influenciar polas tradición platónico-aristotélica que fixo primar o predominio da racionalidade sobre a emotividade, dando moita máis importancia aos factores intelectuais e racionais que ás emocións.
Tamén define a felicidade como a ausencia de medo. Fai varios estudos e experimentos para tratar de explicar a felicidade un deles é “o experimento de Seligman”. Consistía en someter a cinco ratos cada un no seu cubículo, a unha intensa descarga eléctrica totalmente aleatoria. Un deles tiña no seu espazo unha panca que, movida con acerto, desconectaba a corrente eléctrica de todos os ratos. Ao final do experimento, todos os ratos recibiran o mesmo número de descargas e da mesma intensidade. Ás seis semanas, o sistema inmunitario de catro ratos desmoronárase; o seu sistema emocional estaba exhausto e a depresión acabou coas súas vidas. O rato que dispuña da panca morreu igual que os demais, pero meses despois.
Eu persoalmente non creo que a felicidade se poida demostrar só mediante unha simple fórmula, nin que antes non se puidese ser feliz pola curta esperanza de vida. É un libro interesante pero quizais un pouco atrevido á hora de afirmar unha fórmula para a felicidade.

domingo, 25 de abril de 2010

Sobre Eduardo Punset e algúns dos seus libros ... por Ester Julia Cano González.


Biografía de Eduardo Punset. Punset é fillo dun médico rural do Empordán. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, onde militou no Partido Comunista de España coincidindo con Jorge Semprún. Ampliou os seus estudos na Universidade de Londres, onde obtivo un máster en Ciencias Económicas, e na Escola Práctica de Altos Estudos da Universidade de París, onde se diplomó. Posteriormente foi redactor económico da BBC, director económico da edición para América Latina do semanario The Economist (1967-1969) e economista do Fondo Monetario Internacional nos Estados Unidos e en Haití (1969-1973). Tras a morte de Francisco Franco, entrou en política da man de Centristes de Catalunya-UCD. En 1978 foi elixido Conselleiro de Economía e Finanzas da Xeneralidade de Cataluña preautonómica, por devandito partido. Foi elixido deputado nas primeiras eleccións ao Parlamento de Cataluña (1980). Tivo un destacado papel na apertura de España ao exterior como Ministro de Relacións para as Comunidades Europeas (1980-1981). Tras abandonar a UCD, presentouse como independente na candidatura de Convergència i Uniu ás eleccións xerais de 1982, obtendo un escano, que abandonou apenas un ano despois, en decembro de 1983. En 1985 ingresou no partido de Adolfo Suárez, o Centro Democrático e Social. Nas súas listas foi elixido eurodiputado en 1987 e 1989, permanecendo no Parlamento Europeo ata 1994. Abandonou o CDS en 1991, logo da dimisión de Adolfo Suárez, pero conservou o seu posto de europarlamentario como independente. Durante o seu mandato no Parlamento Europeo, foi presidente da delegación do Parlamento para Polonia, tutelou parte do proceso de transformación económica dos países de Europa do Leste logo da caída do Muro de Berlín. En xuño de 1991 creou un novo partido político, Foro, que se presentou ás eleccións europeas de 1994, en coalición co CDS, con Punset como cabeza de lista. A coalición obtivo 183.418 votos (0,99%) sen conseguir ningún acta de eurodiputado. Foro disolveuse en marzo de 1995, abandonando Punset a política. En 2007 foille detectado un cancro de pulmón, do que puido recuperarse con tratamento médico. Como especialista en temas de impacto das novas tecnoloxías, foi asesor de COTEC, profesor conselleiro de Mercadotecnia Internacional en ESADE, presidente do Instituto Tecnolóxico Bull, profesor de Innovación e Tecnoloxía do Instituto de Empresa (Madrid), presidente de Enher, subdirector xeral de Estudos Económicos e Financeiros do Banco Hispanoamericano e coordinador do Plan Estratéxico para a Sociedade da Información en Cataluña. É autor de diversos libros sobre análise económica e reflexión social. Actualmente é Profesor de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade na Facultade de Economía do Instituto Químico de Sarrià (Universidade Ramón Llull), director e presentador do programa de divulgación científica Redes en Televisión Española desde 1996, presidente da produtora audiovisual Smartplanet e membro dos consellos de administración de Sol Meliá e Telvent. Tamén colabora na cadea de televisión de "A Sexta", no programa de Andreu Buenafuente, cunha presenza mensual. As súas obras máis destacadas son:
•La salida de la crisis (1980).
•La España Impertinente (1986).
•España: sociedad cerrada, sociedad abierta (1982).
•Information resources & corporate growth (coautor) (1989).
•Adaptarse a la marea. La selección natural en los negocios (2004).
•Manual para sobrevivir en el siglo XXI (2000).
•Cara a cara con la vida, la mente y el universo (2004).
•El alma está en el cerebro. Radiografía de la máquina de pensar (2006).
•¿Por qué somos como somos? (2008).
E a súa famosa triloxía: El viaje a la felicidad: Las nuevas claves científicas (2005); El viaje al amor (2007); El viaje al poder de la mente (2010).

"El viaje al amor". Neste libro Eduardo Punset presenta as claves científicas para comprender o amor, os seus condicionantes e as súas fases: o compoñente xenético, o desexo sexual, a química e a imaxinación, a elección de parella, o compromiso parental, o desamor... No seu capítulo final propón a fórmula sobre a capacidade de amar e ofrece un test para que o lector poida avaliarse.

"El viaje a la felicidad". A procura da felicidade é unha das grandes aventuras humanas. Tal como explica Eduardo Punset no prólogo, a viaxe á felicidade acaba de empezar e o seu final é incerto: Fai un pouco máis dun século a esperanza de vida seguía sendo de trinta anos: o xusto para aprender a sobrevivir, se se contaba coa sorte, e culminar o propósito evolutivo de reproducirse. Non había futuro nin, polo tanto, a posibilidade de exporse un obxectivo tan insospeitado como o de ser felices, esta era unha cuestión que se aparcaba para logo da morte e dependía dos deuses. A revolución científica desatou o cambio máis importante de toda a historia da evolución: a prolongación da esperanza de vida que xerou máis de corenta anos redundantes -en termos evolutivos.Por primeira vez a humanidade ten futuro e exponse, loxicamente, como ser feliz aquí e agora. A xente mergullouse nesas augas descoñecidas, practicamente, sen a axuda de ninguén. Agora a comunidade científica intenta iluminar o camiño. Este libro é unha lúcida e apaixonante aproximación á felicidade e os seus condicionantes. Unha indagación que nos desvela os máis recentes descubrimentos científicos ao redor deste tema, e que no seu capítulo final proponnos a fórmula da felicidade. Aquí deixo un enlace sobre un dos seus programas en Redes:

"El viaje al poder de la mente". Con este libro, Eduardo Punset pecha unha triloxía dedicada á felicidade, ao amor e ao poder, as tres claves que moven o mundo. Tras A viaxe á felicidade e A viaxe ao amor, que apaixonaron xa a medio millón de lectores, o autor invítanos a unha «viaxe íntima ao poder da mente». «Como puideron millóns de persoas, vivir, namorarse, suicidarse, querer, traballar como tolos, coidar aos seus fillos? sen saber, de verdade, o que lles pasaba por dentro, como funcionaba a súa mente?». Dar resposta a ese enigma fascinante é o obxectivo central desta obra. Para acompañar a entrada deixo esta entrevista a Punset.
P: Que é o que máis nos custa aceptar?
R: Que sabemos moi pouco do cerebro. Atribúoo a que somos o oposto dos crustáceos: eles, ao contrario que nós, teñen o esqueleto por fóra e a carne por dentro. En todo o referente á carne somos moi bos: sabemos por que se nos pon a carne de galiña, como muscular o corpo, etc. A carne énos familiar, pero o cerebro, como non o vemos, sabemos moi pouco del.
P:Cal é o maior enigma da mente?
R: O máis grande foi descubrir que estamos programados, pero para ser únicos, porque a experiencia individual tamén afecta, en contra do que se cría. Ti es o que es porque estás programada pola túa estrutura cerebral e xenética, pero es única porque a túa experiencia individual marcou a túa estrutura cerebral.
P: Por que somos tan remisos a calquera cambio?
R: Xeneticamente estamos programados para identificar os cambios e poder así sobrevivir. Iso é o curioso: estando feitos para identificar o cambio somos resistentes a cambiar de opinión. Ten que ver co peso das conviccións herdadas. E con que vemos o que cremos. Os neurólogos descubriron as disonancias, en virtude das que filtras o que che chega e inhibes os circuítos implicados na percepción cando o que che chega é contrario. Non é que che negues a cambiar de opinión, é que che inhibes, e por iso non che decatas da opinión contraria.
P: Inflúe que estea socialmente mal visto cambiar de opinión?
R: Está considerado como unha traizón ao herdado. E isto é un gran problema, por exemplo, en situacións de crises, porque para saír hai que cambiar de opinión. Por iso a manda, en tempos de crises, recorre aos máis novos; son os que deberían estar máis dispostos a cambiar.
P: Son as intuicións unha fonte de coñecemento válida?
R: Temos unha longa experiencia no coñecemento inconsciente e nas decisións intuitivas. O pensamento racional é en realidade moi recente. A nosa evolución transcorreu usando a intuición.
P: É tan válida como a razón?
R: Si, ata estamos descubrindo que ás veces é mellor ter pouca información.
P: Di no libro que é máis importante desaprender que aprender, pero como?
R: Para desaprender é preciso modificar a contorna. Por exemplo, se tes un desamor, para desaprenderlo, deberías cambialo por outro amor da mesma intensidade. E para facer isto, atopar outro amor, has de modificar, moverte noutra contorna.
P: É no amor no que máis nos parecemos aos animais?
R: En materia de sentimentos somos como os demais seres, aínda que unha diferenza é que somos capaces de mesturar emocións, por exemplo, o amor e o odio. Isto é algo que a miña cadela non pode facer..., pero é do pouco que nos diferencia.

“Por que somos como somos?”. É unha pregunta que seguramente nos comezos do século XXI exponse de xeito totalmente distinto a como se fixese en épocas anteriores. Por primeira vez na historia o coñecemento científico comeza a formar parte dos intereses e da sociedade en xeral. E é que hai poucas aventuras tan apaixonantes como as que nos ofrece no noso tempo a investigación científica de primeiro nivel, aquela que busca explicación a interrogantes que ata hai pouco parecían territorio exclusivo de filósofos, teólogos ou místicos. Cales son os mecanismos que van desde un xene, desde un cromosoma, desde unha molécula.. ata o ladrido dun can, ata o sentimento do amor, ata o feito de recordar algo con tenrura? a neurociencia, a nosa principal aliada na procura destas respostas, ensínanos pautas fundamentais para comprender a invidualidade da conduta humana mediando o estudo do cerebro e do sistema nervioso. A través dalgúns dos seus especialistas máis destacados vemos como a sofisticación da linguaxe, a memoria e a aprendizaxe diferéncianos das outras especies animais, e atisbamos novas perspectivas sobre a sexualidade e a reproducción; algunhas delas, inquietantes sobre asuntos menos susceptibles de ser analizados nun laboratorio, como a beleza, o diñeiro ou o comportamento social, compartimos ideas con atropólogos, economistas e psicólogos. Todo isto é o que podemos atopar en "Por que somos como somos?".
Publicado por Ester Cano González para o Club de Lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense "Ai, Ptolomeo, tolo meu".